Estándar e Desvíos na Lingua Galega e Evolución da Nova Narrativa
Enviado por Juan Alfaro Fernández y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 12,93 KB
Estándar e Desvíos na Lingua Galega
Unha lingua estándar é unha variedade uniformada do uso fundamentalmente escrito, pero tamén oral. Ten diversas funcións: función de referencia, aumenta o prestixio e crea un sentimento de unidade. É imprescindible. Antes, ao non tela, os autores traducían do castelán ao galego, polo tanto, cometían grandes erros.
O proceso de estandarización foi iniciado pola RAG coa idea de crear un dicionario e unha gramática normativas. Cabe destacar que había un grupo de persoas que eran partidarias de aproximalo ao portugués, estes son coñecidos como reintegracionistas. A tarefa da RAG non foi rematada e foi continuada polo SEG, que creou normas para a “unificación do idioma galego”, pero verase interrompida pola Guerra Civil. Tras a ditadura, o ILG e a RAG crearon distintos manuais que presentan algunhas diferenzas, o cal foi obxecto de discusión. Pero máis tarde publicouse polo ILG e a RAG Normas ortográficas e morfolóxicas do galego, para reducir o conflito. Produciranse varias reformas, a última no 2004, Vocabulario ortográfico da lingua galega, que é a base para a escrita correcta. Aquelas que non se adaptan á lingua estándar son as formas non estándar.
Os dialectalismos son aqueles propios dunha zona xeográfica concreta. Os vulgarismos non se vinculan a ningunha zona, xéranse pola mala aprendizaxe de cultismos, a mala adaptación de cultismos ou os préstamos aos esquemas fonéticos. As interferencias son derivadas do contacto galego/castelán. Eliminan diferenzas causando unha dependencia do castelán, podendo chegar a que o galego sexa considerado un dialecto. Outro é o cambio de código, que consiste na alternancia do galego e do castelán. Pode ser de dous tipos: estruturais (son zonas de forte contacto co castelán) ou léxicas (palabras, fraseolóxica, diferencialismos ou converxencia). Os diferencialismos dan lugar aos hiperexendrismos, que son deformacións de formas galegas que coinciden co castelán. Os últimos son os de transferencia, que consisten en aplicar coñecementos da lingua moderna a unha lingua aprendida despois. Para acabar, cabe mencionar que os castelanismos son a incorporación de vocábulos do castelán ao galego.
A Nova Narrativa Galega
Orixinouse nunha época convulsa e dinámica, non só no contexto galego, senón tamén no europeo, o que produciu manifestacións artísticas e marcou a evolución dos anos seguintes. Neste contexto consolídanse correntes de pensamento como o marxismo e o existencialismo. O marxismo céntrase na división da sociedade en clases sociais e o existencialismo na reflexión sobre a existencia humana. O escritor e filósofo Jean Paul Sartre será un referente intelectual para a xuventude destes anos, xa que levará a cabo unha síntese entre o marxismo e o existencialismo e defenderá unha literatura comprometida. Na Galicia destas décadas existe unha situación social distinta da europea: situación económica grave, economía de autoconsumo. A emigración convértese na principal saída dos galegos.
Influencias
A comezos do XX prodúcense unha serie de movementos que procuran a renovación das técnicas narrativas tradicionais. A NNG (Nova Narrativa Galega) asimilará:
- O monólogo interior empregado con anterioridade por James Joyce ou William Faulkner. A técnica procura reflectir o discurso do personaxe tal como xorde na súa mente.
- A descrición, centrada máis nos seus estados de ánimo. Marcel Proust.
- O clima de irrealidade, influencia de Franz Kafka.
- Confusión temporal presente en Faulkner ou Joyce.
- Obxectalismo: descrición pormenorizada dos obxectos en prexuízo da acción, empregada por Marguerite Duras ou Claude Simon. Outro trazo provinte desta corrente é a desaparición do personaxe.
- Gusto pola narración obxectiva, John Dos Passos.
Concepto e delimitación da Nova Narrativa Galega. Etapas
A NNG é un movemento de renovación formal e temática da narrativa en galego. Os autores da NNG son case todos mozos de pequena burguesía, comparten actividades e canles cos poetas dos 50. O período de produción comeza coa publicación en 1954 de Nasce un árbore de Gonzalo Rodríguez. O final desta etapa non está tan claro.
As súas fases son as seguintes:
- Fase de formación (1954-1964). Predomina a temática existencialista e o influxo da obra de Kafka. Xa se manifesta o experimentalismo nas técnicas, aínda que existe gran variación temática.
- Fase de auxe (1964-1968). A experimentación técnica e formal cobra absoluto protagonismo. Nas obras desta fase é destacable o predominio do obxectalismo.
- Fase de liquidación (a partir do 1968). Vaise abandonando a experimentación formal á vez que o existencialismo vai desaparecendo en favor de temas simbólicos ou de alegoría política.
Características da Nova Narrativa Galega
- Emprego de distintas técnicas narrativas: favorecen o distanciamento do narrador e a proximidade ao personaxe.
- Temática existencialista: centrada na angustia vital e no absurdo da existencia.
- Os personaxes adoitan comportarse como antiheroes.
- Espazos fundamentalmente urbanos.
- Ambiente onírico: mestura a realidade e a fantasía, personaxes movidos por instintos primarios.
- Visión pesimista e desesperada da realidade franquista.
Principais autores e obras da Nova Narrativa Galega
- Gonzalo Rodríguez Mourullo
Naceu en Calo, cursou estudos de Dereito. Sendo estudante publica os seus dous primeiros libros, que inician a NNG. A mediados dos 50 colabora con asiduidade no xornal La Noche e participa na actividade galeguista, e máis tarde afastarase dela.
Obra narrativa
- Nasce un árbore: tres relatos de igual extensión: A capela enmeigada (trata o mito de Dafne), O reloxo (mestura de realidade e fantasía), Tres homes (céntrase nas peripecias dos protagonistas).
- Memorias de Tains: consta de oito relatos relacionados entre si e escritos de forma epistolar (tratan a fatalidade, o absurdo, o incomprensible...).
- Xosé Luís Méndez Ferrín
Foi o fundador do grupo Brais Pinto, da UPG e da revista A Trabe de Ouro. É un dos piares da NNG e en xeral da prosa galega.
Características do autor
- Constante relación entre realidade e fantasía.
- Reconstrución e interpretación dun pasado mítico.
- Presenza de distintas formas de violencia.
- Emprego de topónimos e antropónimos sonoros e evocadores.
- Forte intertextualidade con obras doutros autores.
- Simboloxía persoal poderosa e recorrente.
Obra narrativa
- Percival e outras historias: catorce relatos que van conformando o persoal mundo literario do autor. Fantasía e misterio, tema existencial, tratamento do tema artúrico.
- O crepúsculo e as formigas: grupo de relatos con menor peso da fantasía e unha maior presenza da violencia. Reflíctese a sordidez dos barrios marxinais urbanos.
- Arrabaldo do norte: novela escrita empregando a técnica obxectalista. Os personaxes son individuos anónimos, incapaces de comunicarse entre eles.
- Retorno a Tagen Ata: inicia un novo ciclo no que Méndez deixa atrás os presupostos da Nova Narrativa para centrarse nos temas políticos dun xeito simbólico. A obra convértese nunha fábula sobre o nacionalismo galego.
- Elipsis e outras sombras: nova colección de relatos que manteñen os temas políticos e simbólicos da obra anterior, centrada na violencia e na represión do Estado contra os disidentes.
- Antón e os inocentes: é unha novela longa que volve sobre os motivos do compromiso político e a violencia.
- Crónica de nós: conforman oito relatos que se centran en distintos momentos da loita política das últimas décadas.
