Ética e Moral: Unha Reflexión sobre a Responsabilidade Humana

Enviado por isafb1805 y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 14,73 KB

Ética ⇝ disciplina que examina a partir de que criterio catalogamos unhas accións nun sentido ou noutro.

O ser humano é construtor e construción a un tempo – Fromm. A diferenza dos animais, o comportamento humano é aberto e libre → faino responsable dos seus actos.

O ser humano é un ser moral. Este carácter libre do actual constitúe a base do carácter moral, exclusividade. A liberdade – capacidade para decidir e elixir – posibilita que as accións se axusten ou non aos costumes e normas da comunidade. Cando actúa de acordo ás normas é moral, cando as salta é inmoral. Pero se deixa de actuar no marco dese código normativo é amoral.

O carácter moral está arraigado na nosa historia como especie. A tendencia a buscar a cooperación para lograr un obxectivo común deu paso á intuición moral. A linguaxe potenciou o desenvolvemento da capacidade racional, que fixou as primeiras normas morais.

A conciencia moral – voz íntima e persoal – valora as nosas normas e accións, co que posibilita o progreso moral. Tamén acolle normas da sociedade.

As normas pódense referir a usos, costumes, tradicións e principios de comportamento social. Norma moral ⇝ valor ou precepto de conduta que a conciencia moral considera obrigatoria. O ser é o ámbito da natureza; o deber ser, o da moral ⇝ a ética é normativa. A norma moral está intimamente ligada coa liberdade, xa que a presupón.


Teñen unha dobre dimensión: Social. Practicamente todas as comunidades posúen un código de normas. Estas poden estar explícitas en códigos legais, ou implícitas nos usos e costumes da sociedade. Persoal. É necesario que o suxeito moral recoñeza a norma como súa e non como imposición social.

As normas morais son tales porque apelan a uns valores que as transcenden. Características: teñen polaridade. A cada valor correspondelle un valor negativo (disvalor). Teñen carácter ideal. Os valores sinalan os nosos ideais, o que cremos que é valioso e digno de alcanzar.

Teoría obxectivistaScheler: os valores son propiedades que están nas cousas. Polo tanto, son obxectivos: o ser humano descóbreos no que o rodea. Teoría subxectivistaSartre: que algo sexa considerado un valor depende da apreciación subxectiva dunha persoa ou grupo cultural. Así, son nomes que damos ás cousas, calidades ou accións que consideramos desexables ou preferibles a outras.

O carácter moral é un trazo biolóxico humano, que despois se materializou e desenvolveu particularmente. Este só se pode facer en sociedade. A conciencia moral fórmase co paso dos anos, dado á interacción entre valores sociais e a maneira de ser e de pensar propia.

Jean Piagetteoría do desenvolvemento moral: Premoral. 5 primeiros anos, o neno non ten en consideración as normas. Heterónoma. 6 – 10 anos, perspectiva dicotómica sobre o ben e o mal. O neno sométese ás normas por consideralas imposicións.


Autónoma. A partir de 10 anos, o neno comprende que as normas son preceptos acordados.

Kohlberg ⇝ ampliou a teoría do seu mestre e apuntou que só o 5% dos adultos chega á madurez moral. 1 As normas acátanse por obediencia e medo ao castigo Egocentrismo – incapacidade para relacionar perspectivas || 2 As regras asúmense se favorecen os propios interesesIndividualismo – conciencia de que os outros teñen intereses || 3 Considéranse normas o que as persoas próximas esperan de nósGregarismo – capacidade para relacionar perspectivas e poñer no lugar do outro || 4 Acátanse as normas establecidas socialmente para un ben xeral Comunitarismo – hai unha conciencia dos intereses xerais, que están por enriba dos individuais || 5 Son lexítimas as normas froito dun acordo que favorece á maioría Relativismo – conciencia da pluralidade de normas e valores. Estase aberto a cambiar as normas sociais || 6 As normas son libres e racionais, dado que responden a principios e valores universais Universalismo – conciencia de que hai valores universais, aínda que as normas sociais non coincidan con eles, é lícito desobedecelas


TEORÍAS ÉTICAS

Orixe occidental. A reflexión ética iníciase cos sofistasrelativismo cultural. Identificaron a moral como unha convención (acordo entre membros dunha comunidade). Negaron a existencia de principios morais con validez universal. Destacou Protágoras de Abdera → o home establece que é xusto e que é bo.

Intelectualismo socrático. Sócrates defende a existencia de valores obxectivos e universais. Estaba convencido de que unha persoa era capaz de escoitar a súa conciencia interior, deixando de lado os intereses egoístas. O coñecemento do ben leva á súa práctica ⇝ quen actúa mal faino por ignorancia ou descoñecemento → despregar este coñecemento é esencial para alcanzar a virtude.

Felicidade=prudencia. Eudemonismo éticoAristóteles ⇝ a máxima felicidade residirá na vida contemplativa. A máis sabedoría, máis posibilidades de elección, pero recorrendo á mediación da prudencia ⇤ capacidade de escoller o xusto medio ⇥ trátase do exercicio de moderación, afinado pola experiencia.


Felicidade=pracer. Hedonista ⇝ doutrina que identifica o pracer co ben. CirenaicosAristipo ⇝ a finalidade da vida é o goce sensorial. Epicureísmo ⇝ identifica felicidade e pracer → ausencia de dor e perturbacións ← esta serenidade da alma (ataraxia) é a verdadeira esencia da felicidade ⇝ alcánzase mediante un cálculo exacto de praceres que teña en conta que un pracer hoxe pode ser unha dor mañá.

Felicidade=aceptación. Estoicos ⇝ defenden a indiferenza cara aos praceres e dores externos e a austeridade nos propios desexos ⇝ Zenón de Citio. Unha razón universal determina o destino → o ser humano está limitado por un destino inexorable que só pode aceptar. Infelices ⇝ desexo de que as cousas sexan distintas. A virtude consiste na eliminación das paixóns. A felicidade só é posible coa imperturbabilidade da alma.

Felicidade=ben común. Utilitarismo ⇝ doutrina que vincula a felicidade ao pracer ⇥ Stuart Millprincipio de utilidade: o acto moralmente correcto é o que proporciona maior pracer ou felicidade ao maior número de persoas. Transcende o ámbito persoal. O pracer é un ben común. Praceres inferiores e superiores (promoven o desenvolvemento moral e intelectual).


Bethamética científica ⇤ a partir do cálculo cuantitativo dos praceres e dores ⇝ reforma social para lograr a maior felicidade posible.

Ética do deber. Kant ⇝ só unha ética así podería ser universal e garantir a autonomía moral. As teorías hedonistas ou eudemonistas serían códigos morais. As éticas anteriores serían éticas materiais. Xustiza universalética formal ⇤ só nos debe dicir como actuar para comportarnos correctamente. A razón humana débese dar a lei a si mesma, só cando é así será universal. A lei moral ditada pola razón exprésase mediante o imperativo categórico: “obra de tal maneira que calquera outro ser humano sexa para ti un fin, e nunca un medio”.

Ética discursiva. Habermas ⇝ importancia do discurso formal → procedemento para determinar que normas teñen validez ética. Só teñen validez aquelas normas aceptadas por consenso nunha situación ideal de diálogo → parte da necesidade de igualdade e imparcialidade. Todos os afectados deben participar, deben ter os mesmos dereitos e oportunidades de defender a súa postura, non ser coaccionado e, deben intervir.

Veo da ignorancia. Rawls ⇝ pretende garantir a imparcialidade ⇝ habería que acordar unha serie de dereitos básicos, o cal contribuiría a definir unha ética da xustiza.


SOCIABILIDADE HUMANA – tendencia a vivir en sociedade. Teorías: por intereseHobbes e Freud. A súa constitución inclínao a vivir en sociedade para garantir a supervivencia. É un ser egoísta. As dificultades inclínano a buscar a axuda dos demais. || por naturezaAristóteles e Fromm ⇤ o ser humano é por natureza incompleto, polo que necesita aos demais. Na vida en sociedade, o home pódese realizar como tal e desenvolver as súas posibilidades. Vivir en comunidade é unha necesidade esencial.

NECESIDADE E ORIXE DO ESTADO

O Estado non é necesarioanarquismo ⇤ o Estado é o instrumento dos poderosos para oprimir ó pobo de maneira que uns poucos se fagan coa riqueza de todos. Principio básico: considera ao ser humano bo por natureza.

O Estado é necesario: limita e controla a violencia que se poida dar. Evita tensións e conflitos que rompan a estabilidade social. || É a única instancia que promove o ben común.

Teorías contractualistas ⇥ teorías do contrato social ⇤ defenden a necesidade do Estado ⇝ é o froito dun pacto ou contrato ⇝ xorden no XVII. Obxectivo: explicar a orixe da sociedade e o Estado e, xustificar a súa existencia. Estado de natureza: momento previo ao pacto.

Stuart Mill ⇥ pai do liberalismo político ⇝ o Estado é un mal porque dita ordes e prohibe accións, pero é necesario porque favorece a convivencia e bríndanos seguridade. Só debe organizar a sociedade.


FORMAS DO ESTADO || Estado autoritario. Unha autoridade sen límites e sen someterse a ningún control. Non existe separación de poderes. Estado absolutista (é o estado que propugna Hobbes: Luís XIV) e Estado totalitario (controla a esfera privada e pública: fascismo e nazismo). || Estado de dereito. Estado regulado por leis, ás que tamén se somete o poder político. Obxectivo: protexer os dereitos individuais. Trazos: Constitución (texto que recolle os principios fundamentais nos que se basea o Estado) e división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial). || Estado social de dereito. Para que o Estado sexa xusto, débese axustar ao dereito e debe emendar as deficiencias e desigualdades do sistema. Debe asegurar unha mínima igualdade social. Debe promover o benestar material e a seguridade económica dos cidadáns. Estado de benestar ⇝ democráticos.

PARLAMENTARISMO E DIVISIÓN DE PODERES

Parlamentarismo ⇝ sistema político no que o parlamento, escollido polos cidadáns, elabora as leis e controla a actuación do goberno. Implica a división de poderes. División de poderes de Locke: poder lexislativo. Crea as leis. É elixido polos cidadáns. Inclúe o poder xudicial. || Poder executivo. Executa as leis realizadas polo lexislativo. Está confiada ao goberno. || Poder federativo. É o encargado das relacións con outros países, do comercio e da seguridade.

Se prexudica os dereitos naturais ⇝ dereito a sublevarse dos gobernados ⇝ a rebelión está xustificada.

Entradas relacionadas: