Filosofía escolástica: de Anselmo a Aquino

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,25 KB

A filosofía escolástica e Tomás de Aquino

A formación da escolástica na Idade Media

Novos cambios

No século VIII comeza a Idade Media. O islam borra do mapa a continuidade histórica clásica do Mediterráneo Sur. O papa León III coroa emperador a Carlomagno. Atópase en Galicia un enterramento dun corpo degolado coa cabeza debaixo do brazo; comeza a tradición xacobea.

O renacemento carolinxio, de fins do século VIII e o século IX, Carlomagno quere formar os fillos da nobreza e o clero. Trae a Alcuíno, que dirixira a escola palatina e organizará o estudo segundo o trivium, de carácter preparatorio e humanístico, e o quadrivium, con carácter científico. Esténdese grazas aos mosteiros, onde se recuperou a tradición grecorromana mediante a copia e a tradución das obras clásicas. O latín era a lingua correcta e culta. Xorden as escolas monacais e catedralicias. Europa renace de novo nos séculos XI e XII.

No feudalismo, os homes dividíanse en tres ordes: os que rezan, os que combaten e os que traballan. O señor garante a seguridade e protección dos que alí se asentan, os vasalos, mentres ten que darlle parte dos seus bens. Esta nova organización reflíctese nos escritos, na estrutura piramidal que reflicte a concepción xerárquica do universo. Xorden centros de traducións latinas.

A filosofía cristiá

O labor da Igrexa foi de carácter ideolóxico, ostentaba a hexemonía cultural. Esta síntese recibe o nome de escolástica, por elaborarse nas escolas de teoloxía; é a filosofía que creceu a raíz das ensinanzas que se impartían nas escolas monásticas; filosofía cristiá coa tarefa de ordenar de forma comprensible o conxunto de dogmas que os Pais da Igrexa elaboraron na etapa anterior. O seu obxectivo non é buscar a verdade senón organizala, fundamentala e interpretala, pois permitía sistematizar os contidos da verdade sagrada mediante un método filosófico e racional. Os escolásticos seguiron un método de contrapoñer argumentos.

Na temática podemos sinalar cinco temas:

  • Relación entre a fe e a razón: determina cal das dúas tiña a última palabra. Dun predominio inicial da fe foise pasando a unha crecente valoración da razón, sempre con críticas por parte dos partidarios da primacía da fe.
  • Intento de demostrar racionalmente a existencia de Deus: Agostiño nunca intentou demostralo, pero agora medraban as exixencias dos pensadores medievais, e tiñan a necesidade de demostrala.
  • Mundo celestial e mundo terreal: as cousas deste mundo eran vistas como realidades temporais e perecedoiras, e a medida que avanza o milenio, as cousas do mundo vanse revalorizar pois consideran que se pode aprender delas. Vaise pasar da perspectiva platónica á aristotélica.
  • Cuestión dos universais: a controversia proviña de preguntarse a que tipo de realidade nos estamos a referir cando empregamos o termo universal.
  • A liberdade humana: a problemática consistía en como conciliar a devandita liberdade coa omnipotencia divina.
Anselmo de Canterbury

Foi o principal representante da escolástica, típico representante do pensamento monacal e está decididamente na liña de Agostiño. Nas relacións entre fe e razón, mantén a postura de que ambas colaboran solidaria e conxuntamente na explicación da verdade cristiá. A razón non descobre a verdade, só a clarexa. Na antropoloxía mantense fiel ao dualismo platónico de Agostiño, establece que a alma e o corpo son substancias distintas, que o home é unha alma inmortal que serve dun corpo mortal e terreo. Na ética, mantén a primacía da vontade sobre o entendemento, do que quere coñecer. O contributo máis importante á filosofía é o argumento ontolóxico, proba da existencia de Deus a partir da idea mesma de Deus.

Pedro Abelardo

A especulación filosófica recibe un impulso co debate formulado arredor do tipo de existencia que teñen as ideas universais e a relación que gardan cos conceptos mentais e cos seres individuais. Vaise considerar este no problema que máis enfronta aos pensadores cristiáns. Guillerme de Champeaux mantén que os xéneros e as especies non só existen na mente do suxeito, senón tamén na realidade. Todos os individuos dun mesmo xénero ou especie teñen un universal común e só se diferencian en accidentes. Roscelino de Compiègne, nunha posición nominalista, defende que as ideas universais existen só na mente e que non se corresponden con obxecto ningún. Só existen individuos e neles non hai nada universal. Os universais son unicamente palabras. Pedro Abelardo critica a postura do seu mestre, Guillerme, e tenta darlle unha solución máis aristotélica; non se pode soster o realismo de seu mestre, pois vai en contra do que a experiencia nos demostra. Para Abelardo os conceptos son universais porque se poden predicar de varias cousas. O seu é un nominalismo moderado ou conceptualismo, o universal non se corresponde coa palabra senón co significado da palabra. Para Roscelino os universais son realidades e para Abelardo son realidades lóxicas.

A filosofía árabe e xudía

Co islam penetrou unha forma nova de vivir, outra cultura e outro libro sagrado, o Corán. Co fin do século IX os intelectuais árabes posúen traducións das obras de Aristóteles, diálogos de Platón, obras de neoplatónicos. Desenvolven un gran labor cultural. Na base está a idea de Deus. Nace unha filosofía musulmá, con filósofos como: Alkindi, Alfarabi, Avicena, Averroes, Avempace. Os árabes entraron en contacto coas obras clásicas da filosofía grega, co aristotelismo e o neoplatonismo. Traduciron e transmitiron estas obras e formularon diversas interpretacións. A súa influencia na escolástica cristiá será enorme e referirase ás cuestións:

  • A interpretación de Aristóteles: Avicena e Averroes son considerados como transmisores do filósofo grego, aínda que eran interpretacións do pensamento aristotélico inspirados no neoplatonismo.
  • Distinción esencia-existencia: aparece en Alfarabi, para el todo canto existe é ou necesario ou posible. No ser necesario coinciden esencia e existencia; no ser posible distínguese entre esencia e existencia. Esta distinción será clave en Tomás de Aquino
  • Necesidade do mundo: os árabes sosteñen que o mundo existe necesariamente por depender de Deus e créao desde toda a eternidade. Esta cuestión será debatida polos escolásticos cristiáns.
  • O entendemento axente e a (in)mortalidade da alma individual: Aristóteles distingue dous tipos de entendemento: o axente e o paciente. Alkindi identifica o entendemento axente con Deus e o paciente coa alma. Averroes dirá que o paciente é común a todos os homes e considera que a alma humana é mortal.
  • A relación entre fe e razón e a teoría da dobre verdade: Averroes di que existen dous niveis de sabedoría: un relixioso e outro científico-filosófico. A revelación divina contén dúas partes: unha evidente, que obriga a todos, e outra que necesita interpretación, que só obriga os sabios.

Apoxeo da escolástica

O nacemento da universidade

O século XIII é o máis brillante e creativo, operando como unha especie de bisagra. Alcánzase o apoxeo de moitos procesos socioculturais, económicos e políticos. Contén o arranque doutros novos procesos históricos que levan á modernidade. Hai procesos que chegan o seu cénit e outros que comezan a xermolar. As escolas monacais e episcopais están limitadas pola escaseza de medios, os dous tipos de escolas van evolucionar a agrupacións máis ambiciosas: as universidades.

Podemos sinalar varias causas na orixe e proliferación de universidades por toda Europa entre os séculos XIII e XVI:

  • Crecemento das cidades e a aparición da burguesía, e como consecuencia un interese renovado pola cultura.
  • A irrupción do racionalismo aristotélico.
  • O temor o Papado á hexemonía de novas herexías.
  • O desexo da Igrexa de manter baixo control o ensino.

Para entender mellor o diálogo e as tensións entre fe e razón é preciso lembrar que a universidade medieval dividíase en facultade de Artes liberais, os estudos duraban seis anos, eran a base da aprendizaxe con estudos de gramática, lóxica, ética, matemáticas, e facultade de Teoloxía, a carreira non duraba menos de oito anos, analizaba de maneira coidadosa a Biblia e a sistematizar o cristianismo.

A recepción de Aristóteles

Prodúcese en Europa a recepción da obra de Aristóteles, así como os comentarios á mesma dos filósofos árabes. As traducións latinas da obra de Aristóteles chegaron por dúas vías: a directa, do grego; e a indirecta, do árabe. A nova filosofía crea certos problemas que non pode resolver o agostiñismo: o aristotelismo presenta teses incompatibles cos dogmas cristiáns e moitos intentarán resolvelos.

O principal centro de recepción do aristotelismo foi a universidade de París en estudos teolóxicos. Aquí rivalizaron tres correntes de pensamento representadas polos averroístas, os dominicos e os franciscanos.

O averroísmo latino

Os averroístas eran os partidarios da interpretación que Aristóteles ofrecía o filósofo Averroes, o Comentador. O principal representante foi Siger de Brabante, con quen Tomás de Aquino terá controversias, dicía que a razón era independente da fe. As tres teses averroístas para a fe referíanse ao seguinte:

  • O mundo é eterno, Deus primeiro motor inmóbil.
  • A alma individual é mortal, común para toda a humanidade.
  • Teoría da dobre verdade: fe e razón son verdades de natureza diferente.

Defendían a independencia entre a orde natural e a sobrenatural. Non se opoñían aos dogmas cristiáns da creación e da inmortalidade, o mundo é eterno e a alma individual é mortal, e non impide que tamén sexa verdadeiro segundo a fe que o mundo foi creado e que a alma individual é inmortal. Segundo os averroístas hai dúas verdades, unha de razón e outra de fe, que poden ser contrarias entre si e certas as dúas.

Entradas relacionadas: