Sentidos da Vista e Oído: Funcionamento e Estrutura
Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,47 KB
Sentido da Vista
O sentido da vista obtén información do medio externo mediante a luz. Estruturas do ollo polas que pasa a luz:
- Córnea: é transparente para deixar pasar a luz. Entre esta e o iris atópase o humor acuoso.
- Iris: é a zona coloreada do ollo, un anel muscular que ten unha abertura, a pupila, que pode abrirse ou pecharse en función da luz que haxa.
- Cristalino: lente que se atopa detrás da pupila e pode modificar a súa curvatura para enfocar correctamente as imaxes na retina.
O globo ocular está cheo de humor vítreo. Na retina atópanse os fotorreceptores, que reciben o nome de conos (responsables da visión diúrna en cores) e bastóns (responsables da visión nocturna e en branco e negro). Cando a luz chega á retina, excítanse os conos e os bastóns, que envían mensaxes ao cerebro.
Partes do Ollo
Esquerda: cristalino, iris, pupila, córnea, humor acuoso, humor vítreo.
Dereita: retina, nervio óptico, esclerótica.
Sentido do Oído
O sentido do oído é o responsable de dúas funcións: a audición e o equilibrio.
Estrutura do Oído
- Oído externo: consta do pavillón auditivo, máis comunmente coñecido co nome de orella, e o conduto auditivo externo. A orella recolle as vibracións e mándaas cara ao conduto auditivo externo.
- Oído medio: consta dunha membrana chamada tímpano, que vibra ao recibir as ondas procedentes do conduto auditivo externo. É unha cavidade na que se atopan uns ósos unidos entre si, chamados martelo, bigornia e estribo.
- Oído interno: está situado no interior do cranio e presenta unha estrutura parecida á cuncha dun caracol, que recibe o nome de cóclea e que está chea dun líquido, que denominamos endolinfa.
Partes do Oído
Esquerda: pavillón auditivo, conduto auditivo, tímpano, cadea de ósos.
Dereita: trompa de Eustaquio, nervio auditivo, caracol, canles semicirculares.
Arriba: oído externo, oído medio, oído interno.
Exemplo de Funcionamento: Visión dun Camión
Vemos un camión achegándose cara a nós e vemos o sol reflectido no cristal a través das diferentes partes do ollo, os fotorreceptores. A información chega directamente ata o cerebro mediante o nervio sensitivo. O cerebro interpreta a información e enviará unha orde de novo en forma de impulso nervioso a través da medula espiñal e dos nervios do SNP ata os efectores, os músculos das pernas, que producen a resposta: apartarse.
Sistema Endócrino
O sistema endócrino ou hormonal está constituído por un conxunto de glándulas que segregan hormonas directamente no sangue.
Órganos Reprodutores Femininos
Esquerda: trompa de Falopio, ovocito, endometrio.
Dereita: ligamento do ovario, cavidade do útero, ovario, orificio interno, orificio externo, vaxina.
Órganos Reprodutores Masculinos
Esquerda: vesícula seminal, próstata, vasos deferentes, epidídimo, testículo.
Dereita: uréter renal, vexiga urinaria, tecido eréctil, uretra.