Fases do Deseño de Produto: Da Idea á Comercialización
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Economía
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,44 KB
Fases do Deseño de Produto
Ao planificar e desenvolver un proxecto de deseño dun produto, hai que seguir as seguintes fases:
- Xeración e busca de ideas
- Selección de ideas
- Deseño
- Planificación
- Construción e redeseño
- Proba do produto
- Distribución e comercialización
O Proxecto Industrial Técnico
É un estudo preciso e pormenorizado que transforma unha idea nunha realidade industrial. Divídese en:
- Memoria
- Planos
- Prego de condicións
- Orzamento
Xeración e Selección de Ideas
Existen moitas fontes de inspiración para o deseñador:
- Imitación
- Novas tecnoloxías
- Treboada de ideas (brainstorming): os membros dun grupo de traballo lanzan ideas que nesta fase son escoitadas sen criticalas, aínda que se poden mellorar.
- Pensamento crítico: cada unha das ideas aportadas polos expertos da empresa é analizada e criticada no momento en que se expón.
Investigación
Realízase co obxecto de atopar novos produtos e descubrir os intereses do consumidor. Empréganse as seguintes técnicas:
- Método de ensaio e erro: consiste en identificar un problema e suxerir posibles solucións.
- Método científico:
- Definición do problema
- Recollida da información sobre o tema
- Establecer unha hipótese a través de probas controladas
- Rexistrar os resultados
- Tirar conclusións
Deseño
Consiste en definir as características, os materiais e os procedementos de fabricación para o obxecto. Encárgase a oficina de deseño. Utilízase a representación gráfica, primeiro con bosquexos e esbozos para pasar aos planos. Empréganse os CAD (Computer-Aided Design).
Maqueta
Teñen por obxecto ver o aspecto do produto que queremos construír. Agás excepcións, non adoitan funcionar. Poden ter o mesmo tamaño que o produto final ou ser a escala.
Prototipos
Teñen as mesmas dimensións e funcionalidade que o produto final. Son o paso previo á fabricación e fánselle moitas probas. Pode ser necesario facer cambios.
Ciclo de Vida da Tecnoloxía
Toda tecnoloxía posúe o seu ciclo de vida:
- Tecnoloxía emerxente: cando está xurdindo e ten tanto un potencial económico como un risco moi elevado.
- Tecnoloxía clave: cando é plenamente aceptada polo mercado e fan unha empresa moi competitiva.
- Tecnoloxía básica: nesta etapa está ao alcance de todos, representando o estándar da industria.
- Tecnoloxía auxiliar: cando xa está obsoleta e só se emprega como complementaria doutras.
Para que unha empresa teña éxito deberá:
- Coñecer e investigar tecnoloxías emerxentes
- Controlar as tecnoloxías clave
- Abandonar as tecnoloxías básicas
A Oficina de Métodos
- Fai unha lista das fases que se precisan para fabricar cada peza.
- Realiza un diagrama de fluxo do proceso de fabricación e montaxe.
- Para cada peza faise unha folla de proceso na que se indican as operacións.
- Para cada fase de traballo tamén hai unha folla de instrucións coa orde das operacións.
- Na folla de control indícanse as operacións que hai que supervisar e os aparatos de medida empregados no control.
Fabricación Asistida por Ordenador
- CAE: Enxeñería Asistida por Ordenador (Computer-Aided Engineering)
- CAM: Fabricación Asistida por Ordenador (Manufacturing)
- CAPP: Planificación de Procesos Asistida por Ordenador (Process Planning)
- CNC: Control Numérico por Ordenador (Numerical Control)
- CIM: Fabricación Integrada por Ordenador (Integrated Manufacturing)
Suministro dos Materiais
Almacenalos (stock) supón un problema que necesita capital inmobilizado. Co método JIT, afórranse cartos na almacenaxe, pero pode dar lugar a desabastecementos.
Normalización
Un produto debe cumprir certas condicións técnicas. A normalización é o procedemento polo que se establecen as regras que indican as dimensións, os materiais ou as pezas uniformes. As normas poden clasificarse segundo o seu ámbito de aplicación e segundo o seu contido. Existen diversos organismos nacionais. Os máis importantes son:
- International Standard Organization (ISO): promulga as normas ISO que seguen moitos países.
- Comité Europeo de Normalización (CEN): organismo da UE que promulga as normas EN (European Norm), que son as ISO.
- Axencia Española de Normalización (AENOR): promulga as normas UNE (Unha Norma Española), que coinciden coas ISO.
A certificación consiste en deixar constancia de que un produto se axusta a determinadas normas.
Intermediarios
- Maioristas: compran os produtos a varios fabricantes e logo véndenllos aos minoristas ou detallistas, pero non ao consumidor.
- Minoristas ou detallistas: venden os seus produtos ao consumidor. Algúns minoristas mercan directamente ao fabricante.
Ciclo longo: Produtor - Maiorista - Detallista - Consumidor.
Ciclo medio: Produtor - Minorista - Consumidor.
Ciclo curto: Produtor - Consumidor.
A Marca
É o nome que se lle impón a un produto para distinguilo doutros similares fabricados pola competencia. A marca deberá ser sinxela, clara, eufónica e recoñecible.
A Publicidade
É o proceso de comunicación de medios masivos que pretenden que o público ao que se dirixen responda á mensaxe emitida. Os seus obxectivos son:
- Informar sobre novos produtos
- Informar sobre modificacións dun produto existente
- Posicionar a imaxe da marca
- Informar sobre determinadas actividades da empresa
A Promoción
É o conxunto de técnicas para aumentar o volume de vendas mediante unha campaña temporal que estimula a demanda. Poden ser defensivas e ofensivas.
As Relacións Públicas
Son actuacións encamiñadas directamente aos consumidores dos produtos ou aos compoñentes dos equipos de venda.
A Demanda
É a cantidade dun ben ou servizo que os consumidores desexan mercar.
A Oferta
É a cantidade dun ben que os produtores poden e están dispostos a ofrecer no mercado.