Historia de España: Séculos XVI-XVII
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,13 KB
Os Reis Católicos
Os Reis Católicos estableceron unha unión dinástica, é dicir, os territorios que integraban as dúas coroas só tiveron en común os monarcas e cada un mantivo as súas institucións, leis, costumes e moeda. Tiñan como obxectivos comúns a unidade territorial e relixiosa e o fortalecemento do poder da monarquía.
Unificación dos reinos peninsulares
- Conquista de Granada: logo dunha guerra de 10 anos e dun asedio de 9 meses, Castela, coa axuda simbólica de Aragón, derrotou a Boabdil, último rei de Granada e rematou a Reconquista.
- Reino de Navarra: aliouse con Francia, foi invadido e incorporado posteriormente a Castela, aínda que lle permitiu conservar as súas leis e institucións.
Política matrimonial
Utilizaron aos seus fillos como parte da política exterior para conseguir unha posición de predominio en Europa, coas casas reais inimigas dos franceses, Austria e Inglaterra.
Política territorial
- Castela: expansión polo Atlántico. Asegurou a soberanía sobre as Illas Canarias, conquistadas en expedicións anteriores.
- Aragón: continuación da política de expansión polo Mediterráneo: conquista de bases dos piratas berberiscos no norte de África (Melilla, Orán, Bixía) e conquista do Reino de Nápoles tras unha guerra con Francia, que pretendía expandirse nesa zona.
Carlos I
O centro de Italia provocou unha enorme oposición xa que non falaba castelán, pediu enormes sumas de diñeiro ás cortes para financiar a súa elección como emperador e deixou o goberno en mans de conselleiros flamengos.
Carlos V: conflitos bélicos
- Con Francia: tras varias batallas con Francisco I pola supremacía europea, derrotouno en Pavía (1525).
- Cos turcos: por terra (no Danubio, para salvar Viena) e mar. Ocupouse Tunes.
- Con Alemaña: os príncipes alemáns apoiaron a Lutero e enfrontáronse á autoridade política do emperador, comezando unha longa guerra de relixión. Logo dalgún éxito inicial tivo que asinar a Paz de Augsburgo (1555), concedendo a liberdade de culto en igualdade a católicos e protestantes nos estados alemáns.
Filipe II
Política interior
Perseguiu coa Inquisición aos sospeitosos de herexía ou de ter antepasados xudeus ou musulmáns (limpeza de sangue). En 1567 produciuse a sublevación das Alpuxarras por prohibir aos mouriscos de Granada o uso da súa lingua, vestidos e costumes, que a súa avoa Sabela recoñecera nas condicións de rendición de Granada. Logo de 3 anos de loita foron derrotados e espallados.
Política exterior
- Enfrontamento con Francia: venceu na batalla de San Quintín (1557).
- Cos turcos: xunto con Venecia e o Papa venceu na batalla de Lepanto (1571).
- Con Inglaterra: polo seu apoio aos protestantes e os ataques ás frotas que viñan de América. Construíu a Armada Invencible que foi destruída polos temporais (1588).
- Con Flandres: as disputas relixiosas cos calvinistas e os impostos elevados provocaron a sublevación encabezada por Guillerme de Orange que acabou cos territorios divididos en dúas zonas: o norte de Holanda e o sur católico.
Poboación e economía (séculos XVI-XVII)
- Poboación (século XVI): Creceu a poboación xa que o comercio con América proporcionaba grandes beneficios.
- Agricultura (século XV): a expulsión dos mouriscos privouna dunha man de obra especializada e provocou o abandono de cultivos.
- Industrias: escaso desenvolvemento. As riquezas de América non se promoveron, senón en comprar produtos estranxeiros. O comercio externo perdeuse polo atraso técnico e o interno polo descenso demográfico.
- Comercio: decaeu debido aos piratas e á extensión do contrabando e do comercio ilegal a outros países. Reduciuse a chegada de metais preciosos de América.