Lingua galega e literatura
Enviado por lidia y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,94 KB
O adxectivo: definición e recoñecemento
Os adxectivos forman unha clase de palabras independente da dos substantivos, coa que, así e todo, gardan unha similitude considerable, ata o punto de que non é infrecuente referirse a ambas conxuntamente baixo a denominación de comes.MORFOLOXICAMENTE caracterízanse por ser palabras variables, pois todos os adxectivos teñen que concordar en xénero e número co elemento que rexe as relacións de concordancia (xeralmente un substantivo) os meniños quedaron tristesSEMANTICAMENTE caracterizanse por expresar propiedades e calidades atribuidas á entidade denominada polo substantivo. Unha casa pequena e confortableSINTACTICAMENTE caracterízanse por desempeñar a función de núcleo da frase adxeciva, que á súa vez ten unha función dependente que a pon en relación co elemento que dita a concordancia: «O mantel quedou branco coma a neve».
O Constituíntes morfolóxicos do adxectivo:O adxectivo está constituido, coma o substantivo, por unha raíz e uns afixos, e estes poden flexivos ou derivativos.
O morfema de xénero marca a concordancia en masculino ou en feminino determinada polo substantivo. Todos os adxectivos están funcionalmente sometidos a esta concordancia, pero non todos presentan formas diferenciadas. Por esta razón, os adxectivos clasifícanse en:• Adxectivos invariables, presentan igual forma para o masculino e o feminino:Amable • Adxectivos variables, con formas diferenciadas para os dous xéneros: portugués portuguesaO morfema de número marca a concordancia en singular ou en plural determinada polo substantivo. Son poucos os adxectivos que non teñen formas diferenciadas polo número, pero así a todo pódense establecer dous grupos:• Algúns dos adxectivos invariables canto ao xénero son tamén invariables canto ao número: choromícas, unisex.• Todos os demais, sexan variables ou invariables canto ao xénero, son variables canto ao número: fácil/facilesComa no caso do substantivo, existe a posibilidade de engadir morfemas facultativos: ALTA - altiña, altísima, altona, altota.Pola súa constitución, os adxectivos poden ser simples, derivados e compostos:alto, mañoso(maña), malsoante (mal+soante). Polo tanto, na estrutura morfolóxica dos adxectivos hai que ter presente a posibilidade de que se integren morfemas derivativos, en forma de prefixos ou sufixos: infiel (fiel) gasoso (gas), deshonroso (deshonra)
O Clasificación e posición dos adxectivosOs adxectivos expresan características ou propiedades atribuibles a unha entidade, de tipos moi diferentes: dimensións (longo, pequeno) , propiedades físicas (pesado, líquido, doce), cor (negro), trazos de carácter (bo, ruin), etc. Atendendo a unha serie de trazos semánticos e sintácticos, os adxectivos clasificanseen dous grandes grupos básicos: Os adxectivos relacionais son derivados e equivalen polo xeral a ‘de + substantivo base da derivación’: metálico ‘de metal’, provincial ‘da provincia’. Nunca se sitúan antes do substantivo: un bando municipal, non *un municipal bando. • Os restantes son adxectivos cualificativos ou atributivos (tamen chamados non relacionais): baixo, ceibe. Poden ocupar as dúas posicións. (un dia fatidico, un fatidico dia) Un mesmo adxectivo pode ser relacional ou atributivo con distintos significados: un día festivo ‘un día de festa, non laborable’ / un día festivo, un festivo día ‘un día alegre. un alegre día’. Ademais, os adxectivos pódense clasificar atendendo ao tipo de función modificadora que desempeña a súa frase. En virtude disto distínguese entre adxectivos especificativos e explicativos: O adxectivo especificativo é o núcleo dunha frase que expresa unha característica non compartida de seu por todos os individuos da clase nomeada polo substantivo, polo que serve para diferenciar os que a posúen doutros que non a teñen unha ponte baixa, unha ponte alta. Na posición normal, tras o substantivo, son descritivos; os que, ademais, son cualificativos, poden ser desprazados para antes engadindo un matiz valorativo: un camiño longo / un longo camiño. •adxectivo explicativo ou epíteto é núcleo dunha frase que salíenta unha característica que se considera propia da entidade nomeada polo substantivo, como fría respecto de neve ou duro respecto de pedernal. Úsanse con frecuencia antepostos ao substantivo: a fría neve, o duro pedernal.
O Función dos adxectivos O adxectivo é núcleo dunha frase adxectiva. Con frecuencia é o único integrante da súa frase, pero pode estar complementado por cuantificadores (moi, pouco) e por modificadores. As funcións da frase adxectiva son tres, todas elas relacionadas de forma máis ou menos directa co elemento que determina a concordancia: -Modificador do núcleo (substantivo) dunha frase nominal; «unha curta viaxe». -Atributo; «O traballo foi esgotador». -Complemento predicativo; «Os peregrinos entraron no Obradoiro cheos de suciedade». Adxectivos e participios A frase adxectiva comparte estas funcións co participio, por iso chamado adoito adxectivo verbal, e de feito algúns participios chegaron a lexicalizarse como adxectivos, como feito ou desfeito; ADXECTIVO: Ela estaría desfeita, pero aínda tivo forzas para nos facer unhas bromas (‘moi cansa’). PARTICIPIO: Non quixo deixar desfeito o castelo, Non deixou gardadas as pezas porque non deu desfeito o castelo. O castelo está desf cita no chan, pero as pezas seguen sen estar gardadas [Temos que desfacer o castelo para gardar as pezas.O participio é unha variante do paradigma verbal. Aínda tendo presentes estes casos de dobre adscrición, cómpre manter separada a clase de palabras adxectivo e a clase de palabras verbo, que inclúe as formas do participio. Adxectivos e substantivos Os adxectivos e os substantivos comparten algunhas características formais, mais significan e funcionan de xeitos diferentes; en definitiva, son clases de palabras distintas. De todas as formas, hai palabras que, mantendo a mesma forma, poden ser adxectivos ou substantivos, como corrente, por exemplo. • Palabras que funcionan ora como adxectívos ora como substantivos, como os xentilicios.Cando se combinan dúas destas formas só a orde e o significado da frase poden aclarar cal delas é o substantivo e cal é o adxectivo Nas frases nominais en que o núcleo está representado por un determinante, a función do adxetivo e da súa frase non varía. É preciso non confundir estes usos cos das mesmas formas como substantivos: Adxectivo: puxeron canapés does e salgados./ Substantivos: morre polos doces,pero non pode comelos.