Ejemplos de dobre,mordobre, finda y atafinda
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,71 KB
5. CARACTERÍSTICAS FORMAIS DAS CANTIGAS DE AMOR:
• Soen ter tres ou catro estrolas (cobras) cun número variable de versos.
• Os versos cóntanse ata a última silaba acentuada.
• Rima: se o verso remata en palabra grave, ten rima femia; se remata en palabra
aguda, ten rima macho.
• Recursos estilísticos: as cantigas de amor presentan recursos de repetición para
facilitar a súa memorización, xa que eran composicións destinadas a ser cantadas
dentro dun espectáculo palaciano. Ademais do refrán e o paralelismo, presentes
tamén nas cantigas de amigo, atopamos nas cantigas de amor recursos propios deste
xénero, como son:
-
Dobre
Repctición de unha palabra ou grupo de palabras na mesma altura
estrutural en todas e cada unha das cobras. Se falla nunha, xa non hai dobre.
A
palabra que se repite pode vyriar dunha cobra a outra, mais non a posición en
que se dá a repetición. (Por exemplo, se na primeira estrofa se repite unha
palabra en dous puntos, nas estrofas seguintes deberá repetirse esa mesma ou
outra palabra na mesma posición).
> Mordobre:
Proceso de repetición cun mecanismo semellante ao dobre, pero
neste caso o que se repite dentro da cobra non e a mesma palabra, senón un
mesmo lexema con variación dos morfemas flexivos. Neste caso a repetición
tamén se ten que dar en todas as estrofas na mesma altura estrutural.
- Finda: cobra que aparece ao final do poema, cun número de versos inferior ao
das demais, que completa ou resume o contido da cantiga.
> Atcúda: recurso que consiste en unir unhas estrofas con outros mediante
encabalgamentos. Isto sucede cando o último verso dunha cobra non remata en
punto, senón que a frase continúa no comezo da estrofa seguinte. Cando os
encabalgamentos chegan ata a finda, fálase de cantiga ateúda ata a finda.
6. TIPOS DE
CANTIGAS DE AMOR:
Desde o punto de vista formal, as cantigas de amor poden clasificarse en dous tipos:
• Cantigas de refrán: se posúen refrán, o que as aproxima ás cantigas de amigo.
• Cantigas de mestría: se non teñen refrán, o que as aproxima máis ao modelo
provenzal.