Motor interno da Terra e tectónica de placas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,84 KB

Motor interno da Terra

Transporte de calor na xeosfera:

  • Fluxo térmico: Cantidade de enerxía calorífica que chega á superficie terrestre desde o interior do planeta. Pode transmitirse por condución, pero, pola baixa condutividade das rochas, este proceso é lento.
  • Correntes de convección: O material quente, menos denso e máis lixeiro, ascende á superficie. Cando arrefría, o material aumenta a súa densidade e volve afundirse. Este proceso é creado polo forte cambio de temperatura entre a litosfera e a capa D.
  • Corrente ascendente: Formada polos penachos térmicos ou plumas de magma, que veñen da capa D.
  • Corrente descendente: Débese á gravidade, que actúa sobre as placas litosféricas.

Movementos verticais da litosfera

  • Isostase: A litosfera ríxida flota sobre o manto sublitosférico mantendo un equilibrio de flotación.
  • Subsidencia: Aumento de peso sobre a litosfera que pode provocar o seu afundimento.

Movementos horizontais da litosfera

  • Wegener e a hipótese da deriva continental: Relacionaba moitos fenómenos observados no campo da paleontoloxía, petrololoxía, paleoclimatoloxía, xeodesia e xeografía.
    • Afirmaba que os continentes podían desprazarse e que, hai 300 millóns de anos, estiveran unidos formando unha masa continental (Panxea). Para demostrar a súa teoría, presentou probas, pero non se podía explicar cal era a forza que os empurraba, polo que suxeriu que podería ser a rotación terrestre.
  • Hipótese da expansión do fondo oceánico: Despois da 2ª Guerra Mundial, houbo moitas exploracións e novos métodos baseados na radioactividade e no magnetismo remanente das rochas. O conxunto destes descubrimentos rematou con esta hipótese de Harry Hess, que dicía que a expansión dos fondos oceánicos ocorre nas dorsais.

Tectónica de placas

  • Probas:
    • Cartografía de fondos oceánicos: Mostra dorsais, fosas e grandes fallas submarinas.
    • Medicións directas: Demostraron o desprazamento e a dirección que seguen as placas actuais.
    • Espesor de sedimentos: Diminúe desde os bordos continentais ata volverse case inexistente nas dorsais.
    • Idade das rochas: Aumenta desde o centro das dorsais cara aos continentes.
  • Movementos relativos das placas:
    • Bordos: Lugares de contacto entre as placas. O tipo de bordo depende dos movementos relativos que realicen as placas e de como actúan entre elas.
    • Converxente: Produce a colisión dos continentes e a destrución de litosfera oceánica; e xera fenómenos oroxénicos (montañas, cordilleiras…).
    • Diverxente: Creación de litosfera oceánica e formación de dorsais oceánicas.
    • De cizalla: Produce bordos conservadores ou pasivos e xera fallas transformantes.

Bordos converxentes

  • Zonas de subdución:
    • Destrúese a litosfera oceánica.
    • Hai unha intensa actividade sísmica e volcánica.
    • Prodúcese magmatismo pola fusión do basalto da placa subducente.
    • Prodúcese metamorfismo e deformación polo incremento da presión e da temperatura.
  • Bordos converxentes de colisión continental:
    • O grosor da litosfera continental aumenta e chega a duplicarse, debido ao encabalgamento dunha placa sobre outra.
    • Fórmase unha cordilleira.
    • Prodúcese un ascenso isostático do oróxeno polo pulo que exerce o manto sobre a litosfera.

Entradas relacionadas: