Proxecto Roma: Construíndo unha Escola Inclusiva e Sen Exclusións
Enviado por Chuletator online y clasificado en Electricidad y Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,99 KB
Principios do Proxecto Roma
En Relación á Aprendizaxe
Pensamos que todos os seres humanos somos competentes para aprender. Compartir este principio require unha ruptura do paradigma deficitario propio da escola tradicional e construír un novo enfoque competencial inclusivo no que se valoren as diferenzas como valor e calidade.
Diferenza, Igualdade de Oportunidades e Oportunidades Equivalentes
Na igualdade de oportunidades o que se pretende é atopar un equilibrio na sociedade, pero aínda así, existen certas desigualdades e está ligada á integración. Por outra banda, coas oportunidades equivalentes o que se pretende é que os alumnos obteñan o máximo das súas posibilidades, estas están vinculadas coa escola inclusiva.
Igualdade na Diversidade
A igualdade na diversidade supón afondar nas diferenzas do alumnado, erradicando as desigualdades á vez que se ofrecen prácticas educativas simultáneas e diversas en función do que necesita cada alumno.
Cando se Alcanzará a Inclusión Educativa?
Alcanzarase unha inclusión educativa cando exista un traballo cooperativo, unha aprendizaxe dialóxica, respecto á diferenza, a participación da familia e acabando coas barreiras educativas, políticas e culturais. Son necesarias culturas inclusivas, políticas inclusivas e prácticas pedagóxicas inclusivas. Coas prácticas pedagóxicas simples non se pode lograr unha escola sen exclusións. Fai falta unha pedagoxía máis complexa onde as persoas e as culturas diferentes poidan "aprender a aprender".
Necesítase un profesorado que considere que o máis importante na escola non radica na ensinanza duns coñecementos previamente elaborados, senón en saber crear ambientes democráticos para a socialización e a educación en valores, porque na escola non só se aprende uns contidos culturais senón que se aprende un modo de vivir. Non se trata de ensinar a cultura da diversidade como un valor, senón de vivir democraticamente nas aulas dende o respecto, a participación e a convivencia.
O Proxecto Roma e a Educación Inclusiva
O rango distintivo no Proxecto Roma para saber que estamos falando de escola inclusiva é a conceptualización que adopte o profesorado da noción de diferenza, xa que da percepción que teña aquel do alumnado e dos procesos de aprendizaxe van depender os modelos educativos que poña en xogo: o respecto ás diferenzas do alumnado, na busca da equidade educativa, é dun valor extraordinario nas súas escolas, entendéndoa non só como igualdade de oportunidades senón tamén como igualdade de desenvolvemento das competencias cognitivas e culturais, é dicir, falan de oportunidades equivalentes.
Cambiar Sistemas ou Persoas?
O que se busca é un cambio cultural, todos os nenos e nenas teñen dereito a unha educación de calidade, e esta só se logra cando se educan xuntos; o noso sistema educativo non ten o dereito de acoller tan só a un certo tipo de alumnado e rexeitar a outro. O sistema educativo é o que debe cambiar para contemplar a diversidade nas nosas aulas e non ó revés, nisto é o que consiste a educación inclusiva. Os sistemas deben dar resposta á diversidade das aulas.
Estratexias para a Construción dunha Escola Sen Exclusións
Primeira Estratexia
É devolverlles a todos os nenos o seu dereito a aprender. Isto supón un cambio na mentalidade do mestre ademais de reconceptualizar os termos de intelixencia e diagnóstico.
Segunda Estratexia
É aprender mentres ensinamos. Ensinar a construír o coñecemento que non existe entre o profesorado e o alumnado de forma cooperativa.
- O docente ten o papel de traballar en aulas moi heteroxéneas, aprender outros sistemas de ensinanza para darlle resposta á complexidade do contexto da aula. Métodos de traballo: proxectos e talleres.
- A aprendizaxe escolar produce desenvolvemento e esa madurez. O desenvolvemento depende de influencias socioculturais encarnadas nos contextos familiares, escolares e sociais. Os alumnos aprenden de maneira activa explorando, seleccionando e transformando o material de aprendizaxe. Constructivismo piagetiano: o alumno necesita un contorno que o estimule para resolver problemas e lle permita desenvolver esquemas mentais. Pensamento vygotskyano: o individuo debe ser capaz de aprender pola súa conta.
- Currículo: as tarefas de aprendizaxe deben apoiarse en materiais novos e con funcións distintas. Ensinar a pensar a través de sistemas de comunicación, valores e normas. Converter as clases en comunidades de convivencia e aprendizaxe. Análise de situacións reais vividas.
Terceira Estratexia
É a aprendizaxe dialóxica. O mestre ensina aos nenos a pensar de forma correcta e autónoma, a traballar xuntos axudándose uns aos outros, a utilizar o que aprenden para resolver situacións problemáticas da vida cotiá.
Cuarta Estratexia
É a aprendizaxe cooperativa. O currículo desenvolve todas as dimensións do ser humano.