Tarefas escolares: dimensións, funcións e estilos docentes

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Electricidad y Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,1 KB

O INVISIBLE. AS TAREFAS ESCOLARES

As tarefas escolares son tódolos tipos de actividades que teñen lugar tanto dentro como fora da aula, poden presentar secuencias moi variadas, se se repite unha secuencia podemos describir o estilo docente do profesional.

  • Tarefas do profesorado: as 3 tarefas básicas son: Planificación, Execución e Evaluación. Dentro das cales tamen están: expoñer, preguntar, debatir, moderar, propoñer, decidir, narrar, dictar, motivar, observar, correxir…

  • Tarefas do alumnado: decidir, planificar, expresar, recibir información, inventar, estudiar para memorizar…

  • Dimensións ou aspectos das tarefas escolares: son os elementos en común das estratexias de ensino-aprendizaxe:

    1. Secuencia: o orde en que se realizan as tarefas

    2. Interacción (sistema social): relacións alumno-alumno ou alumno-profesor

    3. Contidos: elemento da dimensión curricular que se refire a amplitude, profundidade e modo de organizalos.

    4. Recursos didácticos: elemento da dimensión curricular, son os medios a través dos que se presentan os contidos.

    5. Distribución do espazo e do tempo: aspecto fundamental para a organización das actividades, tamén inclúe a ubicación de escolares e ensinantes.

    6. Control ou poder de decisión: quen decide o que se vai facer, o lugar e materiais necesarios.

    7. Acción instructiva: a maneira de realizar a instrucción

    8. Comportamento dos alumnos

    9. Ritmo: é a marcha nos procesos de aprendizaxe

    10. Duración

    11. Ambigüedade: a claridade coa que se anuncia unha actividade

Funcións das tarefas escolares:

- Estilo docente: podemos distinguir entre dous tipos de estilos: (Gimeno)

  • Indirecto: pouca dirección por parte do profesor, motivando os alumnos para que sexan eles os que actúen e aceptando as ideas que propoñen axudando a desenvolvelas.

  • Directo: exposición do profesorado que da ordes para que e cumplan, concedendo pouca autonomía ós alumnos e recurrindo a autoridade para impoñer.

Pero a análise do estilo docente non se pode reducir as interaccións verbais nas aulas, polo que Bennet diferencia entre dous estilos:

Progresista

Tradicional

Materias integradas

Docente como guía

Papel activo do alumno

Alumnos participan no curriculum

Motivación instrínseca

Sen estándares académicos

Poucos exames

Traballo en equipo

O ensino non se limita a clase

Creatividade

Técnicas de descubrimento

Materias independentes

Docente distribuidor do coñecemento

Papel pasivo dos alumnos

Alumnos non participan no curriculum

Memoria, práctica e repetición

Emprego de premios

Importan estándares académicos

Exámenes regulares

Estimulación persoal

Ensino limitado a clase

Pouca creatividade

Estilo docente sistemático:

1) Revisión diaria das tarefas

2) Presentación dos novos materiais e contidos

3) Práctica guiada do estudante

4) Retroalimentación e correción do ensino en caso necesario

5) Práctica independiente por parte dos estudantes

6) Revisión semanais e mensuais.

Críticas: válido só para nenos dos primeiros niveis, e non é válido en resolución de problemas, creatividade, independencia e curiosidade intelectual

- Socialización:

Do profesorado: dase por varias razóns, os profesores foron alumnos, realizaron prácticas e moitos deron clases particulares, e agora son profesionais polo que teñen que aprender a comportarse dependendo do rol que teñan que desempeñar. A través destas esperiencias vanse socializando dunha determinada maneira de realizar o seu traballo profesional.

O profesor está sometido a esixencias como o curriculum oficial, a inspección, as familiar, os alumnos, a afectividade.. que condicionan a sua socialización.

A hora de innovar a aula o docente encóntrase ca “Fagocitose da innovación” esto é que cando ten un comportamento pedagóxico diferente, os seus compañeiros poden poñer en dúbida este procedimento e incluso rexeitalo, polo que o docente debe defendelo o mesmo tempo que non debe pensar que o seu método é o mellor, esta situación pode provocar enfrentamentos cos compañeiros polo que o innovador chega a amoldarse ou dar marcha atrás.

A socialización trátase dunha relación dialéctica entre a aceptación das normas impostas pola institución e a resistencia e rechazo a esas mesmas normas.

Outra cousa a ter en conta é a autonomía do profesorado, se ben é certo que poden facer adaptacións curriculares hai que recoñecer que existen uns mínimos os que se deben ceñir e ademáis esta autonomía está condicionada social e burocráticamente debido as limitacións polas interpretacións das editoriais dos libros de texto, polos análises que fixeron outro compañeiros destes mesmos libros e pola súa propia interpretación.

Do alumnado: o proceso de socialización non é sociabilidade. Ainda que non haxa interacción os nenos socializanse igual, adquirindo gradualmente as normas de conducta dun entorno concreto, para respostar as esixencias e demandas escolares. A socialización é entender cal é a conducta que se espera do alumno. Os problemas de adaptación que se poden dar cando o neno cambia de colexio, ou profesor poden ser debidos a dificultade de socializarse nun novo ambiente, polo que necesitará un periodo de adaptación. Esto tamen ocorre ainda que o profesor sexa o mesmo cando cambiamos de materia posto que o comporamento do neno debe variar atendendo as propias actividades de cada área.

- Procesos cognitivos:

Dende a perspectiva da psicoloxía cognitiva que entende os alumnos como procesadores de información pode entenderse que o importante son as estratexias que os alumnos utilizan para dar sentido a realidade e procesar a información, e estas estratexias dependeras das diferentes tarefas que se lles plateen o alumno, polo que éstas convírtense en medidadoras dos procesos de aprendizaxe.

Dende a perspectiva progresista afirmase que os contidos culturais non teñen valor, que o importante será o desenvolvemento dos procesos.

As relacións entre contidos e tarefas parecen depender de que en cada área cultural se utilizan procesos cognitivos diferentes, e as peculiaridades de cada área requiren tratamentos didácticos diferentes.

- O goberno na aula:O profesorado debe conseguir que o alumno se implique no traballo e que adquira os contidos dentro da aula. Pero polas características das aulas é dificil que o profesorado poda atender a tódalas necesidades. Cando ós alumnos se lles explica anteriormente a actividade, son capaces de realizala de maneira autónoma sin apenas disturbios (salvo cando en tarefas iguais, algún termine antes que outro debido o distinto ritmo de traballo). Sen embargo se non explicamos as tarefas previamente producese un desorde automático e na maioria dos casos o profesor ten que recurrir a accións autoritarias e represivas para volver á orde.

Deste xeito, vemos que a disciplina na aula non é algo previo senon que xurde da ordenación do traballo, e tamen depende do tipo de tarefas, algunas necesitan máis organización que outras.

  • Tarefas pechadas: cando se lle indica o alumno exactamente o que debe facer

  • Tarefas abertas: que esixen comprensión e maior intervención por parte do profesor

Polo que o profesor entra en contradicción posto que as actividades máis completas son as máis incontrolables.

- Profesionalidade e perfeccionamento do profesorado:A profesionalidade dos docentes maniféstase no deseño e realización das tarefas escolares a través das que se desenvolve o curiculum. Estas tarefas son: Planificación (actividade preactiva), Desenvolvimento (actividade interactiva) e Avaliación (actividade posactiva).

A planificación do ensino é función básica do docente, que é a súa vez proceso e produto, xa que cando o profesorado planifica a sua docencia utiliza algúns tipos de esquemas e o mesmo tempo existe relación bidireccional entre as tarefas que se planifican e as que se realizan.

Según Gimeno son 5 os aspectos básicos a ter en conta no deseño da práctica:

  1. Ter en conta os aspectos do curriculum que se pensan atender

  2. Dispoñibilidade dos recursos a utilizar

  3. Interacción a levar a cabo

  4. Organización do espazo da aula

  5. Procesos educativos que se desenvolven

O profesional do ensino será aquel que cando se demostran incorrecións na práctica modifica o seu deseño.

Entradas relacionadas: