O intervalo e a distancia entre notas musicais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Música
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,56 KB
O intervalo e a distancia entre notas musicais
Clasificación dos intervalos
Podemos clasificar os intervalos musicais segundo diferentes criterios:
Clasificación numérica:
Tendo en conta esta clasificación, os intervalos poden ser de 2, de 3, de 4, etc. Lembrade que tedes que contar as notas que constitúen o intervalo (as que percorre o son, incluíndo as que non están debuxadas e as dúas que conforman o intervalo).
Clasificación por dirección:
- Intervalos ascendentes: Son os que van de grave a agudo.
- Intervalos descendentes: Son os que van de agudo a grave.
Clasificación por conxunción:
- Intervalos conxuntos: Son os de 2ª.
- Intervalos disxuntos: Son todos os demais.
Clasificación por función:
- Intervalos melódicos: Forman a melodía e as súas notas están colocadas unha a continuación da outra.
- Intervalos harmónicos: Forman a harmonía (acompañamento) e as súas notas están colocadas unha enriba da outra.
Lembra que as notas do intervalo soan simultaneamente (á vez), polo tanto non se clasifican nin en ascendentes nin en descendentes.
Clasificación por tons e semitons:
Contamos os tons e os semitons dos que consta o intervalo, tendo en conta que os semitons están colocados de Mi a Fa e de Si a Do.
O nocturno
O nocturno é unha forma musical característica da época romántica, composta para piano, de carácter intimista e melancólico.
Compositores destacados do Romanticismo
Franz Schubert:
Naceu en Viena (Austria) (1797-1828). Compuxo un gran número de obras. Dedicouse sobre todo a compoñer lieder. Franz Schubert compuxo todas as súas obras na época do Romanticismo, este período desenvolveuse durante o século XIX. Compuxo un total de 600 lieder (A fermosa muiñeira, Viaxe de inverno).
Frederic Chopin:
Naceu en Polonia (1810-1849 en París). Foi compositor e pianista, con oito anos tocaba o piano e aos nove deu o seu primeiro concerto. Chopin compuxo moitas obras para piano, sobre todo breves pezas como o nocturno; as súas obras representan o Romanticismo musical en estado puro. Todos os músicos desta época compuxeron obras para piano, especialmente Schubert, Chopin, Brahms e Liszt, debido a que o piano foi o instrumento máis representativo do Romanticismo e o predilecto de todos eles á hora de escribir e interpretar as súas obras.