Xenoma Humano, Biotecnoloxía e Enxeñaría Xenética
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Religión
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,82 KB
1. Xenoma Humano
Conxunto de todos os xenes que posúe a nosa especie (temos 23 pares de cromosomas). Este proxecto serve para localizar secuencias e estudar a función de todos os xenes. Os descubridores foron Watson e Crick. En febreiro de 2001 foi presentada a primeira versión e no 2003 deuse por estipulado.
1.1. Aportacións do Proxecto Xenoma Humano
Considérase que temos 3500 xenes. O 25% do xenoma case non ten información e non están espallados polos cromosomas. Tan só un 5% contén información para sintetizar proteínas. Unha gran parte do noso ADN procede de virus e bacterias. A diferencia entre dúas persoas é dun 0.01%. O remate do PXH é o comezo dunha nova era da medicina e na saúde. Un dos maiores conflitos do descubrimento da secuencia do xenoma é o de patentar os xenes humanos.
2. Molécula de ADN
É a molécula de todo ser vivo que ten capacidade de facer unha copia de si mesma. Constituída por unha dobre hélice. As partes externas son moléculas de fosfórico + azucre, a desoxirribosa, que se repite milleiros de veces, son uns nucleótidos (1 fosfórico + 1 desoxirribosa). Dentro da hélice atópanse as bases nitroxenadas (adenina, guanina, citosina, timina) que se encontran enfrontadas: A-T / C-G. A secuencia que se presenta en cada ser vivo é única e constitúe o seu xenoma. Cada 3 letras chamámolo GEN: código para que 1 ou máis proteínas se expresen.
Replicación
O ADN ábrese de xeito que cada unha das febras serve para sintetizar unha cadea complementaria. Ao final do proceso haberá 2 moléculas.
Transcrición e Tradución
Proceso para sintetizar proteínas. Durante a transcrición, un fragmento das febras de ADN actúa como molde para fabricar ARNm que sae do núcleo para ir ao citoplasma, alí sitúase encima dos ribosomas que dan soporte para que non se mova. Cada letra do código ten unha tradución á linguaxe das proteínas. O ARNt vai polo citoplasma buscando aminoácidos que se corresponden con cada letra para poñelos no seu sitio, no ARNm. Unha vez colocados prodúcese a unión entre os aminoácidos e o ARNm desaparece. Queda unha proteína no citoplasma.
ADN --Replicación-- ARNm/ARNt --Tradución/Transcrición-- Proteínas.
Biotecnoloxía
Conxunto de técnicas para manipular o ADN humano. Utilízase para: cruces entre plantas para obter variedades e melloras, para fermentar o leite, obter diferentes produtos, controlar insectos mediante microorganismos. No século XX foron empregados para obter vacinas, antibióticos.... Máis destacada:
Tecnoloxía do ADN Recombinante
Técnicas que permiten cortar, illar, pegar, reproducir e secuenciar fragmentos de ADN de calquera organismo. Neste proceso é necesario o uso de encimas de restrición e as ligases que unen distintos fragmentos.
Actuacións dos Encimas nun Proceso de Recombinación
A Electroforese en Xel de Agarosa
Serve para ter a pegada xenética dun individuo. As copias de ADN fanse avanzar por un xel de agarosa de xeito que deixe unha pegada diferente. Emprégase para investigar un delito, ou dúbidas de paternidade.
A Hibridación Mediante Sondas de ADN
Técnica que permite identificar fragmentos de ADN complementarios, parcialmente, que se poñen nunha solución marcada con radioactividade máis mostras de ADN a investigar.
Clonación do ADN
Utilízase para facer milleiros de copias. Introdúcese o fragmento que queremos clonar nun organismo que se divida moi rapidamente para obter moitas copias.
Amplificación do ADN
Úsase cando temos moitas fontes de ADN e precisamos unha copia. Utilízase por exemplo para investigar sangue e seme da escena do crime.
Técnicas de Enxeñaría Xenética
Mediante a enxeñaría xenética podemos transferir xenes entre especies distintas. Algunhas aplicacións son a obtención de OXM (organismos xeneticamente modificados). Os OXM, tamén chamados transxénicos, son organismos que conteñen un xene procedente de outro organismo ou transxene. Córtase un fragmento cunha encima de restrición e lígase noutro ADN. Utilízase para obter:
- Microorganismos Xeneticamente Modificados: Mellorar o medio ambiente, produtos industriais farmacéuticos ou medios.
- Animais Transxénicos: Aumentar a resistencia a enfermidades, deseñar animais, fabricar órganos de animais para transplantes, crear granxas farmacéuticas.
- Plantas Transxénicas: Mediante a técnica obtemos plantas con resistencia a herbicidas ou pragas, resistir a xeadas, secas ou exceso de salinidade, atrasar a maduración, mellorar o seu valor nutritivo, reducir sustancias de valor farmacéutico.
- Terapia Xenética: Somática ou xerminal.