Hábitat rural e urbano: características e tipos

Enviado por pablo y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,64 KB

Unidade 17: O hábitat rural e o hábitat urbano

Hábitat son os espazos habitados. Existen dous tipos principais de hábitat: o hábitat rural e o hábitat urbano.

O hábitat rural

O hábitat rural dáse cando a poboación vive no campo. Hai dous casos:

  • Poboamento disperso: as vivendas están diseminadas, separadas.
  • Poboamento concentrado: as vivendas e outros edificios encóntranse agrupados, formando unha aldea ou unha vila.

O hábitat urbano

O hábitat urbano é o hábitat da cidade. Para que un núcleo de poboación sexa considerado unha cidade téñense en conta varios aspectos:

  • O seu tamaño. Unha cidade sempre ten máis habitantes ca unha aldea ou unha vila. En España, unha poboación é cualificada como cidade cando ten máis de 10.000 habitantes.
  • A densidade de poboación e de edificación. Nunha cidade, as densidades de poboación e de edificios son superiores ás dun asentamento rural.
  • As actividades económicas da poboación. Nas cidades, os habitantes traballan maioritariamente na industria e, sobre todo, nos servizos.
  • A paisaxe. Algúns dos elementos que caracterizan a paisaxe da cidade son os edificios altos, un tráfico intenso, numerosos servizos públicos e locais para o ocio.

A paisaxe urbana

As cidades teñen unha localización, é dicir, sitúanse nun determinado lugar. A maioría das cidades localízanse en zonas que favorecen as comunicacións e as actividades económicas: na costa, nas beiras dos grandes ríos navegables, en vales fértiles.

O plano urbano permítenos coñecer como é a cidade internamente: como son as rúas e como se distribúen os edificios, as prazas, os parques, etc.

  • Cando o crecemento dunha cidade non foi planificado, o plano é irregular. As rúas están trazadas sen orde.
  • Pola contra, cando o crecemento foi planificado, a cidade mostra un plano regular, ordenado.

A estrutura das cidades

Hoxe, a maioría das cidades cumpren tres funcións principais: residencial, de servizos e industrial.

  • As zonas residenciais. A función residencial ocupa a maior parte do espazo.
  • As zonas de servizos. Os servizos que ofrece unha cidade son moi variados. Canto máis grande é unha cidade, máis servizos presta. Moitos destes servizos reúnense no centro urbano.
  • As zonas industriais. Hoxe hai poucas industrias dentro das cidades e ocupan zonas periféricas.

Forum Gigurrorum

A explosión urbana

Poboación urbana é a poboación que vive en cidades. Hoxe en día, a metade da poboación é urbana.

As cidades que teñen unha poboación igual ou superior a 10 millóns de persoas son as chamadas cidades xigantes ou megacidades.

Toquio é a cidade máis grande do mundo.

A formación de grandes áreas urbanas

As cidades crecen e forman extensas áreas urbanas: áreas metropolitanas, conurbacións e megalópoles.

  • Área metropolitana é unha gran cidade e a extensa zona urbana circundante.
  • Se as áreas metropolitanas de dúas ou máis cidades chegan a unirse, fórmanse unha conurbación.
  • Se se enlazan varias conurbacións orixinan unha megalópole.

As cidades nos países subdesenvolvidos

Os países menos desenvolvidos localízanse en Asia, en América Central e do Sur e, sobre todo, en África.

Características:

Os fortes contrastes son o trazo máis sobresaliente en todas as cidades dos países pobres.

Diferenzas de riqueza. Unha minoría acomodada ocupa modernos edificios que se sitúan nas mellores zonas da cidade, a maioría da poboación vive nos barrios degradados do centro e, sobre todo, nos barrios de chabolas situados na periferia.

Problemas:

A falta de vivendas dignas e de servizos, unha elevada taxa de paro, a delincuencia, a conxestión do tráfico, unha intensa contaminación atmosférica…

As cidades nos países desenvolvidos

A maioría das cidades estadounidenses e canadenses son recentes e presentan un trazado ortogonal, pois foron planificadas. O centro da cidade é o Distrito Central de Negocios, que mostra un aspecto moderno e moi característico, dominado polos rañaceos.

As cidades europeas. O centro é a parte máis antiga.

O gran crecemento da súa periferia.

Os principais problemas das cidades dos países desenvolvidos son: o elevado prezo das vivendas, o tráfico, a contaminación e a delincuencia…

Unidade 18: As cidades en Europa, España e Galicia

A longa historia das cidades europeas

As primeiras cidades apareceron hai uns 6.000 anos, nas beiras dos ríos Tigris, Éufrates, Nilo e Indo.

As cidades da Antigüidade

A antiga Grecia chegou a ter unha rede formada por máis de 500 cidades, entre as que destacaban Esparta e Atenas. As cidades gregas tiñan dous centros: a ágora ou praza pública, onde se situaba o mercado, e a acrópole, a parte máis elevada e sagrada da cidade, onde se encontraban os principais templos.

As cidades romanas tiñan un plano ortogonal. As rúas principais eran o cardo, en dirección norte-sur, e o decumano, en dirección leste-oeste. No cruzamento das dúas situábase o foro.

A Idade Media e a Idade Moderna

Trala caída do imperio romano as cidades entraron en declive.

As cidades medievais estaban rodeadas por unha muralla e presentaban un plano irregular, con rúas estreitas e retortas. No centro encontrábanse os edificios máis importantes, como o concello, a catedral…

Na Idade Moderna, espertou a preocupación por embelecer e mellorar as cidades.

A cidade industrial

A finais do século XVIII e no século XIX gran parte dos campesiños abandonaron o campo para traballar nas industrias. A industrialización provocou un crecemento extraordinario das cidades.

Nas cidades industriais contrastaban os barrios obreiros e os barrios burgueses.

As cidades da Unión Europea

Na actualidade, preto do 80% da poboación da Unión Europea é urbana. A maioría vive en cidades de pequeno e mediano tamaño. Só algunhas poucas superan o millón de habitantes; Londres e París son as cidades máis populosas.

A poboación rural en España

En pouco tempo, a poboación española pasou de ser maioritariamente rural a residir nas cidades.

No norte peninsular e nalgúns lugares do litoral mediterráneo e do interior de Andalucía predomina o poboamento disperso. No resto predomina o poboamento concentrado.

Nos últimos anos algunhas aldeas volvéronse a poboar para seren utilizadas como residencias secundarias de fin de semana e de vacacións. Algunhas aldeas convertéronse en zonas de vivendas para a poboación das cidades máis próximas.

A poboación urbana en España

A poboación española é eminentemente urbana, pois máis das súas tres cuartas partes habitan en cidades.

A maioría das cidades sitúanse nas zonas costeiras, mentres que no interior peninsular unicamente destacan Madrid e Zaragoza.

Forum Gigurrorum

As principais cidades son: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza e Málaga.

A xestión das cidades españolas

As cidades españolas teñen un goberno propio, o concello, presidido polo alcalde e formado por un grupo de concelleiros.

O concello decide cal vai a ser o orzamento e como se vai a distribuir para atender ás necesidades da cidade.

Cada concello elabora o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU). O PXOU cualifica o terreo en:

  • Urbano: o terreo que está edificado ou urbanizado.
  • Urbanizable: o terreo en que se podería construír despois de acondicionalo con rúas, iluminación, rede de sumidoiros…
  • Non urbanizable: é o espazo protexido por algún motivo ou de uso agrícola ou gandeiro.

Os problemas das cidades españolas

  • Tráfico denso.
  • Contaminación atmosférica e acústica.
  • Tratamento dos residuos urbanos.
  • Vertedoiros incontrolados.
  • Prezo das vivendas…

O poboamento en Galicia

Hai tres tipos de poboamento:

  • Poboamento rural: en Galicia é moi disperso e cun gran número de asentamentos de pequeno tamaño. Galicia ten a metade das entidades de poboación censadas en España.
  • Poboamento rururbano: onde é difícil distinguir entre o rural e o urbano.
  • Poboamento urbano: que se dá nas cidades e grandes vilas. Galicia conta con cidades de tamaño medio como Vigo e A Coruña.

As cidades galegas

Tipos de cidades que hai en Galicia segundo a súa función:

  • Cidade industrial: Vigo.
  • Cidade de servizos: A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela por ser a capital da Comunidade Autónoma.
  • Outras cidades: Lugo, Pontevedra e Ferrol.

Entradas relacionadas: