Expresión Xenética, Enxeñaría, Mutacións e Evolución

Enviado por Chuletator online y clasificado en Religión

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,66 KB

Como se expresa a información xenética

Transcrición

Formación dunha molécula de ARN mensaxeiro (ARNm) cuxa secuencia de bases nitroxenadas é complementaria a unha das febras da dobre hélice de ADN.

Tradución

Formación dunha proteína cunha secuencia de aminoácidos determinada pola secuencia de bases nitroxenadas do ARNm.

Código xenético

Relación entre a secuencia de nucleótidos no ARNm e a secuencia de aminoácidos da proteína. Hai 64 codóns.


Técnicas de enxeñaría xenética

Encimas de restrición

Proteínas capaces de cortar o ADN en puntos específicos.

ADN ligases

Encimas que permiten unir fragmentos de ADN de diferente procedencia, formando así un ADN híbrido.

Vectores de transferencia

Moléculas de ADN que poden reproducirse autonomamente e que serven para transportar xenes.


Proceso de clonación xenética (Exemplo)

Identifícase e localízase o xene desexado. O ADN doador é sometido a encimas de restrición, que cortan os extremos do fragmento de ADN que nos interesa. Cos mesmos encimas córtase o plásmido utilizado como vector. O fragmento de ADN obtido cos encimas de restrición únese ao vector coa axuda dos encimas ADN ligases. Obtense así un fragmento de ADN híbrido ou recombinante.

A molécula de ADN recombinante transfírese a unha célula hospedeira. A molécula de ADN recombinante duplícase na célula hospedeira. Cando esta se divide, as células fillas portan o ADN recombinado. Créase así un clon de células que contén o xene procedente doutra célula.

Mutacións xenéticas

Cambios ou alteracións no material xenético dunha célula.

Efectos das mutacións

  • Negativas: cando causan danos ao individuo que as porta.
  • Neutras: se non producen beneficios nin prexuízos significativos.
  • Beneficiosas: cando aumentan a probabilidade de sobrevivir do organismo e de reproducirse, facendo que mellore a súa adaptación ao medio.

Clasificación das mutacións

  • Segundo a célula afectada:
    • Somáticas: afectan a calquera célula do individuo menos ás reprodutoras.
    • Herdables: afectan aos gametos ou ás células nai que darán lugar aos gametos.
  • Segundo o ADN afectado:
    • Xénicas ou puntuais: producen alteracións na secuencia de nucleótidos dun xene.
    • Cromosómicas: producen cambios nalgúns segmentos de cromosomas, en cromosomas enteiros ou no número de cromosomas dun individuo.
  • Segundo a súa orixe:
    • Espontáneas: débense a causas naturais, como os erros na replicación do ADN.
    • Inducidas: causadas pola exposición a axentes mutaxénicos presentes no medio ambiente.

Mecanismos evolutivos comúns

Selección natural

Actúa aumentando a proporción dos caracteres que supoñen unha vantaxe aos individuos portadores, posto que terán maior probabilidade de reproducirse e transmitir aos seus descendentes o carácter en cuestión.

Deriva xenética

Proceso de cambio das proporcións alélicas que pode producirse cando un grupo de individuos ao azar queda illado do resto de individuos da poboación e forma unha nova poboación que pode ter unha proporción de alelos diferente da orixinal.

Fluxo xenético

As migracións de individuos dunha poboación a outra poden alterar as proporcións xénicas tanto das poboacións de orixe coma das que os acollen.

Entradas relacionadas: