Roma: De Monarquía a Imperio, unha historia completa

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,12 KB

Roma: Orixe e expansión

O nome de Italia é unha forma helenizada da palabra Itálica Vitelia. Este nome atribuíaselle á parte meridional da bota (Italia) e despois estendeuse ao resto da península. Algúns poetas falan de Hesperia (o país de occidente). Sexa como sexa, esta zona xeográfica foi o berce dun dos maiores e máis decisivos imperios da historia: o Imperio Romano.

División territorial

  • Sector continental: situado ao norte, limítrofe cos Alpes e percorrido polo río Po.
  • Sector peninsular: cos Apeninos como espiña dorsal, percorrido polos ríos Tíber e Arno. Os Apeninos divídense nunha vertente oriental que mira ao mar Adriático e unha occidental que mira cara ao mar Tirreno.
  • Sector insular: destacan Sicilia, Sardeña e Capri.

Espazo xeográfico da antiga Roma

Roma está no Lacio, sobre sete outeiros. Sobre un deles, o Palatino, foi fundada a capital a mediados do século VIII a.C., no lugar no que os famosos xemelgos Rómulo e Remo foron aleitados por unha loba e atopados por dous pastores.

A pesar das resistencias dos pobos limítrofes e dos obstáculos naturais (os Apeninos), pouco a pouco os pobos itálicos foron caendo baixo o poder de Roma, que así foi ensanchando as súas fronteiras. Estes pobos, diferentes entre si, foron romanizados e unidos a Roma por vías de pedra.

Roma, a raíz do seu enfrontamento con Cartago, acabará facendo realidade o soño de Alexandre Magno: converterse nun grande imperio cunha xurisdición única e cunha lingua e civilización común. O Mediterráneo foi Mare Nostrum e as fronteiras do imperio irán desde as Illas Británicas, o Rin e o Danubio ata o deserto do Sáhara ou de Arabia e o de Mesopotamia.

Os romanos, despois de conquistar toda Italia e Sicilia e derrotar a Cartago, interviron cada vez máis nos asuntos internos gregos ata dominalos por completo. No ano 166 a.C. acabaron coa dinastía de Macedonia (a familia de Alexandre Magno) e vinte anos máis tarde anexionáronse Grecia, converténdoa nunha provincia romana que chamaron Acaia.

Grecia sería mestra de Roma nas artes, nas ciencias, na filosofía… Roma seguiría anexionándose os demais reinos helenísticos. O último deles foi Exipto.

Roma: Monarquía

Os primeiros romanos eran unicamente campesiños. O seu territorio integrábao a propia cidade de Roma e as terras de cultivo do arredor. No resto de Italia vivían outras tribos. Rómulo e Remo (eran fillos de Marte e dunha sacerdotisa) foron abandonados nunha cuna. Os xemelgos salváronse sendo aleitados por unha loba.

Nun primeiro momento, Roma foi unha monarquía. Sábese da existencia de 7 reis.

Institucións da monarquía

  • O rei
  • O Senado: asemblea de anciáns, de carácter consultivo. Os seus membros pertencían na súa maior parte á clase dominante rica.
  • Curias: os romanos estaban divididos en 3 tribos e 30 curias. Cada curia estaba liderada por un xefe. Ocupábanse de temas relixiosos e políticos.
  • Comicios: eran asembleas populares e celebrábanse por curias.

Os membros das boas familias que se sentaban no Senado chamábanse patricios. Os outros son os plebeos.

A monarquía remata no ano 509 a.C. e aquí empeza a República. Aos máximos dirixentes dábaselles o nome de cónsul. O goberno de Roma describíase con estas siglas: SPQR. Este lema reflexa o equilibrio entre o Senado e o pobo durante a República.

A República Romana

Institucións da República

Maxistraturas: os maxistrados repártense o poder político. Ningún recibe compensación económica (eran patricios). As súas funcións estaban limitadas no tempo e non se podían prorrogar (salvo excepcións).

Maxistraturas ordinarias

  • Cónsul: eran 2, ostentaban o poder supremo. Eran xefes do exército, presidían o Senado. Todas as demais maxistraturas están condicionadas a eles.
  • Pretor: primeiro eran 2, despois pasaron a 8. Presiden os tribunais de xustiza.
  • Censor: tamén eran varios, órganos colexiados. Elixidos cada 5 anos, realizan o censo dos cidadáns e velan polas costumes públicas. Por exemplo, podían expulsar do Senado aos que considerasen “indignos”.
  • Cuestor: chegaron a ser 40. Levan a facenda pública (cobrar impostos).
  • Edil: encárgase da xestión municipal, conserva os arquivos, vixía os resultados dos comicios.
  • Tribuno da plebe: defende os intereses dos plebeos. Eran 10 e necesariamente tiñan que ser plebeos.

Maxistraturas extraordinarias

  • Ditador: esta figura só aparece en caso de emerxencia. Desígnaa o Senado e ten plenos poderes. O seu nomeamento non pode pasar de 6 meses. Podía nomear un ditador para poñer orde.
  • Xefe de cabalería: noméase ao mesmo tempo ca o ditador.

A carreira política comezaba coa cuestura, seguía cunha edilidade, despois a pretura e remataba co consulado. Entre unha maxistratura e outra esixíanse 2 anos de intervalo.

O Senado

Nun primeiro momento só o integraban os patricios, pero despois incorporáronse os plebeos. O seu número variou ao longo do tempo. Nun principio eran 300, pero nalgún momento chegou a haber 900. O Senado asesora aos maxistrados, controla o erario público, a política exterior e os asuntos xudiciais que teñen que ver con Italia. Para entrar no Senado era por elección popular por mediación dos censores. O nomeamento era vitalicio, salvo expulsión. Non podía reunirse a iniciativa propia, necesitaba ser convocado por un maxistrado con dereito a facelo, xeralmente os cónsules ou os pretores.

Os comicios ou asembleas populares

Había comicios por curias, comicios por centurias e comicios por tribos. As súas funcións son elixir os maxistrados, ratificar as leis e decidir sobre a paz e a guerra. O voto era colectivo, non individual.

A expansión territorial durante a República

Desde que remata a monarquía e se consolida a República, os obxectivos territoriais dos romanos foron encamiñados a someter aos outros pobos do Lacio. Tras dominalo, lanzáronse á conquista do resto de Italia e do Mediterráneo occidental. Aquí chocaron con Cartago nas chamadas Guerras Púnicas. Houbo tres guerras:

  • 1ª Guerra Púnica: Roma conquista Sicilia, Córsega e Sardeña.
  • 2ª Guerra Púnica: Roma foise con España e o norte de África.
  • 3ª Guerra Púnica: os romanos toman Cartago e todo o norte de África pasa a ser provincia románica.

Expansión cara ao Mediterráneo Oriental (Siria, Grecia, Chipre, Creta, Xudea).

Co paso do tempo, o réxime republicano foise deteriorando (século II a.C.) e comeza a vivir unha situación complicada: asasinatos, guerra civil, revoltas de escravos…

Tras algúns anos de conflitos internos, Julio César, Pompeio e Craso forman o primeiro triunvirato. Todo isto acabará como enfrontamento entre Julio César e Pompeio e unha guerra civil que durou catro anos e que se desenvolveu en Hispania, Grecia e Exipto. Pompeio foi asasinado en Exipto. Os seus partidarios seguen loitando contra César ata que este os vence definitivamente en Hispania (Bética), e regresa triunfante a Roma, onde inicia unha política reformista de carácter personalista.

A figura de César era cada vez máis odiada por algúns senadores, que vían que o Senado cada vez tiña un papel máis secundario, mentres que César era nomeado “ditador vitalicio”. Planeouse entón a morte de César. Casio e Bruto foron os encargados de asasinalo. O último era incluso fillo adoptivo de César.

O Imperio Romano

Cando, ao morrer César, comeza o segundo triunvirato (Lépido, Marco Antonio e Octavio), pronto este último iniciará a súa loita por controlar totalmente o Estado.

Lépido abandonou voluntariamente a política e os outros dous acabaron enfrontándose. Octavio vencerá a Marco Antonio e queda á fronte do Estado Romano. A súa etapa de goberno chámase “PAX AUGUSTEA” porque consegue unha paz duradeira despois de tantos anos de loitas.

Augusto: o primeiro emperador

Octavio Augusto elaborou un sistema político no que todo o poder concentrábase no emperador. De feito, acabou coas maxistraturas, aínda que seguen mantendo a mesma denominación e funcións da época republicana. O Senado tamén perdeu protagonismo.

No ano 27 a.C., o Senado concede a Octavio o título de Augusto. A partir de aquí chamarase Octavio Augusto. Augusto tamén é Princeps.

O Imperio durará desde Augusto ata Probo e ata o século III d.C. Haberá dous emperadores de orixe hispánica, que son Traxano e Adriano. Nun primeiro momento a sucesión era dinástica, pero despois foi por adopción.

O Dominado

Despois do Principado veu “o Dominado”, época de Diocleciano. Nesta época o emperador considérase a encarnación do Estado, e críase que estaba inspirado polos deuses. Os cidadáns pasan a ser súbditos do Dominus. Este cambio debeuse á orientalización do Imperio. Na época do Dominado comezan a xurdir problemas nas fronteiras debido ao empuxe dos pobos xermánicos sobre as fronteiras do Imperio Romano. Diocleciano divide o Imperio en dúas partes, a oriental e a occidental, cun emperador en cada unha delas. Cada emperador tiña un axudante, iso chamouse “Tetrarquía”. Son moitos os emperadores que gobernaron desde este momento ata o final de todo, pero imos destacar a Constantino e Teodosio.

  • Constantino unificou de novo o Imperio e promulgou o Edicto de Milán, proclamando a liberdade de cultos.
  • Teodosio implantou o cristianismo como relixión oficial do Imperio, e á súa morte volve a dividir o Imperio entre os seus fillos.

Expansión durante o Imperio

As grandes conquistas territoriais de Roma fixéronse durante a República. O Imperio é máis ben unha época de consolidación desas conquistas. Así e todo, conquistouse algún territorio máis: Exipto, as terras entre os Alpes e o Danubio, Britania. Con Traxano (de orixe hispano) o Imperio conseguiu a súa maior expansión.

A caída final do Imperio: 476 d.C.

Odoacro, un xefe militar de orixe xermano, depuxo ao último emperador, un rapaz de 13 anos chamado Rómulo Augústulo. Pasaran 2229 anos desde que fora fundada Roma. A metade oriental continuou a ser rica e poderosa; a occidental, débil e dividida. O Imperio oriental continuou sendo ilustrado e culto, mentres que a parte occidental vive na barbarie e na ignorancia. A parte oriental pervivirá ata o ano 1453, data na que Constantinopla cae en mans dos turcos, dando comezo así a outro imperio: o Imperio Otomán.

Entradas relacionadas: