O fenómeno relixioso e a revelación de Deus: unha visión antropolóxica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Religión
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,44 KB
O fenómeno relixioso
O feito relixioso é unha parte da historia humana e acompáñaa en todas as súas etapas; como tal, ten unha orixe no pasado e unha gran transcendencia ao longo do tempo.
Desde os indicios da vida humana existen indicios de actividade relixiosa;
Prehistoria: a vida do home primitivo está chea de signos de actividade relixiosa: pinturas rupestres, enterramentos rituais, cerimonias da fertilidade… hoxe pervive o animismo, o politeísmo, o monoteísmo…
Fai máis de 5000 anos empeza esta historia:
Os pobos nómades
Teñen sociedades dinámicas e relixións histórico-proféticas: xudaísmo, cristianismo, islam, baseadas nos porovesos de búsqueda e transformación non só persoal senón tamén social e colectiva.
Os pobos sedentarios
Teñen sociedades estáticas relixións místicas, hinduísmo, budismo… Baseadas m´sis na espiritualidade interna
O fenómeno relixioso é pluriforme: un único feito, pero expresado de diferentes maneiras. Toda relixión ten que ter: deuses/seres humanos e mediacións entrambos.
A relixión é a búsqueda activa daquelas respostas ás preguntas básicas que se fai o ser humano,de tódolos tempos!, culturas e condicións… Quen son, de onde veño, a onde vou, que sentido ten a vida, ai vida máis ala da morte…
E esta resposta a vai dar contando cun elementos trascententes. A divindade, emprega a razón, pero non só!!!
Hai unha pluralidade enormemente rica de expresións relixiosas: mitos, ritos, crenzas, arte, filosofía, teoloxía, ética…
As expresións relixiosas son as mediacións entre o ser humanos e os deuses!!! Son manifestacións obxectivas do feito relixioso. Se denominan hierofanías, manifestacións do sagrado. O sagrado é onde se manifesta o misterio, deus. Hai expresións verbais, cúlticas, artísticas, éticas…
A revelación de Deus
"Por amor, Deus revelouse e entregouse ao home. Deste xeito dá unha resposta definitiva e sobreabundante ás cuestións que o home se expón sobre o sentido e a finalidade da súa vida.
Deus revelouse ao home comunicándolle gradualmente o seu propio Misterio mediante obras e palabras.
Máis aló do testemuño que Deus dá de si mesmo nas cousas creadas, manifestouse aos nosos primeiros pais. Faloulles e, despois da caída, prometeulles a salvación, e ofreceulles a súa alianza.
Deus selou con Noé unha alianza eterna entre El e todos os seres viventes. Esta alianza durará tanto como dure o mundo.
Deus elixiu a Abraham e selou unha alianza con el e a súa descendencia. Del formou ao seu pobo, ao que revelou a súa lei por medio de Moisés. Preparouno polos profetas para acoller a salvación destinada a toda a humanidade.
Deus revelouse plenamente enviando ao seu propio Fillo, en quen estableceu a súa alianza para sempre. O Fillo é a Palabra definitiva do Pai, de maneira que non haberá xa outra Revelación despois del."
Fundamentación da dignidade da persoa dende a antropoloxía cristiá
O ser humano foi creado por deus á súa imaxe e semellanza. Creados iguais entre eles, tamén. A súa dignidade é absoluta, por estes motivos. Nada pode quitarlle a o ser humano a súa dignidade, está inserida na súa propia natureza.
Tódolos seres humanos, todos por igual, sen discriminación algunha son merecedores desta dignidade, respecto e dereitos humanos que leva aparellada.