A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,24 KB
Tema 10. A poesía de fins do s. XX e comezos do s. XXI.
Arredor De 1976 prodúcese na poesía un cambio ao abandonarse a estética do Realismo social, en favor da volta do intimismo e o coidado formal. Foron moi determinantes as obras Con pólvora e magnolias de Méndez Ferrín ou Mesteres, de López-Casanova.
Nesta época podemos falar de dúas promocións: a dos 80 e a dos 90
Promoción Dos 80: Recupéranse as temáticas intimista e o erotismo, sen Abandonar a reivindicación social. Introdúcese a metapoesía e son Frecuentes os diálogos con voces da literatura galega e univesal.
En Canto a forma emprégase unha linguaxe moi coidada a o tempo que se Produce unha renovación léxica. Constrúen/ crean poemas cun Aparello estilístico moi elaborado, nos que están presentes o Símbolo a metáfora e o culturalismo. En xeral, utilízase o verso Libre, pero non se deixa de empregar a métrica clásica/ pero non Faltan exemplos de métrica clásica.
Estas Foron as características principais aínda que non foron compartidas Pola tototalidade dos escritores. Cos poetas que cultivaron o Culturalismo e preciosismo formal, conviviron outros que optaron por Unha poesía de experiencia de maior sinxeleza retórica, ou mesmo Pola incorporación de contidos sociais.
Nacen Nesta década tres grupos poéticos que van a representar a Consolidación do esteticismo como liña predominante dentro do Xénero lírico. Son Rompente ( o máis innovador e rupturista), Cravo Fondo e Alén.
Poñen En marcha iniciativas como O silabario da turbina.
Aparecen Ao longo desta década as primeiras voces femininas: Pilar Cibreiro, Ánxeles Penas, Marica Campo. Algunhas como Pilar Pallarés, Xela Arias ou Ana Romaní desenvolverán nos anos noventa poéticas de Xénero.
Os Poetas dos 80 levaron a cabo un labor de modernización da poesía, Incorporaron novos universos temáticos, unha nova linguaxe e novos Referentes.
En Canto a os poetas dos anos 90, non existe unha estética común a Toda a súa poesía. Non obstante, hai unha serie de actitudes Propias da época, que son asumidas en maior ou menor medida polos Artistas: cultivo dunha temática cotiá, rexeitamento do Culturalismo e da expresión barroquizante. Aposta polo verso libre, Creación de espazos propios, incorporación do humor e da parodia, Ensaio de discursos sociais e elaboración de textos cunha conciencia De xénero.
A Irrupción de escritoras e a configuración de poéticas de xénero Que denuncian desequilibrios, cuestionan valores, establecen lazos Coas devanceiras (con Rosalía de Castro), son feitos relevantes da Poesía da década.
A Poesía desta promoción non rompe coas principais características Da etapa anterior. A apatición de novos poetas fixo que as obras Adquiriran certa heteroxeneidade entre ellas de ahí ven a vitaldade Do xénero. Polo anterior os escritores desta promoción adoitan Rexeitar etiquetas xeracionais.
Estes autores atoparon nas novas tecnoloxías un medio de difusión para a Súa obra. Botan man de blogs e páxinas web e algúns experimentan Con novos formatos, sen renunciar a o formato tradicional. Estes Hábitos están a cuestionar o estatus da poesía e a provocar algúns Debates que evidencian a aparición dun novo horizonte.