Migracións: Mobilidade da Poboación e os seus Movementos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,66 KB

As Migracións: Mobilidade Espacial da Poboación

As migracións son os movementos de poboación no espazo. Distinguimos entre emigración, ou saída de poboación dende o seu lugar de orixe; e inmigración, ou chegada de poboación a un lugar de destino. O saldo migratorio é o balance entre a inmigración e a emigración. Se é positivo indica inmigración e, se é negativo, indica emigración.

Movementos Emigratorios Interiores

Son os movementos de poboación dentro das fronteiras do país. Tradicionalmente respondía a motivacións laborais e o perfil característico do emigrante era unha persoa nova con baixo nivel de cualificación. Xeralmente ían do campo ás cidades industrializadas.

O éxodo rural tivo lugar entre 1900 e 1975. É unha migración entre áreas rurais e urbanas con carácter definitivo ou de larga duración. A súa motivación principal foi conseguir traballo e ingresos máis altos. Os emigrantes procedían de zonas atrasadas e dirixíronse, primeiro, ás zonas industriais de Cataluña, o País Vasco e Madrid, e máis tarde, ás novas áreas industriais do Mediterráneo e o val do Ebro e ás zonas turísticas de Levante, Baleares e Canarias.

É o momento de maior crecemento natural e sobrepoboación no campo, pero estancouse do 75 ao 95 debido á crise do petróleo, que multiplicou o seu prezo por 10 no ano 73, producindo un forte problema económico que destruíu moito emprego e, ao non gañar os suficientes cartos, os traballadores volvían ao campo.

Estas migracións interiores tiveron numerosas repercusións como os desequilibrios na distribución da poboación, o descenso da produtividade no campo, problemas de solo, vivendas e servizos na cidade; problemas de asimilación entre a xente do campo e da cidade, e deterioro dos ecosistemas tradicionais ante a contaminación das cidades.

Actualmente o éxodo rural alcanza valores moi baixos, pero existiron entre 1995 e 2008 grandes movementos de man de obra cualificada e non cualificada cara as zonas turísticas e as grandes cidades. Un lugar de destino eran as illas Canarias e Madrid polo sector da construción, no que había máis emprego e maiores salarios.

Movementos Emigratorios Exteriores

Son os movementos de poboación fóra das fronteiras do propio país. Dende mediados do XIX ata a crise económica de 1975, España foi un país de emigrantes cuxo destino se atopaba en ultramar e Europa occidental. A partir de entón, paralizouse a emigración e España converteuse nun país de inmigración.

A emigración transoceánica dirixiuse especialmente a América Latina e secundariamente a Estados Unidos, Canadá e Australia. En moitos casos foi permanente e asistida, pero tamén houbo saídas por motivos de traballo.

Até o ano 1914, co inicio da Primeira Guerra Mundial, estaba no seu momento de auxe, pero ao non participar España no conflito esta freouse. Europa estaba entre dúas guerras e nunha situación de crise polo que non se demandaba man de obra exterior. A partir de 1853 a emigración contemplouse dunha maneira legal e axúdase á xente a saír a través dunha nova lei. Neste momento prodúcese un crecemento da natalidade e unha redución da mortalidade, aumentando o crecemento natural e a sobreprodución. Podemos dicir que entre 1853 e 1914 destaca a emigración a América, entre o 14 e o 45 a inmigración de indianos e até o 60 unha nova emigración transoceánica. No 60 parase xa que a economía de América latina cambia, contando España cunha mellor situación. Así, neste período os emigrantes diríxense a Europa do norte e occidental até o ano 73 coa crise do petróleo.

Estes emigrantes adicábanse primeiro a labores do campo, logo pasaron ao sector urbano ocupando traballos de baixa cualificación (taxistas, tendeiros...), industriais e, en menor medida, ao sector servizos.

Nas últimas tres décadas produciuse un incremento de emigración de persoal cualificado cara as cidades europeas occidentais e EEUU, o que prexudica ao país xa que se encarga de financiar o seu estudo e despois estes dan o seu traballo noutros países.

Movementos Inmigratorios

Dende mediados dos 80 e sobre todo dende 1995, España está a recibir un elevado volume de inmigrantes. Dentro deste grupo diferéncianse os estranxeiros nacionalizados tras varios anos de permanencia no país, que pasan a ser españois de pleno dereito; os inmigrantes legais, que obteñen o permiso de residencia pero manteñen a nacionalidade de orixe; e os ilegais.

Esta inmigración é tan elevada xa que en España, nunha gran situación económica, se precisaba moita man de obra pouco cualificada e estipuláronse certas medidas que atraeron a novos inmigrantes como as regularizacións de ilegais e o reagrupamento familiar. Ademais, a súa proximidade con África convértea na porta de entrada dos africanos a Europa, os lazos histórico-culturais favorecen a chegada de latinoamericanos, e o clima atrae a persoas do centro e norte de Europa. Destacan tamén os emigrantes europeos que volven a España neste momento de crecemento económico. Por parte dos inmigrantes estranxeiros inflúen moitos motivos económicos e políticos.

A procedencia maioritaria foi europea ata 1996 e despois de África, Iberoamérica e Asia. O seu destino principal son as comunidades con grandes centros urbanos e de servizos, pero a saturación do mercado laboral destas rexións provocou migracións cara ao interior e o Cantábrico.

A inmigración tivo varias consecuencias tanto boas como malas. Por unha parte, a inmigración achega poboación activa, que desempeña as tarefas máis duras e peor remuneradas, e contribuíron decisivamente ao crecemento demográfico. Aínda así tamén se relaciona con algúns problemas como a perda de competitividade, a presión á baixa dos salarios ou o aumento do déficit exterior debido aos cartos que estes mandan aos seus países.

Esta situación fixo que xurdiran actitudes xenófobas ou racistas, sempre dirixido cara os inmigrantes procedentes de áreas subdesenvolvidas e outras áreas culturais. Trátase dunha postura equivocada, procedente da idea de que chegan aquí a “quitarnos os postos de traballo” e “teñen grandes vantaxes”, xa que estes inmigrantes ocupan os traballos máis pesados, aínda se teñen unha alta cualificación académica, e proporcionan unha man de obra barata, a miúdo explotada. En contra do que se pensa moitos deles teñen formacións superiores e o seu índice de criminalidade non é superior ao nacional. E a todo isto súmaselle o feito de que a Lei de Estranxeiría, elaborada para regular todos os aspectos da inmigración, vulnera a legalidade nacional.

Entradas relacionadas: