Mitos, deuses e heroes da Grecia antiga
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,86 KB
I- Os Mitos
Son relatos fabulosos, transmitidos oralmente de país a fillos, que supostamente tiveron lugar nun tempo pasado exemplar. Concrétanse a través dos séculos nas obras literarias.
II- Os Deuses Gregos
1- Características dos deuses:
A-Son antropomórficos e atribúenselles sentimentos, virtudes e defectos humanos, pero en grao sumo. B-Están suxeitos ós mesmos erros e perigos que os homes. C-Actúan como homes. D-Hai unha xerarquía entre eles. E-Son inmortais. F-Non son todopoderosos, pois por riba deles está o Destino.
2- Os deuses Olímpicos
Críase que vivían no monte Olimpo (agás Hades/Plutón, que vivía nos infernos). Son trece:
- Zeus/Xúpiter: deus de deuses e señor das tempestades. Os atributos son o raio, cetro e aguia.
- Hera/Xuno: deusa do matrimonio. Os atributos son a granada e o pavo real.
- Posidón/Neptuno: deus do mar. Os atributos son o tridente e o cabalo mariño.
- Hestia/Vesta: protectora do fogar. Os atributos son o lume e o altar.
- Deméter/Ceres: deusa dos cereais. Os atributos son a espiga e a fouce.
- Hermes/Mercurio: mensaxeiro dos deuses. Os atributos son as ás, o caduceo e o sombreiro.
- Atenea/Minerva: deusa da guerra, as artes e a sabedoría. Os atributos son a curuxa, armas e oliveira.
- Hefesto/Vulcano: deus do lume. Os atributos son a zafra e as tenaces.
- Apolo/Apolo: deus da luz, adiviñación, música e a saúde. Os atributos son o loureiro, arco e lira.
- Afrodita/Venus: deusa do amor e a beleza. Os atributos son a pomba rosa, mazá e cuncha.
- Ares/Marte: deus da guerra. Os atributos son o casco, escudo e espada.
- Artemisa/Diana: deusa da caza e da fertilidade. Os atributos son a lúa, arco, cervo e can.
- Dioniso/Baco: deus do viño, teatro e paixóns humanas. Os atributos son a pantera, copa e acio de uva.
3- Outros deuses e heroes:
A- Deuses de rango inferior
- Perséfone/Prosérpina: filla de Zeus e Deméter e raptada por Hades para convertila na súa muller.
- Asclepio/Esculapio: fillo de Apolo e deus da medicina.
- Eros/Cupido: deus do amor, representado con ás, arco e frechas.
B- Divinidades colectivas:
Representadas en grupos e vinculadas ó culto a aspectos da natureza.
- Erinias/Furias: vivían nos infernos e vingaban os crimes que atentaban contra a familia.
- Moiras/Parcas: rexían o destino das persoas.
- Musas: protexían e eran as inspiradoras da poesía, artes e ciencias. Eran nove: Calíope (epopeya), Clío (historia), Tepsícore (poesía popular e danza), Melpómene (traxedia), Talía (comedia), Polimnía (lírica), Érato (elegía), Urania (astronomía) e Euterpe (música).
- Cárites/Grazas: eran tres e repartían fermosura e simpatía entre as persoas.
- Ninfas: personificaban a fecundidade da natureza. Atribuíaselles a protección de nenos, bosques e montañas.
- Ménades/Bacantes: formaban parte do cortexo de Dioniso/Baco.
- Sátiros: chamados tamén Faunos, Silvanos ou Silenos. Representábanse como seres metade home, metade macho cabrío e con cola de cabalo. Custodiaban os bosques e as montañas. Tamén formaban parte do cortexo de Dioniso.
- Pan: deus protector de pastores e rabaños. Represéntase como un sátiro con cornos, barba e orellas peludas.
C- Os heroes:
Tamén chamados semideuses, son persoas nacidas dunha divinidade e un mortal. Esta denominación aplicouse máis tarde a seres humanos considerados semideuses polas súas fazañas excepcionais:
- Heracles/Hércules: acadou a fama polos doce traballos cos que conseguiu manter a Anfitrión no trono de Tebas.
- Teseo: matou ó Minotauro.
- Ariadna: axudou a Teseo a saír do labirinto tras matar o Minotauro.
- Perseo: cortou a cabeza da Medusa.
- Orfeo: baixou ós infernos para rescatar a súa muller Eurídice, aínda que sen éxito.
III- Os Xéneros Literarios en Grecia
1- A ÉPICA:
É un xénero narrativo en verso que narra feitos históricos reais ou ficticios do pasado, acaecidos nun lugar e tempo limitados.
O principal poeta épico grego é Homero (S VIII A de Xto). Os seus poemas eran recitados con acompañamento de lira nas festas populares:
- A Ilíada: narra os sucesos do último ano da guerra de Troia. Os personaxes son de nobre estirpe. Os deuses son os culpables das faltas dos homes, pois son eles quenes os moven a actuar.
- A Odisea: narra a volta á Ítaca de Odiseo/Ulises tras a destrucción de Troia. Reflicte mellor a sociedade da época que “A Ilíada”. Os deuses non son os reponsables das desgrazas dos homes, senón que, segundo Zeus, débense ós seus propios abusos. Homero creou unha lingua literaria artificial, o xonio culto, que será no sucesivo a lingua da épica e na que destacan recursos estilísticos como os epítetos.