Distinción vogais pechadas e abertas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,71 KB
1. ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A SUA REPERCUSIÓN NOS USOS
En Galicia, desde finais da I.Media, existe unha situación de diglosia (coexistencia desequilibrada de dúas linguas usadas En distintos ámbitos e cun valor social diferente): unha en expansión, o castelán, que foi ocupando os ámbitos e as Funcións de prestixio; e unha lingua minorizada, o galego, Lingua propia que sofre substitucion lingüística ao ser desprazada Dos usos de prestixio e quedar relegada ás funcións cotiás e Familiares.
Esta marxinación do galego provocou na sociedade un complexo de
Inferioridade, e rexeitamento da identidade (autoodio). Así
Xurdiron, os prexuízos lingüísticos:
baseados na
Contraposición entre linguas que se consideran “ útiles e
Importantes” e outras que non.
Son un obstáculo para a normalización lingüística.
Debido a eles, crearonse tamén numerosos estereotipos sobre a nosa
Lingua e os seus falantes.
Os prexuízos non son estáticos, cambian coa sociedade, podemos Falar de:
Prexuízos vellos ou tradicionais:
asocian
O galego cunha lingua vinculada ao mundo rural, a pobreza, ignorancia
E atraso. Os máis comúns son; fóra de Galicia non ten utilidade; é
Un problema para atopar traballo; é descortés usalo se nos falan
Castelán; o galego soa mal; non é unha lingua apropiada para a
Certos ámbitos como a ciencia ou a música.
Estes vellos prexuízos sufriron progresivamente un retroceso na
Sociedade e xa poucas persoas os defenden, porén, nacen os novos
Prexuízos:
rexeitan ao galego normativo porque é un
“invento” non é auténtico; é unha lingua con poucos falantes;
é a lingua dun grupo político, ideolóxico determinado; non ten
Cabida no mundo actual nin en Internet; unha minoría pretende a súa
Imposición.
Os prexuízos lingüísticos están moi estendidos e teñen graves Consecuencias: manteñen os usos diglósicos, e provocan o abandono Da lingua e a ruptura da transmisión xeracional. É moi importante Combatelos e evitar a súa transmisión. Para eliminalos débense Coñecer as causas que os provocan e cuestionalas.
2. Historia da normativización: a construción da variedade Estándar. Interferencias e desviacións da norma
A normativización é o proceso de elaboración dunha norma Estándar (crear unha gramática, establecer normas ortográficas e Morfolóxicas, e o léxico) da lingua que sirva como modelo de Corrección nos usos cultos e formais, orais e escritos.
Na maioría das linguas ROMánicas a variante estándar creouse Dende o s.XVI, no caso do galego, os primeiros intentos remóntanse Ao s.XIX, cando empezou a recuperarse como lingua de literatura. Na normativización do galego distinguimos catro etapas:
1. Galego popular e dialectal (s.XIX). Os autores do Rexurdimento carecen dunha norma, e empregan a lingua oral da súa Zona, seguindo a ortografía castelá e empregando un léxico cheo de dialectalismos, vulgarismos e castelanismos. Conscientes da Necesidade dunha norma, aparecen as primeiras gramáticas e Dicionarios, pero carecen de rigor, e non se chega a un acordo.
2. Galego enxebrista ou diferencialista (etapa de Preguerra). A súa orixe ven da intención das Irmandades e do Grupo Nós de diferenciar o galego escrito do castelán. Esto lévaos a Empregar cultismos, hipergaleguismos, e a eliminar os dialectalismos. Nesta etapa inténtase a estandarización do galego coas Normas Para a unificación do idioma galego, pero que non chegaron a Consolidarse. A RAG tampouco conseguiu elaborar unha gramática nin Un dicionario
3. Galego protoestándar (1936-1980). A Editorial Galaxia Elaborou nos anos 50 unhas normas internas que servisen de referencia Aos escritores. En 1970, a RAG e o ILG publicáron Normas Ortográficas para a unificación do idioma galego. Buscábn Simplificar a ortografía a gramática e corrixir os excesos de Diferenciación do castelán.
4. Galego estándar (1980 á actualidade). Co Estatuto de Autonomía o galego convértese nunha lingua cooficial , comezando a Usarse nos ámbitos dos que estaba desterrado. Isto esixía a Elaboración dunha norma estándar. En 1982, o ILG e a RAG publican Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, Aprobadas como oficiais pola Xunta de Galicia. Esta normativa tivo Reaccións en contra por parte dos defensores dun maior achegamento Ao portugués (reintegracionismo). A solución a este problema chegou Coa modificación das normas no 2003, cando se introduciron cambios De achegamento, ao portugués para os termos científicos e técnicos.
A norma estándar debe excluír as desviacións da norma e as Interferencias (formas Que non coinciden co estándar):
Dialectalismos
formas propias dunha área xeográfica Concreta. Fonéticos (ghato, muito) e morfolóxicos (ladrois, Iste...)Vulgarismos
Deformacións da lingua oral coloquial: Verdá, probe, vran, etc.Hipergaleguismos ou hiperenxebrismos
Palabras Galegas coincidentes co castelán que son deformadas por Diferencialismo: ambente, gasoliña, mediciña...Arcaísmos
Formas en desuso exclusivas dos usos Formais: ren, cor...
As interferencias son prestamos innecesarios, elementos Para os que xa existe unha palabra propia. No galego, os Castelanismos son a interferencia máis frecuente, per na actualidade Tamén existen bastantes anglicismos. Tipos:
Castelanismos léxicos:
substitúen as Formas propias, conviven con elas, pero restrinxen o seu significado (billa- grifo, tixola- sartén...); creanformas erróneas de Apariencia galega (conexo): potencian os sinónimos coincidentes co Castelán (labios- beizos).Castelanismos fónicos:
non distinción, de Vogais medias abertas e pechadas.Castelanismos morfosintácticos:
erros no Xénero, ausencia do artigo diante do posesivo, colocación dos Pronomes átonos, formas verbais compostas con haber...Castelanismos ortográficos:
uso da ortografía Castelá en lugar da galega (Boda, armonía...)