Praia dos afogados

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,51 KB

  O inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafa Estévez investigan a morte de Xusto Castelo, o Rubio, un home que apareceu morto na praia de Panxón coas mans atadas cunha brida verde. Nun primeiro momento todo apunta a un suicidio, pero pronto descobren que foi un asasinato, xa que el só non podería terse atado a brida dese xeito, ademais, tiña un forte golpe na cabeza.

  Os veciños da vila viran saír o Rubio no seu barco o domingo, un feito raro porque os domingos os mariñeiros descansan xa que os luns non hai lonxa. Xusto Castelo xa non regresou e ó redor da súa morte circulan toda unha serie de supersticións, relacionadas coa morte do capitán Sousa hai uns doce anos.  A investigación de Leo Caldas segue 4 liñas, pero todas relacionadas co naufraxio do Xurelo:

  1) O inspector Caldas pensa que o capitán do Xurelo en realidade non morreu no naufragio e volve a Panxón 12 anos despois para vingarse da tripulación do seu barco. Ademáis algunhas persoas da vila din que viron a Sousa e este home sempre levaba con él unha “macana”, que podería coincidir coa ferramenta utilizada para golpear a Xusto Castelo na cabeza antes de guindalo ó mar. Por outra banda, o Rubio levaba unha bolsiña con sal e unha figa, ambos obxectos supersticiosos de protección.

  2) Investigando o naufraxio do Xurelo, Leo Caldas descobre unha noticia sobre a desaparición dunha muller, Rebeca Neira, en Aguiño. Caldas vai con Estévez a investigar este suceso e descobre que Arias e Valverde lle mentiron e que o día do naufraxio do Xurelo estiveron en Aguiño. Falan con Irene Vázquez, unha íntima amiga da muller desaparecida, que lles di que Rebeca foi asasinada o 20 de decembro de 1996 (día do naufraxio do Xurelo), pero que a policía non investigou nada porque tiñan prexuízos contra Rebeca. Tamén descobren que Rebeca tiña un fillo, Diego Neira, que viu a dous homes flirteando coa súa nai; a descrición dun deses homes coincide coa de Xusto Castelo.

  Caldas pensa agora que o fillo desta muller é o asasino de Xusto Castelo e ademais descobre que é o carpinteiro de Panxón. Detéñeno inmediatamente e o interrogan. Cando o deteñen, Diego Neira estaba na casa de Marcos Valverde e os policías pensan que tamén o quería asesinar a el.

  3) Pensan que foi Arias, que violou e matou a Rebeca Neira e puxo o Xurelo en marcha para fuxir de Aguiño. Sousa négase a saír co temporal e Arias o mata tamén, os demais, por medo, fan todo o que el di e, por iso, despois do naufraxio do Xurelo, ningún dos tres mariñeiros segue a manter o contacto.

  4) O asasino real é Marcos Valverde, el violou e asasinou a Rebeca Neira e despois matou ó capitán Sousa. No presente, Xusto Castelo quere decir a verdade por medo (recibira diferentes mensaxes que dicían “asasinos”, estes mensaxes llos enviaba Diego Neira) e Valverde o asasina tamén.

  Caldas chega a saber a verdade de casualidade, porque a policía consegue a gravación dunha cámara de vixiancia noturna que grava ó asasino e, aínda que non lle poden ver a cara, comproban que o home tiña todos os dedos das mans (a Diego Neira lle faltaban tres dedos dunha man) e tamén poden ver o modelo de coche (atoparán o automóbil nas terras de viñas de Marcos Valverde). Ademais, Caldas non conseguía saber a procedencia das bridas que ataban as mans do Rubio, pero na guanteira do coche do seu pai ve unhas bridas iguais e o pai lle di que llas deron nunca convención de viños para empresarios do sector; Valverde tamén se dedica ós viños.

  Ao longo da novela, tamén se coñece a situación persoal do inspector Caldas. Procura estar co seu pai, aínda que moitas veces non pode e cando están xuntos non teñen moito do que falar. O seu tío Alberte está hospitalizado, pero ó final da novela vai vivir co seu irmán, o pai de Caldas, a unha casa nas aforas de Vigo. Tamén sabemos que Caldas tivo unha relación sentimental cunha muller chamada Alba, que sempre está presente nos pensamentos do noso inspector. E, por último, o inspector Caldas participa nun programa de radio: Patrulla nas ondas, pero non lle gusta nin o programa, nin o director, Santiago Losada.



 Inspector Leo Caldas: é o protagonista da novela. É un inspector de policía de Vigo, bastante solitario e que só vive para traballar. Participa nun programa de radio. Tivo unha parella, Alba, que está presente na novela nos pensamentos de Caldas. Para moitas veces a cear e a tomar uns viños na taberna do Elixio, onde “fala en silencio” con Carlos, o dono do bar. É un home teimudo se sabe que ten razón e concienzudo nas súas investigacións.

 Rafael Estévez: axudante de Leo Caldas. É aragonés, corpulento e violento. Non acaba de comprender a idiosincrasia do pobo galego e iso fai que perda os nervios en varias ocasións. 

 Xusto Castelo (O Rubio): é o home que aparece morto na praia de Panxón e cuxa morte investiga o inspector Caldas. Foi un dos supervivintes do naufraxio do Xurelo hai doce anos. Antes de enrolarse no Xurelo era heroinómano.

Xosé Arias: tripulante do Xurelo e antigo amigo íntimo do Rubio. Despois do naufraxio do Xurelo foi vivir a Escocia, onde se supón que ten unha familia, despois volve a Panxón e vive como mariñeiro. Ten un romance coa irmá do Rubio, Alicia Castelo.

 Marcos Valverde: asasino  do capitán Sousa, de Rebeca Neira e de Xusto Castelo. Despois do naufraxio do Xurelo foille ben a vida, fíxose constructor e gañou moitos cartos; vive nunca gran casa casado cunha muller espectacular e estaba comezando no negocio do viño.

 Diego Neira: fillo de Rebeca Neira, a muller asasinada por Valverde o día do naufraxio do Xurelo. Busca saber quen matou á súa nai e vive en Panxón, cunha identidade nova e traballando como carpinteiro. Fáltanlle tres dedos dunha man. Asustaba Castelo con mensaxes anónimas.

Rebeca Neira: foi asasinada en Aguiño por Marcos Valverde. Era nai de Diego Neira e a súa morte non foi investigada correctamente ata 12 anos despois, cando Leo Cladas relaciona a súa morte co asesinato de Xusto Castelo. O cadáver de Rebeca nunca se atopou.

Doctor Trabazo: médico xubilado que vive en Panxón. É amigo íntimo de familia de Leo Caldas e axúdalle na investigación contándolle cousas do Xurelo e a súa tripulación.

Alicia Castelo: é a irmá de Xusto Castelo. Ten un romance con Xosé Arias.

Entradas relacionadas: