Resumen os dous de sempre castelao

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,54 KB

A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo)


Esta etapa (1916 - 1936) é a Época Nós, comeza coas Irmandades da Fala e remata coa Guerra Civil.
Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas (o Cenáculo Ourensán) teñen unha primeira etapa de inadaptados e Castelao provén do agrarismo. Todos eles son políglotas, cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: 

Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista

.. Eles son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.


1. A contribución de Ramón Otero Pedrayo foi fundamental no cultivo e modernización da narrativa e xira ao redor da Galiza contemporánea. Podemos clasificala en:
a) Novelas realistas: Os camiños da vida. Ambientadas na Galiza rural do s. XIX, narran o proceso de decadencia da fidalguía e os cambios que experimenta a sociedade rural.
b) Novelas culturalistas: Arredor de si. Narran a evolución da conciencia galeguista na súa época. Son novelas sen acción, ideolóxicas, case máis próximas ao ensaio que á narrativa. 
Temas recorrentes na narrativa de Otero
* A tradición: sabedoría acumulada polas sucesivas xeracións ao longo de séculos, conforma a cultura espiritual dun pobo.
* A fidalguía: inventa unha fidalguía ideal, irreal, consciente do seu papel na sociedade galega.
* A paisaxe: dotada de vida, goberna a vida do home.
2.  Castelao cultivou múltiples campos sempre defendendo Galiza e os que sofren. A súa técnica narrativa caracterízase pola síntese e a selección, sinxela en aparencia mais froito dun laborioso traballo de depuración e escolma.
-A 1ª obra narrativa foi Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, visión sintética da realidade social, narrativa de ultratumba.
-Cousas son 45 relatos moi curtos que combinan o texto coas ilustracións: humor, denuncia dunha realidade inxusta.
-

Os dous de sempre

. Son os dous tipos humanos fundamentais: o emprendedor e o conformista, Pedro e Rañolas, contrapostos desde a súa infancia á madurez. 
-

Retrincos

. Cinco relatos pseudoautobiográficos (O segredo, O inglés, O retrato, Peito de Lobo e Sabela). 
3.
Vicente Risco cultivou tamén a narrativa. O porco de pé: feroz sátira antiburguesa con gran carga humorística. É fundamentalmente ensaísta.
4. Rafael Dieste (Xeración do 25). Dos arquivos do trasno: son contos de temática variada que xiran ao redor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega. Moitos destes relatos figuran na maioría das escolmas da narrativa galega.
Estes autores foron tamén os impulsores do ensaio e a investigación en galego, en torno ao Seminario de Estudos Galegos.
-Vicente Risco coa Teoría do Nacionalismo Galego, que servirá de guía dos nacionalistas antes da II República. 
-
Castelao publica en Buenos Aires Sempre en Galiza onde elabora unha nova teoría do nacionalismo. Converteuse na biblia do galeguismo despois da Guerra Civil. 
-Otero Pedrayo dedicouse fundamentalmente aos estudos xeográficos e históricos, entre os que podemos destacar Ensayo histórico sobre la cultura gallega.
Nesta fecunda etapa da nosa cultura hai que facer mención tamén ao labor desenvolvido no xornalismo, no que todos colaboraron desde A Nosa Terra ata a Revista Nós.

Entradas relacionadas: