A que período da literatura galega chamamos “Séculos Escuros
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,69 KB
O REXURDIMENTO I
PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO
GALEGUISMO
É un movemento social, político e cultural que procura a autonomía política para Galicia, ademais da promoción do seu benestar e da defensa da súa cultura.
Provincialismo (1846-1868): os primeiros galeguistas reclaman a unión das catro provincias nunca soa, que ademais tería unha ampla capacidade de división política.
Federalismo (1868): no contexto das revolucións europeas contra as monarquías, e a posible chegada da República a España, os galeguistas reclaman que esta sexa federal, de xeito que habería así un estado gallego federado.
Rexionalismo (1874): co fracaso da I República e a Restauración da Monarquía, os galeguistas reclaman a constitución dunha “rexión” galega que tería prácticamente todo o poder político agás defensa, xustiza, infraestruturas… Os principiáis rexionalistas do XIX son
Murguía (liberal) e Brañas (conservador).
Nacionalismo (1918).
LITERATURA GALEGA NA IDADE MODERNA E CONCEPTO DE “SÉCULOS ESCUROS”
Galicia NO TRÁNSITO DA IDADE MEDIA Á MODERNA
Revoltas Irmandiñas: provocarán unha perda considerable do poder da nobreza, auxe da burguesía, aumento do poder de bispos e mosteiros (que xa dominaban o territorio) e tamén da monarquía.
Loitas dinásticas: os nobres galegos que apoiaron a Xoana son substituídos por otros fiéis a Isabel.
O castelán pasa a ser a lingua administrativa única por orde real.
Galicia NA IDADE MODERNA
Os séculos
XVI, XVII, e sobretodo o XVIII, son de auxe económico, o Reino de Galicia aumenta a súa poboación grazas ao sistema foral e á introdución do millo e a pataca, ata ser o máis poboado relativamente da coroa.
O foro evoluciona e aparece a costa intermediaria da fidalguía, que rexirá a sociedade galega dende os pazos nos que vive.
CONCEPTO DE “SÉCULOS ESCUROS”
O concepto “Séculos Escuros” é exclusivamente literario, a sociedade galega moderna vive nunha época de auxe, non de decadencia. Aínda así hoxe non se considera que fosen tan escuros, polos seguintes motivos:
Foron atopados máis textos que non se coñecían.
Hai en xeral pouca literatura, non pouca literatura en galego.
Gran parte dos textos que se conservan son cultos e acordes co movemento literario da época.