Literatura Galega no Exilio e Fins do Século XX: Poesía, Narrativa e Teatro

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,25 KB

Literatura Galega no Exilio

Poesía do Exilio

A maioría das obras están ligadas ao grupo de Bos Aires, cuxas publicacións chegaban aos grupos galeguistas de Galicia rapidamente.

  • Luis Seoane: Pintor, gravador, autor de teatro, editor e poeta. Publicou "Fardel do Exilado", un poemario social-realista que denuncia as causas que provocan a emigración. "Na Bretaña de Santiago" está centrada na evocación da Galicia medieval. "As cicatrices" e "O maior abondamento" son as restantes obras.
  • Lorenzo Varela: Fillo de emigrantes en Bos Aires, incorporouse ao grupo máis activo. Publicou "4 poemas para 3 gravados", na que desenvolve os cadros de 4 personalidades históricas (María Pita, Mª Balteira, Roi Xordo e Bispo Adaulfo).
  • Emilio Pita: Mantivo un activismo político e cultural intenso. Obras: "Jacobusland", "Cantigas de neno, serán e polos camiños do pobo".

Narrativa do Exilio

Centrouse na temática da Guerra Civil. A maior parte desta obra foi reducida á condición de autobiografía ou realista en exceso.

  • Ramón de Valenzuela: "Non agardei por ninguén" céntrase nas peripecias do protagonista no seu paso polo exército franquista. "Era tempo de apandar" conta a vida do narrador en Francia.
  • Silvio Santiago: Deixounos dúas obras: "Vilardevós", onde o narrador escribe evocando o pasado e cando finalmente regresa á aldea, despois da estadía en América, e "O silencio redimido", que conta a traxedia vivida por moitos galegos na guerra.

Teatro no Exilio

  • Castelao: Buscaba unha forma dramática que mantivese a galeguidade superando o realismo decimonónico. Comezou a escribir "Os vellos non deben namorarse" durante a República e retomaría o labor xa no exilio, de aí que a obra sexa a máis leda ao comezo. Está estruturada en 3 lances autónomos relacionados polo prólogo, a temática e o epílogo. O tema tratado é o dos amores serodios.
  • Luis Seoane: Apoiou sempre as iniciativas, aínda que como dramaturgo non estreou nada. Tres obras: "O irlandés astrólogo", "Esquemas de farsa" e "A soldadeira".
  • Eduardo Blanco Amor: Dúas obras: "Farsas para títeres" e "Proceso en Jacobusland", para unha minoría cultivada, e "Cantares dos cantares" e "Teatro para a xente", para as masas aculturadas en castelán.

Poesía de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Tendencias

A publicación en 1976 de "Con pólvora e magnolias", de X.L. Méndez Ferrín, e "Mesteres", de Arcadio Casanova, marca a ruptura co realismo social e o inicio das novas tendencias, unha nova etapa na poesía caracterizada pola apertura cara a temas de tipo intimista, existencial, metafísico, mitolóxico e cultural, así como por unha maior atención á dimensión estética do poema en oposición ao prosaísmo da tendencia anterior. Podemos distinguir dúas etapas:

  • Finais dos 70 e década dos 80: Como consecuencia da ruptura co social-realismo prodúcese un distanciamento entre o poeta e a sociedade. A dedicación do Día das Letras Galegas de 1979 a Manuel Antonio inflúe nun maior achegamento á súa poética. Prodúcese unha actitude neovangardista na que o poeta pasa a ser, ante todo, o creador singular. As tendencias ruralistas e popularizantes son desbotadas, producíndose unha integración dos elementos da cultura urbana e marxinal (de novo coincidindo coas vangardas) con elementos acordes cos novos tempos (drogas, depresións, enfermidades mentais...). Tamén hai unha recuperación do intimismo e do erotismo implícito. Predomina a preocupación formalista xunto co barroquismo. A poesía é a arte da linguaxe.

Autores Destacados

  • Miguel Anxo Fernán-Vello (1958): Nos seus primeiros libros, o amor é o eixo temático da súa poesía: o amor correspondido, o desexo ou a ausencia da persoa amada, abordados por medio dunha linguaxe diáfana, de delicadas imaxes, na procura do equilibrio entre a sensualidade e a abstracción sintética en "Do desexo en corpo e sombra" (1984). A partir da publicación de "Livro das paisaxes vivas" (1985), a paisaxe e o tempo convértense no núcleo semántico.
  • Darío Xohán Cabana (1952): Discípulo de Manuel María, inicia a súa andaina literaria como poeta en 1970. Forza expresiva, rigor e dominio das formas clásicas (emprego do hendecasílabo) caracterizan a súa poesía. "Vinte cadernos (Poemas 1969-2002)" reúne a súa obra poética ata ese ano.
  • Manuel Forcadela (1958): A súa obra exemplifica a liña culturalista e esteticista, especialmente en "Ferida acústica de río" (1982), unha obra que contén referencias intertextuais a escritores como Homero, Petrarca e Pessoa, e concede grande importancia á música.

Liñas Temáticas e Autores a Partir dos 90

  • O discurso natural: Aglutina aos autores que cultivan unha poesía intelixible e emotiva, que parte da experiencia cotiá, empregando unha linguaxe directa e clara co obxectivo de implicar ao lector no poema. Salientamos Fran Alonso e Rafa Villar con "Liques de memoria" (1993).
  • O discurso libertario: Esta tendencia cuestiona os prexuízos da linguaxe recibida, que pode actuar como instrumento de poder e control. Destacan os autores do colectivo Ronseltz, Olga Novo e Yolanda Castaño con "O libro da egoísta" (2003).
  • O discurso hermético: Caracterízase polo emprego dunha linguaxe culta e complicada. Inclúe a María do Cebreiro e Chus Pato (1955) con "Urania" (1991).
  • Ana Romaní (1962): A súa lírica tende ao intimismo. Temas: amor, erotismo, soidade, identidade e muller. Obra significativa: "Das últimas mareas" (1994).
  • Miro Villar (1968): Cultiva unha poesía espida e minimalista. Obra: "Casa ou sombra" (1997).

Entradas relacionadas: