Glosario de Termos Xeolóxicos: Procesos e Formacións da Terra
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en español con un tamaño de 3,97 KB
Puntos quentes: son a manifestación en superficie dun penacho térmico, que é unha corrente ascendente de magma procedente da zona d
Diaxénese: proceso polo cal se compactan e cementan os sedimentos polo aumento de presións e temperatura debidos aos gradientes xeotérmicos (é o aumento da temperatura cara o interior da terra).
Metamorfismo: proceso polo cal as rochas sedimentarias ao aumentar a presión e temperatura transfórmanse, sen chegar a fundirse, en rochas metamórficas.
Ciclo de Wilson: explica o proceso de apertura e peche dun océano. Isto comezaría coa formación dun rift continental; segundo o rift se vai expandindo, deixa espazo para que o mar vaia invadindo a zona, e o proceso de expansión continúa ata formar un océano. Cando a placa recén formada se vai aproximando a unha zona de subdución, métese cara o interior da terra e vaise pechando o océano.
Fenómenos intraplaca: os fenómenos que ocorren dentro dunha placa, a maioría nos puntos quentes.
Formación de Cordilleiras
Os Andes
Bordo converxente, placa oceánica contra continental, oróxeno térmico. A litosfera oceánica, mentres subduce, vai transportando rochas sedimentarias que se van aumentando na litosfera continental. Esta litosfera non os deixa pasar e apílaos ata formar o prisma de acreción (estrutura que se atopa adosada ao bordo da placa continental que está formada polo resto dos sedimentos que arrastra a placa con litosfera oceánica). A presenza da auga na litosfera subducida e a calor xerada pola fricción das placas favorece a fusión parcial das rochas. Os magmas producidos ascenden; algúns alcanzan a superficie e xeran actividade volcánica, outros quédanse no interior e solidifícanse, favorecendo o engrosamento da corteza continental. As altas presións e temperaturas posibilitan o metamorfismo dalgunhas rochas.
Os Alpes
Bordos converxentes, placa bicontinental, oróxeno de colisión. Xérase unha situación na que un continente debería subducir a outro, pero ao non ser posible, os dous colisionan e a corteza continental duplica o seu grosor. A actividade sísmica continúa.
Formación dun Rift
Bordos diverxentes. A calor dun penacho térmico fai que a litosfera se dilate, levante e arquee. A tensión xerada na bóveda orixina fracturas. Así se forma un rift limitado a ambos lados por cristas. A través das fracturas sae magma que solidifica o rift. O val ensánchase, os bloques continentais sepáranse e comeza a producirse litosfera oceánica a partir dos materiais magmáticos do interior. Se continúa o proceso de extensión do fondo, créase un océano cuxas dimensións irán aumentando.
Diaclases e Fallas
As diaclases son fracturas das rochas nas que os fragmentos non se desprazan, senón que manteñen a súa posición inicial. As diáclases tectónicas adoitan producirse sobre rochas consolidadas sometidas a esforzos.
As fallas son fracturas das rochas con desprazamento ou dislocación dun bloque respecto ao outro. Normalmente, estas fracturas veñen acompañadas de terremotos de distinta intensidade.
A dislocación dos bloques, tamén chamados labios de falla, orixina tres tipos de falla:
- Directa: fórmase pola acción de esforzos distensivos. Os labios de falla escorregan por afastamento dos bloques.
- Inversa: fórmanse pola acción de esforzos compresivos. Nelas, un labio de falla levántase sobre outro.
- Esgarzamento: fórmanse por esforzos de cizalla; o desprazamento dos labios da falla é horizontal.
Cabalgamento e manto de corremento: no cabalgamento, o labio da falla levantado superponse ao bloque afundido no manto de corremento; fórmanse oróxenos de colisión.