Internet: Conceptos Clave e Seguridade

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,33 KB

Conceptos Básicos de Internet

  • Internet: Conxunto de redes interconectadas entre si que usan a familia de protocolos TCP/IP para transmitir información. A estandarización destes protocolos fixo de Internet un fenómeno universal. O Departamento de Defensa dos EUA fixouse nas vantaxes das redes e foron usadas por este departamento, pero foise abrindo ás universidades. Arpanet creou as súas propias redes e despois desapareceu, e foi Internet a que quedou coa xestión de todas as redes que se xerasen.
  • Servidor: Ordenador que contén arquivos, páxinas web ou ofrece outros servizos aos ordenadores-cliente.
  • Protocolos TCP/IP: Asignan a cada máquina unha IP (número de identificación), dividen a información que se desexa enviar en pequenos paquetes de ceros e uns (conmutación de paquetes). Cada un dos paquetes dunha mesma mensaxe pode viaxar por rutas diferentes e en tempos diferentes.

Tipos de Conexión a Internet

  • Conexión a Internet: Con módem, liña telefónica conectada ao módem e un número de teléfono, poderase acceder a Internet. Pero cunha liña tradicional iría moi lento, por iso esténdense a banda larga (ADSL e conexión sen fíos).
  • ADSL: (Liña de aboadura dixital asimétrica). Técnica das liñas telefónicas que chegan aos domicilios particulares. Asimétrica pola diferenza na velocidade. Sistema que funciona con dous módems situados a menos de 50 km para que as interferencias sexan anuladas. O ADSL sempre permanece aberto.
  • Wi-Fi: (Fidelidade sen fíos). Comunicación sen fíos que dá cobertura a pouca distancia. Uso particular nun edificio ou oficinas, transmitir datos entre dous ordenadores sen cables. A súa velocidade é alta e o problema é a seguridade e as interferencias.
  • WiMax: Igual que o Wi-Fi pero a unha maior distancia, 50-60 km. Compatible con Wi-Fi e 3G. Isto facilitará a difusión de Internet.
  • Bluetooth: Comunicación sen fíos a pequenas distancias para conectar 2 dispositivos próximos.

Servizos de Internet

  • Correo electrónico: Serve para enviar unha mensaxe ou algún ficheiro a outra persoa cun enderezo. A mensaxe envíase a un servidor de correo que actúa como caixa de correo e de aí pasa ao destinatario.
  • Web: O máis usado e o motivo da fama de Internet. Isto permite colocar ficheiros que calquera outra persoa pode consultar con só estar conectado a Internet. O enderezo da web denomínase URL, que indica onde se encontra o arquivo que desexamos atopar. Ao principio só era texto e co tempo engadíronse imaxes, música e vídeo.
  • Mensaxería instantánea: Serve para intercambiar mensaxes en tempo real e co paso do tempo permite intercambio de voz, imaxes, ficheiros...
  • P2P: Rompe o concepto de cliente-servidor e permite a comunicación entre os ordenadores como se estivesen todos na mesma categoría, comunícanse directamente.

Privacidade e Seguridade en Internet

  • Privacidade e control de acceso a un ordenador: Deben protexerse a información almacenada no ordenador e a información que viaxa pola rede. Coas redes é posible que entre nun ordenador calquera intruso e pode realizar distintas tarefas sen autorización.
  • Virus: Normalmente asociados a un ficheiro executable con capacidade de propagarse e replicarse cando o usuario o executa.
  • Vermes: Tipo de virus que non precisa da colaboración do usuario para replicarse ou propagarse. (Moito máis daniños).
  • Cabalos de Troia: Capacidade de propagarse pero perigosos xa que se ocultan nun programa aparentemente de utilidade.
  • Accións protectoras do usuario: A seguridade pode mellorarse coa instalación de detectores de virus e devasas. Os antivirus localizan e eliminan a ameaza, as devasas limitan e controlan o acceso aos distintos portos de acceso para os servizos de Internet.
  • Protección da información que viaxa pola rede: Hai que ter en conta o seguinte: a mensaxe só pode entendela unha persoa ou un grupo de persoas, o receptor debe saber quen envía a mensaxe, o emisor non pode negar que foi el quen enviou a mensaxe, a descodificación da mensaxe será complicada sen coñecer a clave.

Técnicas de Cifrado

A técnica utilizada para isto é o cifrado das mensaxes que consiste en modificar a secuencia de uns e ceros de xeito que: a primeira secuencia sexa interpretable por calquera usuario, o procedemento debe conter algunha parte secreta, a segunda secuencia (mensaxe cifrada) só pode interpretala quen coñeza a parte secreta.

Existen dúas técnicas: simétrica ou clásica e asimétrica ou moderna. Na primeira só existe unha clave secreta para cifrar ou descifrar a mensaxe e na segunda dúas, unha coñecida e outra secreta.

  • Sinatura dixital: Como un DNI electrónico.

Tecnoloxía, Información e Coñecemento

  • Tecnoloxía e períodos históricos: Innovacións decisivas que marcan a época seguinte, cada vez son máis frecuentes as innovacións. A nosa era é a Era do coñecemento.
  • Información: Mensaxe asociada a un sinal.
  • Coñecemento: Conxunto de información útil para conseguir un obxectivo.

As tecnoloxías da información resolveron o acceso á información pero tamén xeraron o exceso de información, un problema na actualidade.

Automatización do Coñecemento

Automatizar consiste en conseguir que unha máquina ou varias realicen unha tarefa sen intervención humana. Unha mostra de automatización do coñecemento é que un ordenador obteña a información útil en solitario. O primeiro coñecemento automatizado foron as operacións matemáticas. O segundo son as bases de datos que son como unha memoria xigantesca que pode buscar calquera dato que haxa nela.

Web Semántica

Evolución da web convencional que permite facer consultas por contidos, preguntas de gran complexidade que resolverá e proporcionará ao usuario os datos que satisfagan as súas necesidades.

Entradas relacionadas: