A Situación en España Tras a Guerra Civil: Un Análise Detallada
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,09 KB
A finais dos anos corenta, podemos dicir que o resultado da intervención da Administración foi o bloqueo do crecemento económico, a redución da competitividade e o desaproveitamento do auxe da economía europea.
Na década dos cincuenta producirase unha estabilización económica e na dos sesenta chegará o desenvolvemento.
En canto á política exterior, estivo marcada polo inicio da Segunda Guerra Mundial, poucos meses despois de concluir a Guerra Civil. No inicio (1940-1941), España declarouse neutral, aínda que simpatizaba co Eixo Berlín-Roma, xa que foran Alemaña e Italia quen máis axuda militar lle prestou aos sublevados durante a guerra española. Hitler e Mussolini tentaron presionar a Franco para que entrase na contenda e mantiveron sendas entrevistas con el, con Hitler en Hendaia (Doc.3) e con Mussolini en Bordighera. Pero Franco esixiu importantes compensacións, que a Hitler lle pareceron demasiado elevadas, polo que non entra na guerra. De 1941 a 1943, España pasou de ser país neutral a país non belixerante. Enviáronse tropas españolas a ocupar a cidade de Tanxer e unha división de voluntarios, a División Azul, a combater xunto coas tropas alemanas na ocupación de Rusia. De 1943 a 1945, a guerra vólvese desfavorable para as potencias do Eixe, entón España volve a declararse neutral, diminuíndo a propaganda a favor de Alemaña e retirando a División Azul.
Trala guerra, ante a imposibilidade da victoria alemá, comezaron os peores tempos para o réxime. Os aliados celebran a Conferencia de Postdam, na que se afirma que o franquismo era produto do apoio do Eixe e debía ser derrubado por medios pacíficos. Ademais, en 1946, as Nacións Unidas denunciaron que o goberno de Franco é unha ditadura que non representa ao pobo español (Doc 4) e impide o seu ingreso na ONU, ademais de recomendar “que todos os Estados membros das Nacións Unidas retiren inmediatamente os embaixadores …en Madrid”.
A partir de 1947, mellorarán as relacións internacionais, debido ao apoio ás potencias anticomunistas durante a Guerra Fría, que favorecerá as relacións con Estados Unidos e en 1950, a ONU autoriza aos países membros a reanudar as relacións diplomáticas con España.
SITUACIÓN QUE SE VIVÍU EN ESPAÑA LOGO DA GUERRA CIVIL
(POSGUERRA)
O triunfo do bando sublevado na Guerra Civil permitiu a instauración da ditadura de Franco, quen xa durante o último ano da guerra, levou a cabo un intenso labor lexislativo que anulou a obra republicana e estableceu os fundamentos ideolóxicos que marcarían a súa política interior, así como as institucións para levala a cabo.
Os principios máis destacados que marcaron a ideoloxía (Doc.1) do estado totalitario foron tres:
- Nacional-catolicismo: O Estado declarouse confesional e suprimiu toda a lexislación laica da República. “…paladinaxe dunha fe…”
- Nacional-sindicalismo: A Falanxe proporcionoulle ao franquismo os seus fundamentos: antiliberal (“irresponsabilidade política dos partidos liberais…”), antimarxista (“ameazadas polos principios roxo-comunistas”), e antidemocrático (“…que orienta o pobo sinalándolle o camiño…”), inspirados no fascismo italiano sobre a organización do Estado corporativo, controlado por un partido e un sindicato únicos; así, o único partido autorizado é o “Movemento Nacional” (“…a unidade da nosa Cruzada…”) e un sindicato vertical, sometido ao partido único, que encadraba a patróns e obreiros.
- Nacional-patriotismo: Como aportación da ideoloxía militar aparece a visión unitarista e tradicionalista de España. A defensa da integridade da patria era o obxectivo prioritario do goberno (“Hai que soldar ao pobo….hai que unir medio século de separacións…”); o seu lema era “Unha, Grande e Libre”.
As principais institucións do franquismo foron, por un lado, o propio Franco, que acumula todo o poder, pois correspóndenlle a Xefatura do Estado, a Xefatura do Goberno, a Xefatura dos Exércitos (Xeneralísimo) e a Xefatura do partido (Caudillo); e por outro, unha serie de organismos como o Consello de Ministros, a Secretaría Xeral do Movemento, as Cortes, a Xunta de Defensa Nacional, etc., e unha serie de Leis Fundamentais, que foron elaborando unha vez rematada a guerra, que lle ían dando forma á ideoloxía do réxime e que o sustentaban, xa que non houbo nada semellante a unha Constitución (Lei do Traballo, Foro dos Españois, Lei de sucesión e Lei Orgánica do Estado, etc.).
Finalizada a guerra, producírase un gran descenso da poboación activa, debido aos enfrontamentos (mortos e mutilados) e debido á represión (encarcerados e exiliados). Ademais, a producción agraria e industrial era moi inferior á de 1935, as reservas de ouro e divisas desapareceran e a rede de transportes estaba deteriorada. Iníciase na posguerra a Autarquía, que é un sistema económico segundo o cal unha nación debe ser capaz de abastecerse a si mesma e sobrevivir a todas as súas necesidades cun mínimo de intercambios comerciais co exterior e rexeitando os capitais estranxeiros co obxectivo de lograr a autosuficiencia económica (Doc.2). Para conseguilo, tomáronse unha serie de medidas, polas que a Administración interviña nas actividades tanto de comercio interior (fixando os prezos arbitrariamente) coma do exterior (“…Suprimir importacións que non sexan indispensables.(…)Intensificar as nosas exportacións…”), así como nas industriais, creando o INI. As consecuencias foron negativas, xa que se producirá un encarecemento e un desabastecemento de produtos, que levaron ao racionamento e a un auxe do mercado negro.