Gran Guerra: Análise Completa do Conflito Mundial

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,46 KB

A Primeira Guerra Mundial: Un Conflito Global

Comeza co asasinato do príncipe herdeiro do Imperio austríaco, Francisco Fernando, (causa detonante) en mans dun separatista serbio. Austria ameazou con anexionar Serbia e Rusia saíu na súa defensa. Inmediatamente creouse unha resposta das alianzas e Alemaña atacou a Francia a través de Bélxica, Gran Bretaña decidiu defender a Francia e a neutralidade Belga.

Fases da Guerra

A primeira fase (1914), ou guerra de movemento, está caracterizada por unha rápida acción de Alemaña sobre Francia para dominala, e outra de Alemaña e Austria contra Rusia na fronte oriental.

De 1915 a 1916 deuse un período no que as frontes entre os países estancáronse no río Marne, cerca de París, na chamada guerra de trincheiras, na que as cifras de morte eleváronse moito en ambos bandos. As trincheiras consistiron en escavacións para cubrirse colocando sacos de area diante do burato para frear á artillería. Estas trincheiras colocáronse dende o Mar do Norte até Suíza.

A guerra expandiuse por diversas partes do mundo debido á grande expansión das colonias británicas e á intervención do Imperio turco a favor dos Imperios centrais.

O ano definitivo foi o 1917 no que o triunfo da Revolución rusa marcou a sinatura da paz con Alemaña, na que practicamente Rusia se rendía. Ao mesmo tempo a entrada na guerra de EE.UU. (propiciada a entrar polo afundimento do Lusitania) desnivelou a balanza a favor da Entente. En 1918, cerca do fin da guerra, o presidente dos EE.UU., Woodrow Wilson, propuxo un plan de paz coñecido como os 14 puntos de Wilson. Unha vez derrotados os Imperios centrais de Europa (nov.1918), firmouse o armisticio, e posteriormente, a paz.

Causas Profundas da Gran Guerra

En 1914 estalou a Gran Guerra. O mundo Europeo había pasado por un momento de gran estabilidade e prosperidade, mais a guerra presentouse como inevitable.

  • A sede de vinganza de Francia pola perda de Alsacia e Lorena durante a unificación de Alemaña.
  • No reparto colonial Alemaña non saíu beneficiada e era unha das grandes potencias industriais e económicas do momento, polo tanto reclamou un imperio colonial.
  • A sede de independencia dos países eslavos que contaban co apoio de Rusia.
  • Cada país buscou os seus propios aliados para resolver os seus problemas e non se formou ningún organismo internacional para intentar solucionar as diferenzas nacionais.

As Alianzas

A consecuencia principal disto foi a creación de dúas alianzas: A Tripla Alianza: Alemaña, Italia e Austro-Hungría. E a Tripla Entente: Rusia, Francia e Gran Bretaña. Máis tarde Italia uniríase á tripla Entente, pola rivalidade con Austria.

Consecuencias da Primeira Guerra Mundial

A Primeira Guerra Mundial puxo de manifesto a poderosa forza de destrución da guerra moderna, que ata ese momento supuxo o conflito máis sanguento da historia. Tras a súa finalización en 1918 puidéronse apreciar as principais consecuencias:

  • As perdas humanas foron enormes. Aos dez millóns de soldados mortos hai que engadir a enorme cantidade de feridos e mutilados e un número superior de vítimas da poboación civil. Francia foi o país máis afectado con case un millón e medio de mortos ou desaparecidos.
  • As perdas económicas resultaron cuantiosas, aínda que tiveron unha incidencia desigual. Os desequilibrios fixeron que a economía da posguerra comezase a medrar desordenadamente e desembocase na crise económica de 1929.
  • As consecuencias políticas tiveron o seu reflexo no novo mapa de Europa que quedou radicalmente alterado dando lugar a novos Estados como Hungría, Checoslovaquia, Iugoslavia e Polonia. O imperio austrohúngaro desapareceu ata configurar a actual Austria. No Oriente Medio formáronse Iraq, Palestina e Siria, países desgajados do imperio turco. Europa perdeu a hexemonía da política mundial e tivo que recoñecer o liderado dunha nova potencia: os Estados Unidos de América. O imperio alemán chegou á súa definitiva fin e o seu territorio viuse reducido debido á necesidade de afrontar o pago das reparacións da guerra.
  • A man de obra feminina substituíu aos homes durante a guerra e abriu as portas para a incorporación da muller no mundo laboral. Despois da guerra moitas mulleres seguiron ocupando os seus postos de traballo e os diferentes países comezaron a recoñecer o voto feminino.

Entradas relacionadas: