Vivenda vocabulario

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,57 KB

Formas de organización territorial


A administracion do estado esixe a súa subdivisión nun número variable de unidades, co fin de organizar o funcionamento do territorio e a súa poboación, controlar os servizos públicos e os recursos existentes, ou planificar os procesos electorais. Tódolos países contan cunha estrutura territorial do Estado en que se superpoñen unidades de diferente rango ou importancia.

Evolución histórica

España é un Estado cunha ampla descentralización política que se subdivide en 17 CC.AA. E dúas cidades autónomas, xunto a 50 provincias e 8.111 municipios. A actual organización territorial é froito dun longo proceso histórico.P. Séc XVI había estados-nación e fronteiras bastante estables. No séc XIX había división provincial. De 1978-1983 xa apareceron as CC.AA, cada unha cun Estatuto de Autonomía coas normas básicas de fincionamento cun Parlamento, Consello do Goberno e Presidencial, Tribunal de Xustiza e a Delegación do Goberno que a maioría están na capital.As Provincias son entidades políticas intermedias que xurdiron en 1833. Ten unha administración máis eficaz. Con deputacións provinciais (Canarias ten Cabildo Insular e Baleares Consell Insular).Os Municipios son unha entidade política base, gobernadas por un consello elixido democráticamente que xestiona diversos servizos públicos e promove o desenvolvemento local. As Mancomunidades prestan servizos a varios municipios.

Desequilibrios territoriais

Aunque o Estado das autonomías se basea na igualdade territorial e na solidaridade, existen desequilibrios entre as rexións que afectan á súa competitividade económica, o benestar da súa poboación e a calidade do seu medio ambiente. Factores internos: tipo de políticas aplicadas, diferente dotación de recursos, tipo de actividades nas que se especializan a cualificación dos seus RR. HH. Factores externos: tipo de relacións con outras rexións, rexións centrais e periféricas.Desenvolvemento económico ->capacidade de produción, ingresos e nivel de consumo da súa poboación, creación emprego, investimento de capital en infraestruturas ou en servizos.Na época preindustrial había rexións máis prósperas con mellores condicións para o desenvolvemento agrario.Na era industrial as rexións máis prósperas eran as rexións litorais (Cataluña, P. Vasco e Madrid)Nos últimos anos as rexións metropolitanas e áreas turísticas con maior crecemento.O benestar das rexións depende do crecemento económico e da distritución dos seus beneficios entre os diferentes grupos de poboación e territorios. A estrutura social e as políticas sociais son factores que inflúen sobre a desigual satisfacción das necesidades básicas en saúde, educación, emprego ou vivenda. As desigualdades sociais entre as rexións son menos acusadas cas económicas, pero a miúdo persisten importantes diferenzas entre os grupos sociais dunha mesma rexión.

Políticas rexionais

A persistencia de importantes desequilibrios territoriais fixo necesaria a implantación de políticas de desenvolvemento rexional para intentar atenualas. En España a política rexional iniciouse na década de 1960, cos Plans de Desenvolvemento (1964-1975). Estes baseáronse no fomento da industria en certad áreas atrasadas para que actuase como motor do desenvolvemento do contorno. Os seus escasos resultados cuestionaron a eficacia das actuacións centralizadas, tras un período de letargo deron lugar a unha nova política rexional. A política estatal para correxir os desequilibrios entre as rexións debe seguir as directricres marcada pola política rexional da UE, e a política para paliar os desequilibrios dentro dunha mesma rexión e fomentar o seu desenvolvemento correspóndelles aos gobernos autonómicos. Para conseguir estes obxectivos realizáronse importantes investimentos en infraestruturas, así como no fomento da innovación tecnoloxica e a creacion de empregos, tanto no sector da industria como no sector servizos. A maioría dos recursos proceden do FEDER, FEOGA e FSE. Dende hai case dúas décadas, a repartición dos fondos para o desenolvemento basésse nunha clasificación das rexións segundo a súa situación socioeconómica: -As Rexións Obxectivo 1 corresponde a aquelas por debaixo do 75% do PIB/habitante na UE, e a elas destinase a maior parte dos recursos.-As Rexións Obxectivo 2 corresponden a aquelas con problemas específicos, relativos á súa industria, o seu escaso desenvolvemento rural ou urbano, ou a pesca.

Entradas relacionadas: