Partes do corpo en galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 13,54 KB

Cranio: Conxunto de ósos que forman a cavidade que encerra e protexe o encéfalo.

Couquizo: espiral que se forma na parte superior da cabeza, no nacemento do pelo.

Covacha: Oco do cuello

Gallada do bico: fenda do queixelo.

Gorxa: Conduto que une o padal co esófago, que corresponde á parte anterolateral superior do pescozo e que comprende o veo do padal, a úvula e as amígdalas; garganta, gola.

Gorxa da comida: popularmente, esófago.

Gorxa do aire/ g. Pequena: popularmente, farinxe.

Lobo: Porción redondeada e saínte dun órgano calquera (os lobos do pulmón, do fígado, do cerebro).

Lóbulo: 1. Pequeno lobo. 2. División dun lobo. 3. Prolongación re­dondeada e carnosa da parte inferior da orella.

Moufa: Parte lateral inferior do rostro humano, que forma a parede da cavidade bucal.(mejilla)

Orella: Lámina fibrocartilaxinosa que forma parte do oído externo dos mamíferos.

Queixo: Parte saínte do maxilar inferior e zona da cara que lle corresponde

Vidalla: Parte lateral da cabeza, entre os ollos e as orellas.

Beizos: Cada unha das partes carnosas externas da boca das persoas; labio.

Bocexo: Feito de abrir involuntariamente a boca mentres se respira lentamente; boqueada. Bocexar: abrir a boca de xeito involuntario mentres se aspira e inspira lentamente; boquear, boquexar.

Cairos: Cada un dos dentes situados entre o último incisivo e o primeiro molar, catro en total, que na maior parte dos mamíferos, sobre todo nos carnívoros, acaban en punta. Os animais carnívoros utilizan os cairos para esgazar a carne das súas vítimas.

Cella: Parte superior e prominente da cunca do ollo cuberta de pelo.

Cello: Espazo que hai entre as cellas. SIN. Sobrancello.

Meniña: Abertura do iris do ollo pola que entra a luz na cámara posterior; pupila.

Pálpebra: Cada unha das membranas móbiles que cobren o globo ocular.

Perfeba: Cada un dos pelos do bordo das pálpebras. (pestanas)

Cadrís: Parte baixa do lombo á altura dos riles. Cast.: espalda.

Carrelo: 1. Lombo, parte do corpo humano oposta ó peito; costas. 2. Columna vertebral;

Espiñazo

Embigo: Cicatriz arredondada e enrugada que se forma nos mamíferos no medio do ventre, despois de romper o cordón umbilical.

Espiñazo: No corpo dos vertebrados, conxunto de vértebras dispostas en ringleira e artelladas entre si que forman o eixe do esqueleto; cernizo, columna, carrelo, espiña, espiñela, fío do lombo.

Illar: Espazo do corpo das persoas e algúns animais situado entre as coste­las e os ósos das cadeiras.

Mamila: Parte da mama máis saínte, por onde se mama o leite. SIN. Bico do peito, mamela.(pezón).

Ril: Órgano glandular dobre, situado na rexión lumbar, : a un e outro lado da columna vertebral, encargado de eliminar do sangue as substancias nocivas a través dos ouriños.

Brazo: Parte da extremidade superior do home, comprendida entre as articulacións do ombro e o cóbado.

Cotelos: Parte de fóra das articulacións dos dedos das mans ­( nudillo)

Ombreiro: Parte do tronco do corpo humano e dos cuadrúmanos, onde empeza o brazo;
Ombro.

Pulso: Punto onde o antebrazo se articula coa man.

Sobrazo: Concavidade formada polo brazo na xunta co ombreiro.
(axila)

Calcaño: Parte posterior da planta do pé ( talón)

Canelas: 1. Óso máis longo e groso dos dous que unen o xeonllo co pé.( tibia) 2. Ext. Parte da perna situada entre o xeonllo e o pé, que se corresponde con este óso.

Coxa :Parte da perna que se corresponde co fémur, e que vai da cadei­ra até o xeonllo. (muslo).

Ingua: Parte do corpo onde se xuntan as coxas co ventre. (ingles),

Planta do pé: Parte inferior do pé, que vai desde a base das dedas até o calcaño.

Sofraxe: Parte posterior do xeonllo, por onde dobra a perna.

Tornecelo: Avultamento formado pola unión ou articulación da perna e o pé. (tobillo)

Xeonllo: Parte externa da articulación do fémur coa tibia.

Entradas relacionadas: