Modo e punto de articulación na fonética galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Música
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,14 KB
Polo modo de articulación
Polo modo de articulación: posición dos órganos no momento de expulsar o aire.
- Oclusivas: prodúcese unha obstaculización á saída do aire para, a continuación, expulsalo de golpe: /p/ /b/ /t/ /d/ /k/ /g/.
- Fricativas: a cavidade bucal estréitase, facendo que o aire saia rozando: /f/ /θ/ /s/ /ʃ/.
- Africada: consta de dous tempos; primeiro obstaculízase por completo a saída do aire e, posteriormente, expúlsase cun rozamento: /tʃ/.
- Nasais: unha parte do aire é expulsado polas fosas nasais: /m/ /n/ /ɲ/ /ŋ/.
- Laterais: na súa realización a lingua elévase facendo que o aire saia polos lados da cavidade bucal: /l/ /ʎ/.
- Vibrantes: ao saír o aire fai vibrar unha ou varias veces o ápice ou punta da lingua. Segundo a menor ou maior vibración distinguimos entre simple /ɾ/ e múltipla /r/.
Polo punto de articulación
Polo punto de articulación: lugar onde se produce a última parte do fonema.
- Bilabiais: prodúcense entre os labios inferior e superior: /b/ /p/ /m/.
- Dentais: a lingua aproxímase á parte interna dos dentes superiores: /d/ /t/.
- Labiodental: o labio inferior toca os dentes superiores: /f/.
- Interdental: a punta da lingua colócase entre os dentes superiores e inferiores: /θ/.
- Alveolares: a punta da lingua achégase aos alvéolos /l/ /n/ /s/ /ɾ/ /r/.
- Palatais: a parte central da lingua achégase ao padal duro: /ʃ/ /tʃ/ /ʎ/ /ɲ/.
- Velares: a parte posterior da lingua achégase ao veo do padal ou padal brando: /k/ /g/ /ŋ/.