Locucións latinas de uso común: Guía e significado

Enviado por Chuletator online y clasificado en Latín

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,06 KB

Locucións latinas de uso común

Alma mater: “Nai nutricia”. Institución que vela polos cidadáns, que os alimenta, v.gr. a universidade, ou persoa relevante dentro dun grupo, que protexe ou coida dos demais.

Ad kalendas graecas: “Para as calendas gregas”. Ou sexa, nunca.

Corpore insepulto: “Corpo sen sepultar”. Dise do funeral que se celebra cando aínda non se enterrou o cadáver.

Condicio sine qua non: “Condición sen a cal non...”. Condición necesaria, indispensable.

Curriculum (vitae): “Carreira da vida”. Conxunto de méritos profesionais.

Deo iuvante: “Axudando Deus”. Coa axuda de Deus.

Deo volente: “Se Deus quere”, “Deus mediante”.

Exempli gratia: “Pola gracia do exemplo”. Por exemplo. = verbi gratia.

Ex libris (scientia): “A ciencia procede dos libros”. Marca ou anagrama nun libro que indica, ademais da importancia dos libros, o posuidor do mesmo.

Ex professo: “A propósito, voluntariamente”.

Honoris causa (doctor): “Por causa de honor”. Cando a algún personaxe se lle outorga unha honra que os demais conseguiron a forza de estudos ou traballo; usado sobre todo na concesión de doutorados universitarios.

Homo homini lupus: “O home é un lobo para o home”.

Intelligentibus pauca: “Para os intelixentes, poucas (palabras fan falta)”. Como di o refrán: "a bo entendedor poucas palabras".

Habeas corpus: “Teñas o corpo”. Dereito de todo cidadán detido ou preso de comparecer inmediatamente ante un xuíz ou tribunal, para que, oíndoo, resolva se o seu arresto é legal ou non.

In medio (stat) virtus: “A virtude está no medio”. É dicir, igualmente afastada dos extremos.

In dubio, pro reo: “En caso de dúbida, a favor do acusado”. Principio xurídico.

Ipso facto: “Polo feito mesmo”. Inmediatamente, no acto.

In extremis: “No último momento”. Nalgún contexto pode asimilarse a in articulo mortis.

Lapsus: “Esvarón”. Erro ou esquecemento na dicción (linguae) ou na escritura (calami).

Lato sensu: “En sentido lato”, “no amplo sentido da palabra”. En oposición a strictu sensu.

Mutatis mutandis: “Cambiadas (as cousas) que deben ser cambiadas”. Salvando as distancias... (o feito é o mesmo pero cambian as circunstancias, tempo, lugares, etc.).

Motu proprio: “Por propio movemento”. Voluntariamente, por propia iniciativa.

Mens sana in corpore sano: “Unha mente sa nun corpo san”.

Modus operandi: “Modo de operar”. Maneira de traballar, de actuar.

Manu militari: “Con man militar”. En momentos de guerra ou de estado de excepción confíanse á xustiza militar delitos que normalmente son xulgados por tribunais civís. Tamén se pode empregar no sentido de “con man dura”, “pola forza”, etc.

Maremágnum: “Mar grande”. Situación que supera a un, por tamaño ou complexidade; confusión, desorde.

Nasciturus: “O que vai nacer”. Xuridicamente o ser humano meramente concibido mentres permanece no útero materno.

Numerus clausus: “Número pechado”. Número limitado de admisión de alumnos na universidade.

Peccata minuta: “Pequenos pecados”. Cousas sen importancia nunha negociación ou na actuación dunha persoa.

Per capita: “Por cabeza”. É dicir, “por persoa”, como por exemplo a “renda per capita” dun país.

Requiescat in pace (R.I.P.): “Descanse en paz”. Inscrición habitual nas lápidas funerarias.

Sui generis: “Do seu xénero, do seu tipo”. Especial, peculiar.

Sine die: “Sen día determinado, sen data fixa”. Dise dunha reunión aprazada ou dun xuízo para o que non hai posta data.

Si vis pacem, para bellum: “Se queres a paz, prepara a guerra”.

Superávit: “O que sobrou”. Exceso do haber sobre o debe nun balance económico (os ingresos superan aos gastos).

Urbi et orbi: “Para a cidade e para o mundo”, “Aos catro ventos”. Dise da bendición papal, que se estende ao mundo enteiro.

Ubi tu Caius, ego Caia: “Onde ti sexas Caio, eu tamén serei Caia”. Fórmula coa que na antiga Roma a esposa se presentaba na casa do marido.

Ultimátum: Última oportunidade a alguén para realizar unha acción, normalmente en contextos políticos ou bélicos.

Viceversa: “Volta a vez”, ”cambiada a orde”. Ao revés.

Entradas relacionadas: