Galicia na Guerra Civil e na Ditadura: Consecuencias e Represión
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,09 KB
Guerra Civil:
De 1936 a 1939, foi provocada por un golpe de Estado contra a legalidade republicana, ao mando do xeneral Franco, e apoiado pola dereita política e por boa parte da Igrexa católica.
Políticas: instauración dunha ditadura ata 1975 caracterizada pola represión das persoas que defendían a liberdade, a prohibición das linguas que non fosen o castelán e a vulneración dos dereitos humanos
Sociais: supresión dos dereitos fundamentais conseguidos anteriormente
Económicas: crise e involución económica, forte autarquía e escaseza de produtos básicos
Posguerra: Tempo de Represión
A ideoloxía do franquismo era contraria á democracia. En consecuencia, prohibíronse os partidos políticos e os sindicatos, pecharonse numerosos xornais e revistas, instalouse a censura e as liberdades individuais quedaron moi limitadas. Afectou sobre todo as organizacións de esquerda e nacionalistas e a expresión cultural en linguas que non fosen o castelán.
Consecuencias para a vida cultural:
Clausura de editoriais, revistas e xornais
Fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura, Anxel Casal, Alexandre Boveda ou Victor Casas; outras foron obrigadas a marchar para o exilio e outras foron apartadas do seu traballo
So co paso dos anos comezaron a publicarse alguns libros en galego, e sen ningún contido que puidese molestar as autoridades franquistas
A Oposición ao Franquismo
No exterior, os intelectuais do exilio levan a cabo un inxente traballo, tanto cultural como político, entre o que destaca a creación de editoriais, xornais, revistas, programas de radio e actividades de todo tipo. As iniciativas caeron tras a morte de Castelao.
No interior, despois de máis dunha década de silencio na posguerra, temos que diferenciar entre:
Resistencia cultural: artellada en 1950 pola editorial Galaxia, retoma a publicación de libros en galego
Resistencia política: aproveitando un certo “aperturismo” e o esgotamento da ditadura xorden, na clandestinidade, os partidos nacionalistas galegos de esquerda, converténdose axiña en referentes nas loitas.
Literatura de Exilio
Traballo Cultural dos Exiliados:
Entre os exiliados, destacan: Luis Seoane, Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Emilio Pita e Ramon de Valenzuela. Puxeron en marcha numerosas iniciativas:
Edición de revistas culturais e literais: Galicia, Galicia Emigrante, Correo Literario…
Creación de canles para a publicación de libros en galego: as coleccións Horreo e Dorna, ou novas editoriais como Nova, Citania e Botella al Mar