Guía Completa de Adverbios en Galego: Tipos, Usos e Exemplos

Enviado por Brais y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,8 KB

Adverbios en Galego

Un adverbio é un vocábulo invariable que modifica o verbo (chegou tarde), o adxectivo (está ben cocido), un adverbio (viña moi lonxe) ou unha oración.

1. Adverbios situacionais de lugar (Onde? Ulo, a, os, as?)

  • Repouso/estado: aquí, aí, alí
  • Movemento: acó, aló
  • Repouso e movemento: acá, alá
  • Oposición: acolá
  • Outros: dentro, fóra, arredor, cerca, preto, lonxe, arriba, enriba, derriba, encima, abaixo, embaixo, debaixo, adiante, diante, atrás, detrás, en fronte, velaí, velaquí, algures, ningures, xalundes

Locucións adverbiais: a carón, ao pé, á beira, a rente(s), á dereita, á esquerda, a desmán, a contramán...

2. Adverbios situacionais de tempo (Cando?)

  • antano, hogano, sempre, decote, asemade
  • antonte, trasantonte, onte, hoxe, mañá, pasadomañá
  • antes, noutrora, agora, arestora, despois, outrora
  • aínda, xa, mentres, nunca, xamais (endexamais), xacando, antes, entón, logo, daquela, axiña, cedo, tarde
  • arreo, pronto, seguido, sempre

Locucións adverbiais: de contado, de camiño, a deshora, ás veces, aos poucos, a cotío, a miúdo, á tardiña, de cando en vez, hoxe en día

3. Adverbios nocionais de modo (Como?)

  • Adxectivos: alto, baixo, doado, só...
  • Adxectivos con sufixo -mente: comodamente, facilmente, soamente...
  • Outros: así, ben, mellor, como, gratis, mal, peor, engorde, paseniño, case, adrede...

Locucións adverbiais: á/de presa, de vagar, a modo, a escape, ás carreiras, a eito, a feito, ao chou, ás toas, a treu, de balde, de socato, a mantenta, a tergo...

4. Adverbios nocionais de cantidade e precisión (Canto?)

  • abondo, algo, bastante, ben, canto, case, dabondo, demasiado, máis, menos, moito/moi, nada, pouco, só, tanto, xusto

Locucións: a mares, ás mancheas, a encher, a esgalla...

5. Negación, afirmación e dúbida

Compórtanse sintacticamente de xeito diferente ao adverbio. Son as tres formas de presentar unha oración canto ao xuízo nela emitido: negativo (termo marcado), positivo ou incerto.

5.1. Negación

  • Total: colócase non entre suxeito e verbo: ti non vas
  • non si? = non? non é?
  • tampouco, ca! (categórico)
  • Expletivo (non nega): nin... nin... (coordinación negativa)
  • nada, ninguén, ningún, nunca, xamais

5.2. Afirmación

Se non hai marca negativa, calquera enunciado é de por si afirmativo (termo non marcado).

Nas respostas ha de repetirse o verbo: chegaches cedo? - Cheguei.

Reforzos da afirmación: si, si que, abofé, de seguro, claro, así é, así mesmo, con certeza, de certo, tamén, efectivamente, certamente, xaora....

5.3. Dúbida

Vale para a afirmación e para a negación.

acaso, quizá/quizais/quizabes, ao mellor, talvez, se cadra, se callar, seica, disque, igual.

Pronomes Átonos

  • OD: te (segunda persoa singular)
  • OI: che (segunda persoa singular)
  • Combinacións con "lle": llo, lla, llos, llas (dativo + acusativo o, a, os, as)
  • Combinacións con "lles": llelo, llela, llelos, llelas (dativo + acusativo o, a, os, as)

Valores de "Se"

  • Impersonal: (Só admite o verbo en terceira persoa). Solicitouse un permiso. Solicitaronse axudas.
  • Reflexivo: (Admite o verbo en calquera persoa). Vestiuse a presa. Vestichete a presa.
  • Recíproco: (Só admite o verbo nas persoas do plural). Mancáronse xogando.
  • Formante de verbo: (Admite o verbo en calquera persoa). Queixaronse á dirección. Despediuse dela.

Uso do infinitivo

Forma invariable

  1. En perífrases verbais (Han de ser uns vinte)
  2. Cando o infinitivo é impersoal (Prohíbese fumar)
  3. Cando depende dun verbo causativo (mandar, facer, permitir...), perceptivo (sentir, ver, oír...), modal (querer, poder, deber...) ou de movemento (ir, vir...). Ex: Oín tocar as campás; Mandeilles facelo pero non me escoitaron; Debedes divertirvos todo o que poidades; Ide facerlle unha visita
  4. Con valor imperativo (Veña, coller as cousas e saír rapidamente)
  5. Cando depende da preposición de e funciona como modificador dun adxectivo (É un problema difícil de resolver)

Forma conxugada

  1. Cando o infinitivo ten un suxeito (expreso ou non) distinto ao do verbo principal (Ao chegaren os primeiros fríos, o vello péchase na casa)

Forma conxugada (opcional)

  1. Se ten o mesmo suxeito que o verbo principal pero vai antes ca el e precedido de preposición (Para lembráreste despois, anótao)
  2. Cando ten o mesmo suxeito que o verbo principal, vai despois del pero a suficiente distancia como para que se poida perder a noción de cal é o suxeito (Seguide pola estrada principal da costa para verdes mellor toda a paisaxe)
  3. Se indica a indeterminación do suxeito, en 3ª persoa do plural (Por non lle daren importancia chegamos a esta situación)
  4. Con verbos pronominais ou reflexivos (Metéreste no que non che importa acabará por darche problemas)

Entradas relacionadas: