Prácticas de Laboratorio de Química: Disolucións, Filtración e Máis

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,69 KB

PRÁCTICA Nº 1: Preparación de Disolucións

Existen varias formas de expresar a riqueza dunha disolución. O uso dunha ou outra depende da natureza do sistema, das aplicacións ou incluso do costume. As máis comúns son: molaridade, molalidade e porcentaxe en masa (peso).

ppm (parte por millón) = masa soluto * 106 / masa disolución.

1. Diferenza entre porcentaxe en volume e en masa

O contido en alcol do viño dáse en porcentaxe en volume (%v/v). Que diferencia hai coa porcentaxe en masa? A diferenza está en que o volume pode variar dependendo de condicións como a temperatura e a presión, pero a masa é constante; polo tanto, a porcentaxe en masa non varía.

PRÁCTICA Nº 2: Illamento dun Produto por Filtración a Baleiro

As propiedades físicas e/ou químicas das substancias permiten a súa identificación, e tamén se poden aproveitar para illalas dunha mestura. Nesta práctica trátase de illar o produto dunha reacción aproveitando a diferenza de solubilidade con outras especies do medio acuoso en que se atopan. Empregarase a filtración a baleiro con trompa de auga, polo que é interesante que se repase o principio de funcionamento do contador de Venturi, baseado no teorema de Bernoulli de conservación da densidade de enerxía dun fluído en movemento: P + ½ƒÏv2 = cte.

Rendemento = (cantidade real * 100) / cantidade teórica

Cuestións

  1. Escribir a ecuación da reacción química que acontece: CaCl2 + Na2CO3 <--> CaCO3 + 2NaCl.
  2. Por que se forma precipitado? Que é un precipitado?: Un precipitado fórmase debido a que a cantidade de soluto é moi grande con respecto á cantidade de disolvente, formándose o precipitado.
  3. Por que é preciso lavar o precipitado obtido? Porque poden quedar restos de cloruro de sodio.
  4. Que misión ten engadir AgNO3 á auga que pinga do funil?: Engádese á auga para saber se quedan restos de cloruro de sodio no precipitado, xa que o NaCl e o AgNO3 reaccionan. No momento en que non reaccionen, a auga non conterá NaCl e, polo tanto, o precipitado estará limpo e puro.
  5. Por que a curva de secado non é unha recta? Porque a medida que o composto vai secándose é maior a velocidade de secado, pois hai menos auga a medida que avanza o tempo.

P.7...: Principio de Le Chatelier

Cando se modifican as condicións dun sistema en equilibrio, este reacciona ata alcanzar de novo un novo equilibrio. Co HCl aumenta a concentración de H+, isto afecta ao equilibrio e aparece unha cor laranxa. Co NaOH auméntase a concentración de OH-, aumentando a concentración de CrO7-2: Cr2O7-2 + H2O <--> CrO4-2 + 2H+

PRÁCTICA Nº 3: Determinación da Riqueza dun Carbón

Cuestións

  1. De que compostos proceden as cinzas?: As cinzas están compostas por impurezas como sales minerais (óxidos).
  2. En que se transformou a parte da mostra volatilizada? Escribir a ecuación química: A parte da mostra volatilizada transformouse en dióxido de carbono maioritariamente, pero tamén en monóxido de carbono: C + ½O2 --> CO; C + O2 --> CO2.
  3. Por que se quenta a máis de 100ºC para eliminar a auga?: Debido a que a esa temperatura evapórase a auga, extraendo así a humidade.

PRÁCTICA Nº 5: Destilación

A temperatura non se mantén constante xa que co tempo unha das substancias da disolución vai evaporándose e axustándose á temperatura de ebulición correspondente da auga. A pendente representa a temperatura de ebulición da auga a medida que a outra substancia desaparece. A temperatura final debe ser de 100ºC, manténdose constante, xa que só queda auga no recipiente con ións Cu+2 e SO4-2. A temperatura de ebulición depende da presión á cal está sometida. Neste caso é a atmosférica. Esta temperatura alcánzase cando a presión de vapor do líquido supera a atmosférica (a presión externa é directamente proporcional á temperatura de ebulición). O resultado obtido na destilación está composto por etanol e auga, 100 ml e 50 ml respectivamente. No balón queda disolución acuosa de CuSO4, máis concentrada que ao principio. Cu+2 pode absorber fotóns, afectando os electróns; deste xeito, estes absorben enerxía e a luz perde lonxitude de onda, cambiando de cor.

PRÁCTICA Nº 6: Curva de Valoración

No punto de equivalencia cúmprese que [OH-] = [H+], polo que se obtén un pH neutro (7). A reacción de neutralización é completa: HCl + NaOH --> NaCl + H2O. Partes: 1ª de pH básico > 7, que case non varía a medida que se engade HCl. Cando chega a certa medida de HCl prodúcese un descenso do pH, pasando de pH básico a ácido, que se comproba cos instrumentos de medida e a fenolftaleína. Finalmente, chégase a un novo estado de equilibrio ácido no que o pH ácido case non varía conforme se engade HCl.

PRÁCTICA Nº 7: Principio de Le Chatelier

Ao engadir HCl, agregamos protóns sobre o cromato amarelo e o equilibrio desprázase á esquerda formando dicromato laranxa; ao engadilo no dicromato laranxa non cambia de cor, pois só aumentamos a concentración. Se engadimos NaOH sobre o dicromato laranxa, o equilibrio desprázase á dereita, pois os ións OH- reaccionan con H+; no cromato amarelo permanece igual ao engadir OH-.

Entradas relacionadas: