Funcións sociais da lingua e conflito lingüístico
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,18 KB
Funcións sociais da lingua
- Función de identidade: é o elemento fundamental de configuración da identidade persoal e colectiva.
- Función familiar: é a que desempeña a lingua no seo dunha familia, convértese nun dos factores fundamentais no mantemento ou abandono do idioma.
- Función laboral: unha lingua exerce esta función cando é empregada para as relacións lingüísticas entre os individuos no marco concreto do traballo.
- Función local: a función local está estreitamente vinculada a factores como o hábitat.
- Función institucional: un idioma que sexa o vehículo normal de comunicación entre o individuo e os diferentes estamentos.
- Función cultural: maniféstase en ámbitos moi diversos.
- Función internacional: cando un idioma é utilizado non só polos seus falantes orixinarios, senón tamén por persoas pertencentes a outros grupos lingüísticos.
Lingua inicial
A lingua inicial ou materna é aquela na que se aprende a falar e que se adquire de xeito espontáneo, normalmente no seo da familia. O proceso de substitución lingüística ponse en marcha cando os pais deciden non transmitir a súa propia lingua aos fillos, e a súa inversión resulta complexa. Os proxenitores priorizan a lingua que parece facilitar en maior medida o éxito social. En Galicia, a medida que pasan os anos os cambios son moi negativos para o galego, mentres que aumenta considerablemente a proporción de castelanfalantes iniciais, así vese o claro avance do proceso de substitución do galego polo castelán.
Resulta inquietante a perda de influencia dos proxenitores no caso das familias galegofalantes, así moitos dos individuos que foron educados polos seus pais en galego sinalan o castelán como a súa lingua inicial. Ao analizar a distribución xeográfica dos galegofalantes iniciais entre a poboación descóbrese que a maioría naceu no hábitat rural. Nas vilas, prodúcese un descenso brusco do galego como lingua inicial e nas cidades moitos dos habitantes son monolingües en castelán. En definitiva, o castelán está a introducirse cada vez máis en contornos tradicionalmente reservados ao galego.
O conflito lingüístico
A existencia de máis dunha comunidade idiomática presenta unha situación de desequilibrio. Esta desigualdade vai dar lugar ao conflito lingüístico, que pode seguir dous camiños: proceso de normalización ou de substitución lingüística. O conflito lingüístico aparece nunha sociedade cando dúas linguas queren desempeñar as mesmas funcións. Esta fricción adoita producirse cando unha lingua intenta usurpar funcións tradicionalmente asociadas á lingua propia dese territorio. Isto é o que vén acontecendo entre galego e castelán. Na nosa situación, a prolongación do bilingüismo, entendido como a competencia activa en máis dunha lingua, é unha falacia, a tendencia da sociedade é o monolingüísmo a favor dunha das linguas.
Na maior parte dos casos a beneficiada é a lingua dominante, quen a través dun proceso de asimilación lingüística baseada nunha situación de diglosia (utilización desequilibrada de dúas linguas que conviven nun mesmo territorio, en beneficio da lingua dominante) e de autoodio por parte dos falantes da lingua minorizada. Este autoodio provén de diversos prexuízos: o galego é lingua de pobres, de aldea, non serve para a ciencia e a técnica, é de mala educación falar en galego con quen che fala en castelán…
Interferencias e variacións da norma
Hipergaleguismos
Isto é a falsa galeguización de formas que coincidían en ambos os idiomas (segredario, urbán, semán, inconvinte, primaveira...).
Vulgarismos
Posición | Inicial | Media | Final |
---|---|---|---|
Por adición | Prótese: arrabear, amoto | Epéntese: soia, ialma | Paragoxe: amare, corazonhe |
Por supresión | Aférese: tar, nimigo | Síncope: vran, espranza | Apócope: verda, virtu |
Á parte destes:
- Metátese: cambio na orde das letras.
- Simplificación dos grupos consonánticos cultos.
- Vacilación vocálica en sílaba tónica.
- Rotacismo.
Arcaísmos
Constitúen o tipo de desviación menos frecuente. Eran exclusivos da lingua escrita e dos usos máis formais.
Lusismos
Aparecen cando se recorre a termos do portugués para substituír formas galegas (governo, povo, propio, luta, nervo e meio).
Castelanismos
Fónicos
- Perda da distinción entre vogais medio abertas e medio pechadas.
- Pronunciación do nasal velar como alveolar.
- Pronunciación do fricativo palatal xordo como alveolar.
Ortográficos
- Forma escrita que reproduce a castelá.
- Acentos (atmósfera, parásito).
Morfolóxicos e sintácticos
- Alteración do xénero gramatical de substantivos equiparándoos ao castelán.
- Alteración das formas da conxugación verbal.
- Utilización da preposición a ante infinitivo e CD.
- Erros na colocación do pronome átono.
- Uso de formas plurais dos demostrativos masculinos en -os.
- Confusión das formas pronominais do CD e do CI.
- Uso de formas verbais compostas.
Léxicos
Na interferencia léxica do castelán distinguimos varios graos:
- Cando existen no galego dous termos sinónimos e tendemos a utilizar o coincidente co castelán.
- Noutras ocasións, aínda que o termo galego segue vixente, o seu significado restrínxese.
- Ten lugar cando se substitúe de forma total a palabra galega.
Semánticos
Prodúcense cando a unha forma castelá correspóndenlle dous termos galegos e estes non se utilizan ben.