Otero Pedrayo: Vida, Obra e Legado do Escritor Galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,76 KB

Otero Pedrayo (1888-1976)

Naceu en Ourense nunha familia fidalga. Estudou filosofía e letras en Santiago e Madrid, onde se licenciou en Dereito. Na súa xuventude viviu en Madrid e cando regresou a Galiza participou en determinados actos culturais en Ourense, dirixidas por Risco (amigos da infancia). En 1917 ingresou nas Irmandades da Fala e ata que estala a guerra civil participa en todas as actividades culturais do galeguismo: Revista Nós, Seminario de Estudos Galegos, revistas Lar e Céltiga. Nesta etapa exerceu como catedrático de xeografía e historia en Ourense. No ano 1931 saíu elixido deputado nas Cortes Republicanas, e cando estalou a Guerra Civil, a ditadura retiroulle a súa cátedra de xeografía e historia, polo que tivo que permanecer ata 1948 sen poder exercer a docencia e vivindo no seu pazo de Trasalba. En 1950 aprobou as oposicións ás cátedras de xeografía e historia na universidade de Santiago, onde residiu; morreu en Trasalba en 1976.

Obra de Otero Pedrayo:

1. Narrativa:

Exceptuando a obra de 1934 titulada “Fra Vernero”, centrada na vida dun luterano alemán que se converteu ao catolicismo a comezos do s. XVIII, vemos que toda a narrativa de Otero está ambientada en Galiza en distintas etapas da súa historia. Así, na Idade Media aparece a obra “A romeiría de Xelmirex” (1934), obra baseada na viaxe que fixo o arcebispo Xelmirex a Roma para reclamar diversos privilexios para a cidade de Santiago.

Outras novelas están ambientadas no s. XIX: “Os camiños da vida” (1928), “Pantelas, home libre” (1925), “O mesón dos ermos” (1938). No s. XX aparecen ambientadas as novelas tituladas: “A redor de si” (1930), “Devalar” (1935), “Escrito na néboa” (1927).

As novelas ambientadas no século XIX están concibidas desde un punto de vista realista, aínda que Otero inclúe elementos románticos na aparición de personaxes exóticos (femininos).

O tema fundamental é a transformación que sofre a sociedade galega ao longo deste século; cóntanos así a desaparición dunha clase social (fidalguía) dona dos pazos e terra; e a aparición da burguesía. A obra que trata este tema titúlase “Os camiños da vida” (1920), na que Otero conta a historia de dúas familias fidalgas que partindo dunha situación social privilexiada van perdendo as súas posesións e as terras a mans de comerciantes e prestamistas que pouco a pouco irán ocupando os postos máis importantes da sociedade. Esta visión pesimista ten un punto de esperanza nunha das familias na que xorde unha figura feminina (Ramona) que evitará a decadencia do pazo e pagará os estudos de medicina a un sobriño que se instalará nunha aldea como médico, simboliza unha nova xeración e unha nova Galiza, na que se combina o espírito tradicional xunto coa adaptación á sociedade moderna.

Este mesmo ambiente social aparece noutras novelas, aínda que non sempre como tema central, así sucede en obras como “Pantelas, home libre”, “O señorito da Reboraina”, “O mesón dos ermos”.

Un aspecto moi importante da narrativa é a presenza da paisaxe, presentada ás veces de forma realista e outras de forma lírica.

As novelas centradas no s. XX teñen un enfoque moi diferente, son novelas máis idealistas cheas de referencias culturais e nelas atopamos unha Galiza tratando de saír da crise que vive o século e tratando de buscar o seu lugar na historia. Destas novelas a máis interesante é “Arredor de si” (1930), nela Adrián Solovio, que é o propio Otero, descobre a cultura galega coa cal acabará sentíndose un cidadán europeo e universal.

2. Teatro:

Neste xénero Otero recibe as influencias que incorpora Castelao do teatro simbolista europeo. O seu é un concepto de teatro global no que ha de contar non só o texto, senón a música, as cores, a danza… Neste camiño están as obras tituladas “A lagarada” (1929), que é unha traxedia ambientada na recollida e elaboración do viño; “O desengano do prior” (1930) é a historia dun prior que regresa do outro mundo e ve as transformacións que se fixeron na súa vila e as critica por estar en contra delas.

3. Ensaio:

O máis interesante e importante e que o podemos considerar como un resumo do pensamento de Otero, é o titulado “Ensaio histórico sobre a cultura galega” (1933), nel expón a idea de que a cultura galega é europea e sobre todo atlántica e nada ten que ver coa cultura española.

Outros ensaios son: “Guía de Galiza” (1926), “Pelerinaxes” (1927), “Polos vieiros da saudade” (1952).

Entradas relacionadas: