A prosa no primeiro terzo do século XX: Irmandades e Grupo Nós

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,67 KB

Durante o primeiro terzo do século XX prodúcese un intento importante de consolidación da prosa galega para acadar uns niveis de normalización semellantes aos da poesía no século anterior. Neste proceso de modernización e normalización van intervir as Irmandades da Fala, O Seminario de Estudos Galegos e o Grupo Nós. Via Clilarcha editoriais e coleccións de novidades (Nós, Lar, Céltiga) para levar a bo porto este proceso. Os homes da xeración Nós consolidaron a prosa literaria galega diversificando os temas e introducindo as técnicas da narrativa europea. Na prosa científica axeitan o idioma a este xénero. Autores destacados deste período van ser os membros do Grupo Nós (Otero Pedrayo e Vicente Risco), Castelao e Dieste.

Otero Pedrayo: narrador prolífico

Un dos narradores máis prolíficos deste período será Otero Pedrayo. A súa obra narrativa agrúpase tematicamente en dous núcleos: as obras de temática galega e as de temática non galega. Neste segundo grupo atópase Fra Vernero, que narra a vida dun personaxe histórico, Zacarías Werner. A súa produción de temática galega estrutúrase en narracións realistas, que ofrecen unha visión obxectiva da sociedade galega do século XIX (Pantelas, home libre; Contos do camiño e da rúa; O mesón dos erhiros, e en novelas culturalistas, nas que expón as súas ideas e a súa ampla erudición (Iscritú na néboa, A romana de Xelmírez, Devalar, Os camiños da vida, Arredor de si). A súa obra complétase cos ensaios centrados no seu labor de xeógrafo e historiador, situados na realidade galega. Destacan: Ensaio histórico sobre a cultura galega, O libro dos amigos e Historia de Caliza.

Vicente Risco: didactismo na narrativa

O outro integrante do Grupo Nós, Vicente Risco, fai do didactismo o eixo fundamental da súa obra. Inicia a súa produción coa publicación de Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros, narración que nos leva ao mundo de ultratumba da man do protagonista e da momia de Tutankamon. Outras obras son o Lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, relacionadas directamente coas lendas tradicionais galegas do lobishome e dos mouros, respectivamente. En Nós aparecen algúns fragmentos d'Os europeos en Abrantes, crítica á sociedade ourensá do momento que nunca chegou a rematar.

Castelao: narrativa centrada no pobo

O polifacético Castelao deixa unha importante achega ao ámbito da prosa deste período a través dunha obra de trama sinxela, trazo esquemático e moi centrada no pobo, nun pobo tratado con respecto e agarimo, baixo a pegada humorística. A súa produción narrativa iniciase con Un olio de vidro. Memorias dun esquelete. Nela emprega a técnica do relato atopado por un enterrador no cemiterio e describe, a través dos personaxes de ultratumba, a sociedade galega do seu tempo. A achega máis orixinal do rianxeiro vai ser Cousas, historias da xente do común nas que a imaxe e o texto están interrelacionados. A súa achega á narrativa curta complétanse cos cinco relatos de Retrncos.

Rafael Dieste: influencias de Castelao

Finalmente, cómpre mencionar a achega do tamén rianxeiro Rafael Dieste. O autor de Dos arquivos do trasno recolle moitas influencias de Castelao nos seus relatos. O esquematismo, o agarimo polas xentes do común, ao que lle suma a técnica do encaixe, a relevancia do remate dos relatos, a presenza do imaxinario e a súa explicación racional, os ambientes populares. Todos estes autores representan a normalización da prosa galega e a súa aproximación á narrativa do momento en Europa, co obxectivo de crear un rexistro culto para a prosa científica de que carecía o galego até aquel momento.

Entradas relacionadas: