Minerais, Cristais e Rochas: Guía Completa das Súas Propiedades e Formación
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,78 KB
Minerais e Cristais
Un mineral é unha substancia sólida, natural, non producida polos seres vivos, que posúe unha composición química definida e unha estrutura atómica ordenada. Os minerais teñen forma poliédrica, con caras planas, arestas e vértices, e son cristais.
Cristalización
A cristalización pode producirse por:
- Precipitación: a partir dunha disolución.
- Sublimación: de substancias disoltas en gases.
- Solidificación: de materiais fundidos.
Propiedades dos Minerais
- Dureza: É a resistencia que opón o mineral a ser raiado. É moi brando se se raia coa uña; se non se raia cun vidro, duro ou moi duro se non se raia co vidro.
- Densidade: É a súa masa por unidade de volume.
- Brillo: É o aspecto ofrecido pola superficie do mineral ao reflectir a luz. Pode ser vítreo, metálico, sedoso, graxo, etc.
- Tenacidade: Resistencia que ofrece un mineral a romper ao ser golpeado ou premido.
- Exfoliación e Fractura: Se se divide de maneira irregular, dicimos que se produciu unha fractura. Se o fai de maneira regular, falaremos de exfoliación.
Principais Minerais
- Calcita: A súa cor é branca ou parda e o seu brillo, vítreo. Desprende burbullas cos ácidos. Utilízase para fabricar cemento e cal.
- Xeso: A súa cor é branca e o seu brillo, vítreo ou sedoso. É o compoñente case exclusivo da rocha do mesmo nome. Con el fabrícase o xeso usado en construción ou as vendaxes para fracturas.
- Halita: A súa cor é branca ou incolora e o seu brillo, vítreo. O seu sabor é salgado e é o compoñente case exclusivo da rocha do mesmo nome. Utilízase como condimento en cociña e na conservación de alimentos.
Metaformismo
Transformación que experimentan as rochas en estado sólido como consecuencia dun incremento de presión e/ou temperatura. Orixinan:
- Foliación: Disposición en láminas producida ao reorientarse os cristais.
- Recristalización: Aumento do tamaño dos cristais que tiña a rocha orixinal.
- Formación de novos minerais: Estables nas novas condicións de presión e temperatura.
Textura das Rochas Metamórficas
Texturas con Foliación
Orientación preferencial de cristais laminares ou alongados. Tres tipos:
- Louseña: Foliación plana, cristais moi pequenos.
- Xistosa: Ondulada e os cristais son observables a simple vista.
- Gneisica: Cristais moi grandes, distribúense en bandas aliñadas alternativamente claras e escuras.
Textura sen Foliación ou Granoblástica
Rochas que non posúen cristais alongados ou laminares, cristais cuxo tamaño é aproximadamente igual en todas as direccións.
Rochas Metamórficas Frecuentes
- Lousa: Ten foliación plana e fórmase a partir de arxilas sometidas a presións e temperaturas baixas.
- Gneis: Ten bandas claras de cristais grandes de cuarzo e feldespatos que alternan con bandas escuras de micas. Pódese formar por metaformismo do granito ou de arxilas.
- Mármore: Ten textura granoblástica. Orixínase por metaformismo da calcaria.
- Xisto: Ten foliación ondulada. Fórmase por metaformismo das arxilas.
- Cuarcita: Orixínase por metaformismo da areísca.
Tipos de Rochas Ígneas
- Rochas Volcánicas: Rápida solidificación do magma na superficie terrestre.
- Rochas Plutónicas: Lenta solidificación do magma no interior terrestre, de amplas zonas denominadas cámaras magmáticas.
- Rochas Filonianas: Profundidade intermedia entre as dúas anteriores.
Texturas Rochas Ígneas
Grao de Cristalización
- Holocristalinas: Integramente constituída por cristais.
- Hipocristalina: Cristais grandes, dentro dunha masa vítrea.
- Vítrea: Masa amorfa con aspecto de vidro.
Tamaños dos Cristais
- Homométrica: Os cristais teñen un tamaño similar.
- Heterométrica: Tamaños diferentes.
- Porfírica: Heterometría, os cristais teñen tamaños moi diferentes.
Rochas Volcánicas
Fórmanse na superficie terrestre a partir dos materiais expulsados polos volcáns. O rápido arrefriamento impide que o magma cristalice ben; a textura das rochas volcánicas é vítrea ou hipocristalina. Este tipo de textura recibe o nome de vacuolar.
Rochas Volcánicas Frecuentes
- Basaltos: Ten cor escura, textura hipocristalina.
- Pumicita: Cor clara, os ocos que presenta permiten que flote na auga.
- Obsidiana: Dura, de cor negra e textura vítrea.
Rochas Plutónicas
- Granito: Ocupa boa parte da codia, formado por cuarzo, feldespato e micas.
- Sienita.
- Gabo: Ten cor escura.
- Peridotita: Ten cor verde escura. Rocha máis importante no planeta.
Rochas Filonianas
Teñen textura holocristalina. Diferenciarémolas das plutónicas porque os seus cristais son todos de tamaño moi pequeno ou presentan uns moi grandes e outros moi pequenos (textura porfírica). Rochas: Aplita e pórfiros.
O Ciclo das Rochas
Non hai un itinerario obrigado, as transformacións poden non afectar a toda a rocha, non é un ciclo pechado.