Evolución dos Movementos Sociais en España: Do Anarquismo ao Socialismo

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,89 KB

Os Primeiros Movementos Sociais

O Nacemento do Movemento Obreiro

A primitiva lexislación liberal non contemplaba ningún tipo de normativa que regulara as relacións laborais e prohibía a asociación obreira. Ante esta situación, as primeiras manifestacións de protesta obreira contra o novo sistema industrial adquiriron un carácter violento, clandestino e espontáneo. O ludismo (1820) foi a primeira expresión de rebeldía contra a introdución de maquinaria que era responsable de despedimentos e do descenso de xornais. En Alcoy, os traballadores da industria artesanal queimaron os teares mecánicos, aínda que o incidente máis importante foi o incendio da fábrica Bonaplata en Barcelona (1821). Moi pronto, os traballadores comprenderon que a orixe dos seus problemas estaba nas condicións de traballo imposta polos propietarios e o eixe da protesta inclinouse cara as relacións laborais e a loita obreira orientouse cara a defensa do dereito de asociación e a mellora das condicións de vida.

Emerxeu así o associacionismo obreiro para defender os seus intereses e en 1834 un grupo de tecedores cataláns presentou un documento ao capitán contra a decisión de alargar o tamaño das pezas mentres se lles pagaba o mesmo. Entón, o movemento asociacionista extendeuse creando Sociedades de Socorro Mutuos ou Sociedades Mutualistas, ás que os obreiros pagaban unha pequena taxa a cambio de axuda en caso de desemprego, enfermidade ou morte. O asociacionismo expandiuse e significou a extensión das reivindicacións obreiras, fundamentalmente referidas ao aumento salarial e á diminución do tempo de traballo. As folgas, aínda que estaban prohibidas, foron usadas con máis frecuencia como instrumento de presión. Pero o feito máis transcendental foi a primeira folga xeral en 1855.

Revoltas Agrarias

Os conflitos e as revoltas no campo foron unha constante na historia española do século XIX. O aumento da poboación agraria asalariada, sen un crecemento paralelo do traballo e dos recursos, provocou un grave problema social, sobre todo en Andalucía. En 1840, unha onda de manifestacións e ocupacións das terras axitou o campo andaluz, onde o xornalerismo era maioritario e os anos de malas colleitas provocaban a fame crónica e a miseria. O problema agravouse en 1855 coa desamortización dos bens comunais. Producíronse máis alzamentos campesiños, que foron duramente reprimidos polo exército e a Guardia Civil. A represión do movemento provocou numerosas vítimas entre os campesiños sublevados. A raíz destas loitas sociais, o bandoleirismo estendeuse por Andalucía como resposta individual e violenta ás grandes desigualdades sociais.

Socialismo Utopico e Republicanismo

O movemento obreiro e xornaleiro primitivo viuse potenciado cando as súas reivindicacións foron apoiadas por doutrinas como o socialismo, nas súas diversas manifestacións. A primeira delas foi o chamado socialismo utópico, que pretendía crear sociedades igualitarias, con propiedade colectiva e reparto equitativo da riqueza. A entrada de doutrinas socialistas produciuse grazas á difusión do pensamento de socialistas utópicos franceses como Saint-Simon, Cabet e Fourier. A figura máis notable foi Joaquín Abreu, que defendeu a creación de falansterios que se autoabastecían. Dende Andalucía, o socialismo chegou a Madrid e a Barcelona, onde orixinouse un núcleo de saintsimonianos ao redor de Felipe Monlau e outro de cabetianos encabezados por Terradas e Monturiol. Houbo moitos escritores, sobre todo republicanos, que difundiron o socialismo e o cooperativismo mediante libros e prensa, destacan Pi y Margall, Garrido e De La Sagra.

A Chegada do Internacionalismo (1868-1874)

A Chegada da Internacional a España

Tras o triunfo da revolución de 1868, chegou a España un enviado da AIT, Fanelli, que viaxou a Madrid e a Barcelona para crear os primeiros núcleos de afiliados á Internacional, nos que tomaron parte os dirixentes sindicais, como Lorenzo e Pallicer. Fanelli, que era membro da Alianza Internacional da Democracia Socialista, difundiu os ideais anarquistas como se fosen os da AIT. Así, os primeiros afiliados a esta organización pensaron que o programa de Alianza baseábase nos principios xerais da Primeira Internacional, fenómeno que axudou á expansión e arraigo das ideas anarquistas entre o proletariado catalán e o campesiño andaluz. A partir de 1869, as asociacións obreiras expandíronse por toda España. Os núcleos de maior importancia foron Barcelona, Madrid, Levante e Andalucía. O primeiro congreso da Federación Rexional Española (FRE) da AIT celebrouse en 1870 e alí adoptáronse acordos claramente concordantes coa liña anarquista do obreirismo.

Crise e a Escisión na FRE

En 1871 chegou a Madrid Paula Lafargue e impulsou o grupo de internacionais madrileños favorables ás posicións marxistas. Integrado por Mora, Mesa e Pablo Iglesias, este grupo desenvolveu a través do periódico “La emancipación” unha ampla campaña a favor da necesidade da conquista do poder político pola clase obreira. As discrepancias entre as dúas correntes internacionalistas culminaron en 1872 coa expulsión do grupo madrileño da FRE e coa fundación da Nova Federación Madrileña, de carácter marxista. O núcleo socialista escindido foi minoritario debido a que a maioría das organizacións integradas na AIT mantiveron a orientación Bakunista.

Anarquismo e Socialismo (1874-1900)

O Anarquismo Apolítico

No anarquismo, Bakunin era a personalidade máis relevante do pensamento anarquista. Esta ideoloxía mantiña unha radical oposición á acción política, á participación do proletariado nas eleccións e á formación de partidos políticos. Defendía a abolición do estado e mostrábase hostil a calquera tipo de autoridade, incluída a do proletariado. Tamén sostiña que debía ser abolida a relixión, o exército e a Guardia Civil.

O Socialismo Obreiro

No marxismo, Karl Marx era o máximo representante do chamado socialismo científico por contraposición das ideas utópicas. As teses marxistas defendían que a emancipación dos traballadores debía ser por eles mesmos. En consecuencia, a clase obreira tiña que organizarse políticamente para conquistar, mediante a revolución, o poder político e económico e constituír un novo Estado obreiro.

Entradas relacionadas: