Guía Completa sobre Contaminación: Tipos, Residuos y Normativa Ambiental
Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología
Escrito el en español con un tamaño de 19,88 KB
Fuentes de Contaminación: Una Visión Detallada
Tipos:
- Natural / Antropológica
Residuos:
- RSU (Residuos Sólidos Urbanos)
- Industriales
- Agrarios, forestales y ganaderos
- Sanitarios
- Mineros
- Radioactivos
- De construcción
- Eléctricos y electrónicos
Vertidos:
- Según zona: difusa y puntual
- Según tiempo de exposición: Puntual, continua e intermitente
La Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular define Residuo como: "Calquera substancia ou obxecto que o seu posuidor desbote ou teña a intención ou a obriga de desbotar."
Artículo 4. Subproductos:
1. Unha substancia ou obxecto, resultante dun proceso de produción, cuxa finalidade primaria non sexa a produción de esa substancia ou obxecto, poderá ser considerada como subproduto e NON como residuo, cando se cumpran TODAS as condicións seguintes:
- Que se teña a seguridade de que a substancia ou obxecto vai a ser utilizado ulteriormente.
- Que a substancia ou obxecto se poda utilizar directamente sen ter que someterse a unha transformación ulterior distinta da práctica industrial habitual.
- Que a substancia ou obxecto se produza como parte integrante dun proceso de produción.
- Que o uso ulterior cumpra todos os requisitos pertinentes relativos aos produtos e á protección da saúde humana e do medio ambiente para a aplicación específica, e non produza impactos xerais adversos para a saúde humana ou o medio ambiente.
Definición de Residuo (OCDE): "Son productos de refugallo sólidos, líquidos e gaseosos, xerados en actividades de produción e consumo, que xa non posúen valor económico pola falta de tecnoloxía axeitada que permita o seu aproveitamento ou pola inexistencia dun mercado para os posibles productos a recuperar."
Vertido: Art. 100 do Real Decreto Lexislativo 1/2001 (Lei de Augas): "Consideraranse vertidos os que se realicen directa ou indirectamente nas augas continentais, así como no resto do dominio público hidráulico, calquera que sexa o procedemento ou técnica utilizada. Queda prohibido, con carácter xeral, o vertido directo ou indirecto de augas e de productos residuais susceptibles de contaminar as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, salvo que se conte coa previa autorización administrativa."
Artigo 56 da Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas:
- As disposicións da presente Sección son de aplicación aos vertidos, tanto líquidos como sólidos, calquera que sexa o ben de dominio público marítimo-terrestre en que se realicen.
- Os vertidos ao mar desde buques e aeronaves regularanse pola súa lexislación específica.
- Estará prohibido o vertido de residuos sólidos e escombros ao mar e a súa ribeira, así como á zona de servidume de protección, excepto cando estes sexan utilizables como recheos e estean debidamente autorizados. Todos os vertidos requirirán AUTORIZACIÓN da Administración competente.
Tipos de Contaminación
Contaminación Natural.
Contaminación Artificial ou Antrópica:
- Refugallos e residuos sólidos
- Vertidos líquidos
- Emisións á atmosfera
- Contaminación acústica (Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruido)
- Contaminación lumínica (Informe semanal)
- Contaminación por olores (en tramitación)
Tipos de Residuos
Tipos de Residuos Según as Características:
- RSU (Residuos Sólidos Urbanos)
- Inertes
- Especiais
- Tóxicos ou perigosos
- Médicos e de laboratorio
- Radioactivos
Tipos de Residuos Según a súa Orixe:
- RSU
- Industriais
- Mineiros
- Agrarios, gandeiros e forestais
- Sanitarios
- Radioactivos
- De construción e demolición
- Eléctricos e electrónicos
Residuos Sólidos Urbanos (RSU)
Normativa:
- Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
- Lei 6/2021, de 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.
Definición: Son aqueles residuos que se orixinan na actividade doméstica e comercial dos núcleos urbanos e as súas áreas de influencia, e consisten principalmente en envases, papel, cartón, restos orgánicos, etc. As cantidades de lixo xeradas foron crecendo ata chegar a cifras moi elevadas.
Tipos de RSU:
- Residuos fermentables: materia orgánica, procedente de alimentos, xardinería.
- Residuos combustibles: papel, cartón, plástico, etc.
- Outros: latas metálicas, vidros, ...
Implicacións dos RSU:
- Riscos para a saúde
- Contaminación da auga
- Contaminación do solo
- Contaminación do aire
- Degradación da paisaxe e deterioro estético
Residuos Industriais: A industria xera unha gran cantidade de residuos nos procesos de fabricación, transformación, utilización, consumo, limpeza ou mantemento, aínda que algúns son recuperables. O responsable de asegurar un tratamento axeitado destes residuos é a empresa que os produce.
Clasificación dos Residuos Industriais:
- Residuos inertes: Non representan un perigo potencial para o medio ambiente porque non sufriran transformacións e non requiren tratamento para a súa eliminación en vertedoiros.
- Similares aos RSU
- Residuos tóxicos e perigosos: Substancias inflamables, corrosivas, tóxicas ou que poden producir reaccións químicas. O impacto agrávase pola concentración e dificultade de degradación.
Tratamentos: Fisico quimicos , biologicos , termicos , reciclaje.
LER – Listado Europeo de Residuos (Decisión 2014/955/UE)
- 02 01 Residuos da agricultura, horticultura, acuicultura, silvicultura, caza e pesca.
- 03 Residuos da transformación da madeira e da produción de tableiros e mobles, pasta de papel, papel e cartón.
- 10 01 02 Cinzas volantes de carbón.
- 10 01 03 Cinzas volantes de turba e de madeira [non tratada].
Residuos Mineiros: Son aqueles residuos sólidos, acuosos ou en pasta que quedan tras a investigación e aproveitamento dun recurso xeolóxico, tales como estériles de mina, rechazos, e as colas do proceso, e incluso a terra vexetal, sempre que constitúan residuos.
Real Decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.
Residuos Agrarios, Gandeiros e Forestais: Son aqueles cuxa orixe está nas actividades do sector primario da economía: agricultura, gandería, pesca, actividade forestal e cinexética, así como os producidos por industrias alimenticias (matadoiros, empresas lácteas, aceiteiras, de conservas, etc.). A maioría son orgánicos e quedan no campo para manter os nutrientes do solo, pero algúns poden causar graves problemas ambientais no medio natural.
Art. 27 da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
Residuos médicos e de laboratorios: Son os restos do traballo clínico ou de investigación. Trátase dos residuos sólidos, líquidos ou gaseosos e os seus recipientes, que conteñan ou estiveran en contacto con materiais infecciosos ou actividades de elevado risco medioambiental en calquera centro sanitario.
Clasificación de residuos médicos e de laboratorios:
- Similares a RSU: papel, cartón, material de cociña, residuos de pacientes non infecciosos.
- Residuos contaminados de baixo risco: material de curas, xiz, roupa ou dun só uso contaminados de sangue, secrecións ou excrecións. Estes non están englobados nos residuos sanitarios específicos.
- Residuos contaminados de alto risco ou específicos de risco: precisan de medidas de prevención. Inclúen residuos infecciosos, anatómicos, sangue en forma líquida, agullas, material punzante e cortante.
- Restos singulares: xestión suxeita a requirimentos especiais (radioactivos, medicamentos caducados, residuos con metais, ...).
Residuos radioactivos: Son elementos radioactivos de distinto tipo, empregados en actividades como en centrais nucleares, pero tamén en aplicacións sanitarias, industriais ou de investigación. Caracterízanse pola súa alta peligrosidade e persistencia no medio.
En España, a xestión destes residuos está encomendada á Empresa Nacional de Residuos Radiactivos (ENRESA).
Consecuencias dos procesos de contaminación:
Prodúcense modificacións físicas, químicas ou biolóxicas en todos os medios receptores de residuos e vertidos.
Afectación no medio receptor:
- Características do medio receptor: tipo, cantidade, calidade e características dinámicas ou estáticas (exemplo: río-lago).
- Poden existir diferentes aportes de substancias contaminantes na mesma zona, aumentando o grao de contaminación do receptor.
- Tipo e cantidade de vertidos que soporta o receptor.
Contaminación
Atmosférica: O aire considérase un ben común limitado, indispensable para a vida. A contaminación atmosférica refírese á presenza no aire de substancias e formas de enerxía que alteran a súa calidade, implicando riscos ou danos á saúde das persoas, bens e natureza.
Tipos de substancias contaminantes:
- Gaseosos (óxidos de carbono, xofre e nitróxeno, compostos orgánicos volátiles, partículas, substancias radioactivas).
- Outros contaminantes (térmica, acústica, electromagnética).
- Augas: As augas son o vertedoiro das actividades humanas.
Alteracións dos contaminantes:
- Físicas (temperatura, materiais en suspensión).
- Químicas (modificación do pH, niveis de oxíxeno disolto, aumento de nutrientes).
- Biolóxicas (eutrofización).
- Soles: Introdución de substancias estrañas na superficie do solo, como metais pesados, diminución do pH, salinización, e a incorporación de fertilizantes e fitosanitarios.
Toma e identificación de mostras de residuos ou vertidos:
- As administracións deben dispoñer dun servizo especializado en control e seguimento, establecendo procedementos para coñecer as características do axente contaminante e a súa capacidade de contaminación no medio receptor. Isto require a toma de mostras para análise posterior.
Obxectivos da inspección de vertidos:
- Garantir o cumprimento dos límites establecidos para vertidos nas industrias.
- Identificar focos contaminantes e determinar responsabilidades (administrativas ou penais).
- Establecer mecanismos para comprobar as solicitudes de vertidos e determinar taxas ou cánones medioambientais.
Procedemento de inspección de vertidos:
- Comezo da inspección, determinación do técnico encargado, e a toma de mostras (segundo a Lei 7/2022).
- Tipos de mostraxe: puntual, composta ou integrada.
- Identificación e conservación das mostras.
Normativa galega: DECRETO 141/2012: Regulamento do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais de Galicia.
- A inspección e control está a cargo de Augas de Galicia.
Dereitos e deberes do persoal inspector:
- Dereitos: Acceder ás instalacións, realizar notificacións, tomar mostras, tomar fotografías, entre outros.
- Deberes: Identificarse como persoal inspector, respectar aos interesados, comunicar anomalías detectadas, entre outros.
Xestión dos residuos
- Non se debe poñer en risco a saúde das persoas nen danar o medio biótico e abiótico
- Non poderá abandonarse, verterse ou eliminarse sen control
- Contarase con licenza administrativa
- Designarase zona de utilidade pública e interese social o establecemento ou ampliación de instalacións de almacenamento, valorización e eliminación de residuos
- Deberase levar un rexistro da cantidade, natureza, orixe, destino, frecuencia de recollida, medio de transporte e método de valorización ou eliminación dos residuos.
Diferencia entre DQO e DBO:
A DQO expresa a cantidade de contaminantes que están presentes na auga e poden ser oxidados. Pola contra a DBO indica os contaminantes, pero non todos os que poden ser oxidados se non tan só os que poden ser biodegradados.
Auditorías medioambientais:
- Un proceso sistemático e documentado para avaliar o cumprimento das leis ambientais e identificar áreas de mellora na xestión ambiental dunha organización.
- A norma ISO 14001:2015 establece os requisitos para un sistema de xestión ambiental efectivo.
Tipos de auditorías medioambientais:
Segundo o seu alcance :
- Integradas : en todos os sectores
- Sectorial: interesase por algun sectore
Segundo a procedencia do equipo auditorías
- Externa : levaa a cabo unha empresa especializada
- Interna : realizada pola propia empresas
Segundo o entorno medioambiental auditado:
- Exterior : estudanse os impactos ambientais que as actividades da organización provocan
- Interior: estudase o medioambiente laboral
- Mixta: faise un diagnostico mediambiental completo.
Segun a periocidade pode ser:
- Permanente
- Ciclica ou periodica : revisions periodicas
Obxectivos:
- de conformidade : cun obxectivo puntual 8 comprobar que a organización cumpre ca normativa ambiental.
- de riscos
- de produto
Fases das auditorías medioambientais:
- A auditoría non é só un selo de calidade, senón que tamén mellora a credibilidade externa da empresa, establece protocolos para o control da contaminación e facilita a obtención de contratos e subvencións.
Lei de impacto ambiental (Lei 21/2013):
- A finalidade principal desta lei é someter a unha avaliación ambiental todo plan, programa ou proxecto que poida ter efectos significativos sobre o medio ambiente.
- Inclúe procedementos para a avaliación ambiental estratéxica (para plans e programas) e a avaliación de impacto ambiental (para proxectos).
Anexo I da Lei de Impacto Ambiental:
- Inclúe sectores como agricultura, silvicultura, acuicultura e gandería, entre outros, para os que se require a avaliación ambiental antes de levar a cabo certos proxectos.
1. Proceso de Análise e Mostras:
- Primeira Mostra: Quedará en poder do persoal inspector para realizar as determinacións analíticas.
- Segunda Mostra: Servirá para realizar unha análise dirimente, se é necesario.
- Terceira Mostra: Será ofrecida á persoa interesada, quen poderá, se o considera oportuno, proceder á práctica dunha análise contraditoria. Se a persoa interesada se nega a recibir a terceira mostra ou non pode facerse cargo dela, comunicaráselle o lugar onde quedará á súa disposición. A natureza dos envases, as condicións de preservación e os métodos analíticos dos diferentes parámetros serán os que figuran no Anexo VI do presente regulamento.
2. Acreditación e Resultados:
- Acreditación: Os laboratorios deberán contar con acreditación que garanta o cumprimento da norma UNE-ENISO 17025. Tamén se poderá realizar a análise no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
- Prazo de Entrega: O prazo de entrega dos resultados será de 30 días naturais desde a recepción da mostra. A entidade xestora deberá comunicar os resultados á persoa interesada no prazo de 10 días desde a recepción dos resultados.
3. Gastos e Rexistro de Residuos:
- Análise Contraditoria: Os gastos xerados pola práctica da análise contraditoria corresponderán sempre á persoa interesada.
- Rexistro de Residuos: Deberase levar un rexistro da cantidade, natureza, orixe, destino, frecuencia de recollida, medio de transporte e método de valorización ou eliminación dos residuos.
4. Regulacións e Normas:
- Orden TED/1191/2024 (24 de outubro): Regula os sistemas electrónicos de control dos volumes de auga utilizados polos aproveitamentos de auga, os retornos e os vertidos ao dominio público hidráulico.
DQO e DBO:
- DQO: Expresa a cantidade de contaminantes presentes na auga que poden ser oxidados.
- DBO: Indica os contaminantes que poden ser biodegradados, non todos os que poden ser oxidados.
5. Auditoría Ambiental:
- Definición: Unha auditoría ambiental é un proceso sistemático e documentado para avaliar como unha organización cumpre coas leis ambientais, así como coas súas propias políticas e obxectivos ambientais.
- Norma ISO 14001:2015: Está estreitamente relacionada coa auditoría ambiental e complementa o sistema de xestión ambiental.
6. Tipos de Auditorías Ambientais:
- Sectorial: Interésase por un sector ou aspecto concreto da instalación.
- Externa: Levada a cabo por unha empresa especializada.
- Exterior: Estúdanse os impactos ambientais das actividades da organización no entorno.
- Cíclica/Periódica: Revisións periódicas do sistema de xestión ambiental.
As auditorías non deben considerarse só como un selo de calidade ou para evitar sancións, senón como unha fonte de información útil para a xestión e a toma de decisións.
7. Lei 21/2013, de Avaliación Ambiental:
- Obxectivo: Someter a avaliación ambiental todo plan, programa ou proxecto que poida ter efectos significativos sobre o medio ambiente antes da súa adopción, aprobación ou autorización.
- Plans e Programas: Estratexias, directrices e propostas destinadas a satisfacer necesidades sociais, que se executan a través de proxectos.
8. Tipos de Avaliación Ambiental:
Avaliación Ambiental Ordinaria:
- Declaración Ambiental Estratéxica: Prazo de resolución de 22 meses + 2 meses.
- Declaración de Impacto Ambiental: Prazo de resolución de 4 meses + 2 meses. A obrigatoriedade aplica aos proxectos do Anexo I da lei.
Avaliación Ambiental Simplificada:
- Informe Ambiental Estratéxico: Prazo de resolución de 4 meses. Se a resolución indica efectos para o medio ambiente, debe pasar á avaliación ambiental ordinaria.
9. Proxectos de Avaliación Ambiental:
- Grupo 1: Agricultura, silvicultura, acuicultura e gandería.
- Instalacións de cría intensiva de gando con capacidade superior a:
- 55.000 prazas para polos.
- 40.000 prazas para galiñas poñedoras.
- 2.000 prazas para porcos de cebo.
- 750 prazas para porcas reprodutoras ou de cría.
- 750 prazas de vacún de leite e 1.100 prazas para vacún de cebo.
- Transformación de áreas sen cultivar para explotación agrícola superior a 50 ha.
- Proxectos de xestión de recursos hídricos para a agricultura que afecten a máis de 100 ha.
- Grupo 2: Industrias de produtos alimenticios.
- Grupo 3: Proxectos industriais relacionados co sector alimentario, siderúrxico, e da minería.
- Grupo 4: Industria siderúrxica e do mineral.
- Grupo 5: Produción e elaboración de equipos de transporte e metais.
- Grupo 8: Proxectos de enxeñería hidráulica e xestión da auga.
10. Exemplo de Proxecto:
- Alcudra e Serra Madrona en Ciudad Real