Os trazos da poboacion : os dous tipos de movementos de poboacion,
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 14,29 KB
Denominamos Actividades económicas ao conxunto de accións realizadas polos Seres humanos para satisfacer as súas necesidades, mediante a Produción e o intercambio de bens e servizos.
As Actividades económicas proporcionan traballo as persoas. Mediante o traballo, as persoas conseguen:
-
O diñeiro.
-
O desenvolvemento das capacidades persoais e profesionais.
- Sentirse útiles Para a sociedade.
Clasificación Das actividades económicas:
- Produción: permiten a elaboración e fabricación dos bens e a Provisión de servizos.
- Distribución: os produtos distribúense a través da Comercialización, que consiste na venda dos bens e os servizos no Mercado.
- O consumo: o consumo Masivo orixinou o consumismo e Denominada sociedade de consumo.
Sectores De produción:
Hai 3 sectores de produción:
- O sector primario.
- O sector secundario.
- O sector terciario.
O Sector primario en Europa:
E A extracción directa de bens da natureza, sen transformacións. Ex: Agricultura, gandaría, a silvicultura e a pesca.
AGRICULTURA: Son os cultivos mais abundantes: cereais, pataca e remolacha. Cultívanse principalmente en Europa Central e Rusia. Na zona Mediterránea os principais cultivos son os cereais, a vide e a Oliveira.
GANDARÍA: E intensiva no norte e no centro de Europa, con grandes explotacións De gandos bovino, ovino e porcino. Nos países mediterráneos predomina a gandaría extensiva e críanse gando ovino e Bovino.
PESCA:
E un sector moi importante para os países como Rusia, Noruega,
Islasnda, Dinamarca, España e Reino Unido. Estes dispoñen dunha
Importante flota pesqueira industrial.
SILVICULTURA: A explotación forestal localizase, sobre todo, nos países do norte. A madeira das árbores utilizase para a fabricación de mobles e de Papel.
Sector Primario en España:
No Noso país a produción agrícola aumentou grazas a 2 causas:
- As novas tecnoloxías.
- A fabricación.
Segundo As condicións climáticas o relevo do noso país a agricultura pode Ser:
- Cultivos de secaño: trigo, vide, oliveira, cebada, xirasol.
- Cultivos de regadío: froitas, hortalizas, millo e patacas.
No Sur da península, sobre todo en Almería, desenvolveuse unha Agricultura intensiva de invernadoiro.
GANDARÍA: Destaca a cría dos gandos bovino (ovellas), ovino (vacas e toros) e Porcino (porcos). Animais de granxas: galiñas, pitos e coellos. No Sur do país críanse cabalos e cabras.
PESCA: España e uns dos primeiros produtores e consumidores. Practicamos 2 Tipos de pesca:
- Pesca de baixura ou artesanal: realizase as augas próximas ao Litoral e abastece de peixe fresco.
- Pesca de altura: realízase nas grandes zonas pesqueiras do mundo en Grandes barcos equipados para conxelar as capturas.
SILVICULTURA: A cortiza é o principal recurso forestal de España, tamén abundan Os eucaliptos.
Sector Secundario en Europa e en España:
A U.E. é unha das primeiras potencias industriais do mundo, xunto cos Estados Unidos e Xapón. Os países máis industrializados da U.E. Son:
- Alemaña
- Francia
- Reino Unido?
- Italia
- España
- Países Baixos.
Este Sector inclúe: a industria, a enerxía, a construción e a minaría.
INDUSTRIA: Debemos distinguir entre a industria de base (bens de equipo) e a Industria de consumo.
ENERXÍA: As principais fontes enerxéticas son o petróleo, o gas natural, a Enerxía nuclear e a enerxía hidroeléctrica.
- O petróleo e o gas natural europeo procede de Rusia.
- A enerxía nuclear e importante en Francia, Reino Unido e Alemaña.
- As instalacións hidroeléctricas máis importantes están en Noruega, Suecia, Francia, Italia, España.
MINARÍA: A maior parte dos xacementos europeos están esgotados e xa non se Explotan. Só quedan minas importantes en Rusia.
CONSTRUCIÓN: Este sector abarca a construción de infraestruturas de instalacións Industriais e de vivendas.
- A construción de infraestruturas e importante nos países do leste.
- As instalacións industriais e importante nos países de Europa Central.
- A de vivendas medra aos poucos nos países mediterráneos.
O Sector secundario en España
INDUSTRIA: A industria do automóbil, que se localiza en Castela- León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Aragón e Galicia. A industria Farmacéutica, concentrase en Cataluña, Madrid e no País Vasco. A Industria petroquímica, nas que destacan as nove refinarías do Petróleo. A industria agroalimentaria, diseminada por case todo o Territorio español.
FONTES DE ENERXÍA: as fontes de enerxía renovables son a enerxía eólica, A solar e a hidráulica. España e un dos países co máis produción Deste tipo. As non renovables son o carbón, o petróleo, o gas Natural e o uranio. En España hai poucos xacementos.
MINARÍA: Aínda Hai explotacións de rochas industriais como o mármore, o granito, a Lousa e o xeso.
CONSTRUCIÓN: Destribuense por todo o territorio español. Algunhas empresas Españolas traballan en proxectos de obra civil en países como Arabia Saudita, Panamá...
O Sector terciario en Europa e en Esapaña:
COMERCIO:
O
Comercio internacional medrou moito representa a quinta parte das
Importacións e exportación mundiais.
TRANSPORTES: O transporte por estrada e o máis importante. Europa conta cunha Rede cunha gran rede de autoestradas e autovía. O transporte Marítimo, a Unión Europea dispón de portos moi activos, como Roterdán, Marsella ou Barcelona. O transporte aéreo e os aeroportos Atópanse entre os mellores do mundo.
TURISMO: Os Estados membros son un gran Foco emisor e receptor de turistas a Escala internacional, grazas ao elevado nivel de vida dos cidadán Europeos e a oferta turística de numerosos países.
SERVIZOS PÚBLICOS: os máis importantes son a sanidade e a educación. Están Garantizados polos diferentes Estados e xestionados directamente por Eles ou a través de empresas privadas. Son elementos clave da Chamada sociedade do benestar.
O Sector terciario en España:
SERVIZOS: Hai 2 tipos de servizos:
- Servizos públicos: sanidade, educación e xustiza.
- Servizos financeiro: aumentaron a súa presenza no mundo, Sobre todo en América Latina.
COMERCIO: Hai 2 tipos de comercio:
- Comercio interior: está formado polo pequeno comercio en competencia Coas grandes superficies, aínda que e máis frecuente o comercio Electrónico.
- Comercio exterior: é froito da relacións comerciais de España co Exterior , principalmente cos países da U.E.
TURISMO: As principais zonas turísticas son Baleares, Canarias e o litoral Mediterráneo. O turismo é a actividade económica máis importante Da economía española porque da traballo a gran cantidade da Poboación activa.
TRANSPORTES
E COMUNICACIÓNS: o transporte terrestre e o máis importante e
Caracterízase por unha disposición radical das vías de
Comunicación. Nos últimos anos, o uso do tren de alta velocidade
Experimentou unha grande auxe grazas ao desenvolvemento tecnolóxico
Español. Nos últimos tempos producíronse importantes
Transformacións no sector audiovisual e telecomunicacións.
A POBOACIÓN:
DENSIDADE: Relación entre a poboación dun territorio e o espazo que ocupa.
Fórmula:
Densidade De Número de habitantes
poboación = Superficie (km2)
EVOLUCIÓN E TRANSFORMACIÓN:
1. Movementos migratorios: desprazamentos humanos dun lugar a outro que Levan un cambio de residencia
Segundo O sentido dos desprazamentos:
- Emigración: saída de poboación dun lugar para dirixirse a outras Zonas.
- Inmigración: entrada de poboación nun lugar determinado procedente Doutras zonas de residencia.
As Migracións clasifícanse en:
- Migracións interiores: movementos de poboación dun países a outro.
- Migracións exteriores: movementos de poboación de un país a outro.
O Saldo migratorio é a diferenza entre o número de inmigrantes e Emigrantes dun territorio, correspondente a un ano.
Fórmula:
Taxa De saldo Inmigrantes – emigrantes x 1000
migratorio = Poboación total
2. Natalidade: nacementos nun territorio nun período de tempo concreto (un ano habitualmente)
Fórmula:
Taxa De Nacidos nun ano x 1000
natalidade = poboación total
3. Mortalidade: falecemento nun territorio nun período de tempo Concreto (habitualmente un ano)
Fórmula:
Taxa De falecidos nun ano x 1000
mortalidade = poboación total
Crecemento Natural = natalidades – mortalidade
Crecemento Real = crecemento natural + saldo migratorio