- Amor de Artur: neste libro atopamos cinco relatos nos que predomina o tema amoroso.
- Arnoia, Arnoia: obra singular na traxectoria do escritor por tratarse dunha novela de aventuras fantásticas.
- Bretaña, Esmeraldina: volve ao universo de Tagen Ata e ao tema da represión política.
- Arraianos: colección de relatos, todos eles ambientados no territorio galego fronteirizo co norte de Portugal.
- No ventre do silencio: crónica da mocidade estudantil.
- Camilo González Suárez-Llanos
Residiu en Londres e foi profesor nunha universidade americana a comezos da década de 1960.
Obra narrativa
- Lonxe de nós e dentro: libro composto por cinco relatos que reflexionan sobre a morte e a condición humana.
- Como calquera outro día: trátase dunha novela estruturada en seis capítulos nos que un emigrante galego vive as últimas horas antes de volver a Galicia.
- Cara a Times Square: é a novela que para algúns críticos clausura o movemento da NNG. Emprega un manuscrito atopado do que sería o tradutor.
- Desfeita: supón un cambio con respecto á narrativa anterior. É unha novela crítica e satírica, con certo humor.
- María Xosé Queizán
Estivo dende a súa xuventude ligada ao nacionalismo e foi a pioneira do feminismo en Galicia.
Obra narrativa
- A orella no buraco: novela escrita coa técnica obxectalista tomada do Nouveau Roman francés. A obra divídese en tres capítulos. Os obxectos son descritos pormenorizadamente e o personaxe é como un obxecto máis.
- Amantia: é unha novela que reconstrúe a historia do movemento priscilianista dende o punto de vista das mulleres que participaron nel.
- A semellanza: narra a evolución dun homosexual que se acaba cambiando de sexo e a loita pola súa identidade feminina.
- O segredo da Pedra Figueira: obra de literatura infantil, prehistoria gobernada por mulleres.
- Amor de tango: novela que fai un percorrido pola historia da cidade de Vigo desde a guerra civil ata a década dos 1980.
- Xohana Torres
Destaca fundamentalmente como poeta, aínda que a súa novela merece ser destacada dentro da NNG.
Obra narrativa
- Adiós, María: é unha novela que trata a emigración a Francia dos pais da protagonista. Na obra retrátase o proletariado da cidade de Vigo na década de 1960.
- Carlos Casares
Desenvolveu unha importante obra narrativa, con incursións na literatura infantil. No xornalismo foron famosas as súas columnas diarias en La Voz de Galicia. Coñeceu a Vicente Risco, polo que sente admiración. Dedicouse á política e chegou a ser parlamentario nos primeiros tempos da autonomía.
Obra narrativa
Dividida en dúas etapas: na primeira, experimentalismo e renovación da NNG; na segunda, abandona isto e céntrase nunha escrita máis realista.
- Vento ferido: a súa primeira obra intégrase na NNG, especialmente polo uso que fai das novas técnicas narrativas como o monólogo interior e o obxectalismo.
- Cambio en tres: esta novela é considerada como o remate da NNG para algúns autores. É a súa obra máis innovadora.
- Xoguetes pra un tempo prohibido: é unha novela que supón unha transición entre as dúas etapas da produción do autor. Comeza a abandonar a experimentación.
- Os escuros soños de Clío: relatos breves que se afastan do estilo habitual do autor para construír unhas narracións de base pseudohistórica.
- Ilustrísima: novela ambientada no Ourense dos primeiros anos do século XX. Carácter totalmente realista e lineal da narración, fóra de calquera experimentalismo.
- Deus sentado nun sillón azul: cóntase desde a perspectiva dunha muller que observa por unha ventá a vida complexa dun profesor universitario dende a súa mocidade ata a súa xubilación.
- O sol do verán: a derradeira novela de Casares. É unha historia de amores imposibles.