Turismo en España: Unha Análise Completa

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,15 KB

O turismo é o conxunto de actividades desenvolvidas polas persoas nas viaxes e estancias fóra do seu contorno habitual por motivos de lecer, negocios ou outros sen remuneración, e durante un período de tempo inferior a un ano.

Cando os viaxeiros efectúan unha estancia inferior a 24 horas falamos de excursionistas, e se superan as 24 horas estamos a falar de turistas propiamente ditos.

Recursos Turísticos de España

Desde 1960, España tivo un gran desenvolvemento turístico e actualmente é a segunda potencia turística do mundo. Isto débese a:

  • Recursos naturais: Comprenden unha gran variedade de relevos e formacións xeolóxicas.
  • Recursos culturais: Inclúen sitios arqueolóxicos, monumentos, feiras.

Evolución do Turismo e os seus Factores

O modelo turístico caracterízase por unha oferta turística abundante e barata, dirixida a unha demanda homoxénea e masiva, de poder adquisitivo medio e moi concentrada temporalmente no verán e espacialmente nas zonas de praia e sol.

Factores Externos

  • O desenvolvemento económico de Europa occidental e setentrional tras a Segunda Guerra Mundial.
  • O progreso do transporte facilitou o traslado: abarateuse o avión, melloraron as infraestruturas e a xeneralización do uso do automóbil.

Factores Internos

  • A proximidade xeográfica de España á clientela europea.
  • Os excelentes recursos naturais, especialmente os de "sol e praia".
  • Os recursos culturais: monumentos, folclore, gastronomía.
  • O baixo custo debido á depreciación da peseta en 1959.
  • A existencia de infraestruturas e servizos axeitados á demanda (complexos hostaleiros, servizos de restauración).
  • A política estatal normalizou as relacións internacionais, construíu infraestruturas e levou a cabo unha propaganda de España como destino turístico.

Principais Problemas do Turismo Tradicional

  • Problemas da oferta turística española: Os prezos encarecéronse debido á inflación e ao aumento dos salarios.
  • A aparición de novos destinos turísticos competidores en áreas próximas e afastadas.

A Reconversión cara a un Novo Modelo Turístico

O novo modelo turístico caracterízase por unha oferta turística de calidade.

Factores

  • A calidade da oferta para compensar a diminución numérica dos turistas co incremento do gasto.
  • A diversificación da oferta para ofrecer outras modalidades turísticas.
  • A promoción do turismo para crear unha imaxe de España como destino de calidade turística.
  • A sostibilidade ambiental entre desenvolvemento turístico e conservación ambiental.

Características do Turismo Español

A oferta turística é o conxunto de servizos postos á disposición do turista. Entre estes destacan:

  • Os vendedores do produto son as institucións que fan promoción do turismo.
  • As instalacións turísticas cobren as necesidades de aloxamento, manutención e recreo do turista.
  • A oferta de aloxamento é moi ampla e existen máis de dez millóns de prazas en establecementos extrahoteleiros.
  • A oferta de manutención.
  • A oferta de recreo.

A demanda turística é o colectivo que solicita os servizos turísticos:

  • Demanda estranxeira: Procede na súa maioría de Europa occidental e do norte. O turismo estranxeiro é predominantemente estival nas zonas de "sol e praia".
  • Demanda nacional: Repártese mellor ao longo do ano e son viaxes sen reserva.
  • A excesiva estacionalidade da demanda é un dos principais problemas do turismo español.

Tipos de Turismo

Os tipos de turismo seguen encabezados polo de sol e praia:

  • Turismo de bordo de auga: Ten como modalidade maioritaria o turismo costeiro de sol e praia, aínda que existen outras ligadas a ríos, lagos e encoros ou mesmo o turismo termal.
  • Turismo de montaña: Turismo de neve ligado ao deporte do esquí.
  • Turismo ecolóxico: Céntrase na visita a espazos naturais protexidos.
  • Turismo rural: Inclúe o aloxamento e a estancia no mundo rural.
  • Turismo urbano: É principalmente un turismo cultural dirixido ás cidades con patrimonio histórico, ademais está o turismo urbano de negocios en torno a feiras, congresos, etc.

Áreas Turísticas

As áreas turísticas son espazos amplos que contan cunha elevada densidade de turistas, estranxeiros ou nacionais. Os puntos turísticos son focos turísticos illados, ligados a atractivos concretos. De acordo con isto, estes espazos poden ser de tempada, se a súa estacionalidade é superior á media, ou especialmente turísticos, por contar con estancias prolongadas.

Áreas Turísticas de Alta Densidade

  • Áreas turísticas de sol e praia: Son as Illas Baleares e Canarias e a costa mediterránea peninsular.
    • A accesibilidade favoreceu o temperán desenvolvemento turístico das zonas máis accesibles á clientela.
    • O modelo de ocupación do espazo diferencia as zonas de aloxamentos e as instalacións turísticas se integran nos núcleos de poboación.
    • Os tipos de aloxamento distinguen zonas con predominio de establecementos hoteleiros ou extrahoteleiros.
  • Madrid: Apenas presenta estacionalidade turística e alberga unha importante oferta hoteleira por ser a capital administrativa e financeira da nación.

Áreas Turísticas de Media e Baixa Densidade e Puntos Turísticos

Están relacionados coa difusión do turismo de sol e praia cara aos espazos litorais.

  • Certos tramos do litoral e prelitoral mediterráneo e suratlántico incorporáronse ao turismo de sol e praia.
  • O litoral galego e cantábrico ofrece áreas costeiras e interiores non masificadas.
  • Os puntos turísticos máis destacados son as estacións de esquí e os centros de turismo rural e as cidades históricas.

Entradas relacionadas: