Seseo predorsal en Galicia
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 10,28 KB
Xeada:
Constitue xunto co seseo a variante fonética mais importante do galego.
Representase con duas grafias fonéticas /gh/ ou /h/. o sin da gheada e semellante o h aspirado do ingles en palabras como house. A gheada como o seseo son fenómenos caracterizados do bloque linguistico occidental.
Seseo:
No galego hai oposición entre os fonemas fricativo interdental xordo /0/ e o fricativo alveolar xordo /s/. Nas zonas seseantes a oposición entre o fonema interdental /0/ e alveolar /s/ neutralizase nun /S/. Segundo o contexto silábico hai dous tipos de seseo: 1) seseo explosivo:ausencia de /0/ en posición inicial de silaba, 2) seseo implosivo: cando a neutralización de /0/ e /s/ so se da en posición final de silaba. Segundo a sua articulación: 1)seseo apicoalveolar articulase como o /s/ do galego común. 2) seseo predorsodental o predorso da lingua roza os incisivos superiores.
B.Occidental:
abrangue a parte occidental das provincias da Coruña e de Pontevedra e unha pequena zona no suroeste da provincia de Ourense. Trazos fonéticos: gheada[hálo], seseo explosivo[mósa] seseo implosivo[lús];Morfolóxicos: terminacion en -án terminacion en -ns, pronome ti, pronome el.
B.Oriental:
este bloque comprende a parte máis oriental das provincias de lugo e ourense, e tamen o galego falado máis alá das fronteiras administrartivas de Galicia, a zona do chamado galego exterior. Esta zona inclue a parte occidental de Asturias leon e zamora. Foneticos: non-gheada[gálo], non-seseo[mó0a], ditongo-ui- muito(muto). Morfoloxicos: terminacion-ao para masculino e -á fem irmao/irmá. Plural en -is pantalois. Terminacion en ín por -iño camín. Pronome tu- tu sabes.
A xeración das Festas Minervais
-Naceron case todos entre 1930 e 1940 polo que, non chegaron a coñecer a guerra.-Déronse a coñecer a través dos certames literarios celebrados en Santiago nos anos 50.-Teñen como mestres os autores da xeración do 36, e tamén as figuras históricas ligadas á editorial Galaxia.-Maniféstanse en dúas liñas poéticas sucesivas. O paso dunha a outra vén marcado pola publicación de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro. ·
Manuel María:
mocidade en Lugo, onde coñeceu o ambiente dos faladoiros como Ánxel Fole, participou na fundación da UPG. Foi creador de varios proxectos editoriais e colaborador habitual na prensa. Obras:Muiñeiro de brétemas, Advento, Terra Chá, Documentos persoaes, Canciónsde lusco ó fusco, A primavera de Venus. Os seus primeiros títulos, Muiñeiro de brétemas ou Advento, considéranse pezas inaugurais da Escola da Tebra: unha visión atormentada da existencia. Logo da paso á poesía social. Son pezas de denuncia explícita da situación que vive Galicia, mais acotío presentadas con humor e con retranca.
Bernardino Graña
Desde novo grande interese pola literarura. En Santiago, onde participou nas Festas Minervais, e despois en Madrid. Dedicouse durante moitos anos á docencia por diversos puntos do país, ata instalarse no seu Cangas natal. Obra :Poema do home que quixo vivir, Profecía do mar, Non vexo Vigo nin vexo Cangas, Se o noso amor e os peixes..., Himno verde, Acendede as almenaras. Foi un dos poetas máis premiados nas Fetsas Minervais.
Uxío Novoneyra:
En Madrid, entrou en contacto cos membros do grupo Brais Pinto. Pasou longas tempadas de descanso na súa terra natal, o Courel. Traballou na radio e na TV.Obra: Os eidos 1, O eidos 2, Poemas caligráficos, Muller pra lonxe, Tempo de elexía. Unha parte importante da produción insírese na tradición da poesía paisaxística de Noriega Varela ou Aquilino Iglesia Alvariño, acrecéntalle un ton existencial o poeta en soidade ante a natureza. Isto ocorre, en Os eidos 2. A súa expresión adoita ser breve, condensada e con frecuentes enumeracións. Son importantes tamén os elementos visuais e fónicos. En obras como Muller pra lonxe ensaia outras liñas creativas: no primeiro caso a poesía amorosa, e no segundo a poesía social e de denuncia.
Xosé Luís Méndez Ferrín
Durante os seus anos de universidade en Santiago participou con éxito nas Festas Minervais e contactou co galeguismo cultural. Trasladouse a Madrid para rematar os seus estudos e alí participou na constitución do grupo Brais Pinto. Logo Ferrín comezou a amosar o seu forte compromiso político: foi cofundador da UPG e mesmo pasou períodos nos cárceres franquistas. Durante anos dedicouse á docencia da lingua e da literatura. Obra: Voce na néboa, Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, Erótica, Estirpe e Contra Maquieiro. Tamén é un destacado narrador. Os seus primeiros pasos como poeta deunos con Voces na néboa, poesía de ton íntimo e angustiado e cunha temática que vai desde a preocupación existencial, ata a visión fatal da propia Galicia.
- O GRUPO DE RIBADAVIA:
Desde remate dos anos 60, o teatro galego vive un gran desenvolvemento. Cambios no contexto sociopolítico propician a recuperación das actividades teatrais. Nacen así grupos como O Facho, Teatro
Popular Galego.
O feito de importancia capital neste desenvolvemento foi a Mostra de Teatro de Ribadavia, que se celebrou anualmente entre 1973 e 1980. Este certame foi o gran catalizador do noso teatro nestes anos. Serviría de plataforma de lanzamento para numerosos autores e compañías.
O seu exemplo foi recollido noutras localidadesque organizaron as súas propias mostras teatrais (Vigo, A Coruña, Fene, Lugo, Cariño...)
-Características: ·
Autores vinculados de forma directa á práctica teatral. ·Gusto polo experimentalismo e conexión coas tendencias do teatro europeo do momento.·Teatro comprometido no que se denuncia a opresión política, lingüística e cultural.·Amósase interese tamén polo teatro infantil.
Euloxio Rodríguez Ruibal:
Dende neno reside en Compostela, onde entra en contacto coa actividade tetral colaborando, co grupo Ditea ou fundando Obradoiro. Gaña o premio Abrente na primeira Mostra de Teatro de Ribadavia. Obras como: Zardigot, O cabodano, Azos de esguello, Unha macana de dote e Maremia.Na produción dramática de Ruibal, sempre de ton experimental, apréciase certa evolución.
Manuel Lourenzo:
É unha das firguras senlleiras do noso teatro actual. Fundador de varios grupos de teatro e de escolas de formación dramática, participou activamente nas Mostras de Ribadavia. É ademáis de autor, un brillante actor e director teatral. Escribiu estas obras:· Liña clásica ou mítica: Traxicomedia do vento de Tebas..., Todos os fillos de Galaaz e Electra.·Liña histórica: Xoana e Erros e ferros de Pedro Madruga.·Liña do teatro inmediato: Veladas indecentes e Insomnes. A obra desde autor ten unha clara evolución temática, concretada en tres liñas.
-Liña clásica ou mítica
Retoma e actualiza mitos e conflitos da tradición clásica grega ou da Materia de Bretaña para representar, a travñes deles, a realidade de hoxe.
-Liña histórica:
Noutras pezas, Lourenzo recupera determinadas figuras do pasado histórico de Galicia, como Pedro Madruga ou Xoana a Louca, e ofrece unha visión anovada deles.
-Liña do teatro inmediato:
situadas no momento presente, nas que aflora unha dimensión fortemente inconformista e crítica coa sociedade actual. As obras desta liña, acostuman ter un carácter máis experimental e, xorden como base para o traballo dos actores nos centros de formación dramática dirixidos por Lourenzo.
Roberto Vidal Bolaño:
Desde os anos 70, converteuse nun dos maiores impulsore do noso teatro. Combinou a súa faceta de autor dramático coa dirección e a interpretación. O labor teatral de Vidal Bolaño mereceu un constante recoñecemento de xurados e crítica.Obras:·Dramaturxia popular: Ledaíñas pola morte do meco, Laudamuco, señor de ningures e Bailadela da morte ditosa·Reinterpretación de mitos do noso pasado: Agasallo de sombras e As actas escuras.·Teatro realista e crítico: Saxo Tenor, A ópera de a patacón.Amosou gran facilidade para converter en materia teatral todo tipo de temas e conflitos, ofrecía sempre unha visión crítica e irónica.Moitos dos seus primeiros textos, destacan pola incorporación de personaxes e contidos propios da dramaturxia popular galega.Noutras obras, céntrase na reinterpretación crítica e desmitificadora de grandes figuras e feitos do noso pasado. Formalmente, caracterízase polo gusto pola experimentación estética, pola forza dramática dos diálogos e pola combinación entre a tradición dramatúrxica popular e a culta.
A normativizacion:
consiste na elaboracion dun estandar lingüistico, unha gramatica, unha ortografia e un dicionario que actuen como modelos do uso correcto da lingua. Neste ambito situase a aprobacion das Normas ortograficas e morfoloxicas do idioma galego, que definen o estandar actual e contan coa sancion oficial da Xunta e do Parlamento Galego. Os pronlemas inherentes a un proceso de estandarizacion entre duas visions contraditorias sobre o futuro galego: a reintegracionista, partidaria dunha maior aproximacion ao portugues, e a isolacionista, defensora da autonomia do galego fronte ao portugues.
Diglosia:
a diglosia e a convivencia desequilibrada de duas linguas no seo dunha comunidade: unha como lingua superior(dominante ou hexemonica), outra como lingua inferior(dominada ou minorizada). A diglosia e unha das fases do proceso de substitucion linguistica. Nos contextos diglosicos o acceso a outras culturas por parte dos falantes da lingua inferior así como as relacions a traves da lingua superior, malia que existan medios para que isto non sexa asi. Des mediados do sexulo XIX existen en galego traducions dos evanxeos. A primeira traducion galega dos evanxeos foi feita por mandato dun sobriño de Xose e Napoleón Bonaparte. Paradoxicamente, en Galicia non se garda moi boa memoria deses personaxes historicos.