Xornada Laboral, Salarios e Dereitos en España

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,09 KB

Xornada Laboral: Concepto, Límites e Clases

Concepto e Límites da Xornada Laboral

É o tempo que o traballador está á disposición da empresa cada día, mes ou ano.

  • Límites de xornada:
    • Máximo de 9 horas diarias para maiores de 18 anos.
    • Máximo de 8 horas diarias para menores de 18 anos.
    • 40 horas de xornada semanal.
  • Descansos:
    • 12 horas de descanso mínimo entre dúas xornadas (excepto xornadas especiais, como a pesca, con 6 horas).
    • 1 día e medio de descanso semanal para maiores de 18 anos. Pode acumularse en períodos de 14 días.
    • 2 días de descanso semanal para menores de 18 anos.

Redución de Xornada

  • Por lactancia dun menor de 9 meses: 1 hora de ausencia diaria, ou reducir a xornada en media hora á entrada ou á saída. Pode desfrutalo o pai se ambos traballan.
  • Por razón de garda legal: menor de 6 anos ou persoa con discapacidade.
  • Coidado directo dun familiar ata o 2º grao: Permítese a redución da xornada de traballo entre un terzo e a metade desta, con diminución de salario.

Clases de Xornada

  • Partida: A xornada diaria está dividida por un período de descanso dun mínimo dunha hora para comer.
  • Continuada: A xornada diaria é sen interrupción. Descanso mínimo de 15 minutos cando supere as 6 horas continuadas para maiores de 18 anos. 30 minutos para menores de 18 anos se supera as 4 horas e media.
  • Por quendas: Nas empresas con períodos continuos realízase o traballo por quendas. No caso de rotar, non pode haber máis de 2 quendas nocturnas, salvo por adscrición voluntaria.

Horas Extraordinarias

Son as que se realizan por riba da xornada máxima ordinaria.

  • Normais: Son voluntarias, salvo pacto individual ou en convenio colectivo. Máximo de 80 horas anuais.
  • Prohibicións: Están prohibidas para os menores de idade, así como tamén as actividades nocturnas.
  • Para reparar sinistros: Son obrigatorias e non se terán en conta para fixar o límite máximo de 80 horas anuais.

Deben ser aboadas ou compensadas por períodos de descanso, que se deben gozar nos 4 meses seguintes.

Vacacións, Licenzas, Permisos e Festas Laborais

Os traballadores teñen dereito a un mínimo de 30 días de vacacións anuais, que non poden ser compensadas economicamente. No caso de traballos eventuais, contratos temporais ou extincións de contrato, si poden ser aboadas xunto coa liquidación.

Permisos Retribuídos

Previo aviso e xustificación, os traballadores teñen dereito aos seguintes permisos retribuídos:

  • 15 días por matrimonio.
  • 2 días por nacemento de fillos ou por falecemento, enfermidade grave ou hospitalización dun parente ata o segundo grao de afinidade ou consanguinidade.
  • 4 días cando se teña que facer un desprazamento fóra da provincia.
  • 1 día por traslado de domicilio habitual.
  • O tempo necesario para cumprir cun deber inescusable.

Festas Laborais

Festas establecidas no calendario laboral anual, que non hai que recuperar. Fíxanse 12 por Comunidade Autónoma.

Concepto, Estrutura e Clases de Salario

Concepto de Salario

Está composto pola totalidade das percepcións económicas percibidas polos traballadores, tanto en diñeiro como en especie. As empresas teñen que pagarlles unha vez ao mes como mínimo, e facerlles entrega dun documento chamado folla de salario ou nómina.

Estrutura do Salario

Está formada polo salario base ou salario de convenio, e os complementos salariais. Estes complementos teñen relación ben coas condicións persoais, ben co posto de traballo, ou ben coa calidade ou cantidade de traballo.

Clases de Salario

Podemos clasificalo de diversas formas:

  • Tendo en conta o medio de pago empregado: en metálico ou en especie.
  • Tendo en conta a forma de calculalo: por tempo, por obra, a parte, ou mixto.

Pagas Extraordinarias

Ademais do soldo mensual, os traballadores teñen dereito, polo menos, a 2 pagas extras anuais. Algúns convenios colectivos recollen un número máis elevado de pagas extras. O importe das pagas extras acórdase nos convenios colectivos, pero normalmente equivalen a unha mensualidade de salario base máis antigüidade.

Salario Mínimo Interprofesional (SMI)

Utilízase para:

  • Establecer os límites das prestacións por desemprego.
  • Establecer as bases mínimas de cotización á Seguridade Social.
  • Algunhas prestacións da Seguridade Social.
  • Dereito á xustiza gratuíta.
  • Dereito a axudas para vivendas de protección oficial.

Garantías do Salario

Para que os traballadores poidan facer fronte ás súas primeiras necesidades, a lei protexe que poidan percibir o seu salario.

Tipos de Garantías

  • Inembargabilidade do Salario Mínimo Interprofesional: É inembargable. Incluso cando se supera, só pode ser embargada unha parte. Como excepción, se se trata de pensións por alimentos para os cónxuxes ou fillos, non ten límites para o embargo do salario.
  • Prioridades dos Créditos Salariais:
    1. Sobre o salario correspondente aos últimos 30 días traballados, en contía que non supere o dobre do SMI, teñen preferencia os traballadores antes que calquera outro crédito.
    2. Os traballadores teñen preferencia sobre calquera outro acredor do empresario, coa venda dos obxectos elaborados polos propios traballadores, mentres estean en posesión do empresario.
    3. Os salarios debidos non protexidos anteriormente, nunha contía que non supere o triplo do SMI polo número de días adebedados, teñen preferencia sobre outros acredores da empresa, salvo os hipotecarios.

Entradas relacionadas: