Diferencia entre codia y litosfera

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,95 KB

O CICLO DAS ROCHAS

-NA SUPERFICIE TERRESTRE: prodúcese a meteorización das rochas e a súa transformación en sedimentos, transportados polos axentes xeolóxicos e acumulados nas concas sedimentarias.

-NO INTERIOR DA CODIA TERRESTRE: os materiais están sometidos a altas temperaturas, os sedimentos transfórmanse en rochas.

O INTERIOR DA CODIA

PRESIÓN: devido ao peso das rochas, aumenta coa profundidade


TEMPERATURA: aumenta coa profundidade


OS ESFORZOS DE COMPRENSIÓN E DE DISTENSIÓN


Producidos polos movementos do manto, comprimen e estiran os materiais da codia.

DIAXÉNESE: transformación dos sedimentos en rochas sedimentarias debido á presión e a temperatura


METAMORFISMO: cambios que experimentan as rochas sometidas a altas temperaturas sen chegar a fundirse. Fórmanse así as rochas metamórficas.

MAGMATISMO: fusión das rochas formando un magma e orixina as rochas magmáticas


o CICLO DAS ROCHAS é o conxunto de procesos que as modifican, as transforman en sedimentos e converten estes de novo en rochas.

O GRANDIENTE XEOTÉRMICO E A CALOR INTERNA DA TERRA

- o aumento de temperatura que se produce cara o interior da terra recibe o nome de grandiente xeotérmico

·Impactos de meteoritos: a enerxía cinética transformase en enerxía térmica. ·A desintegración de elementos radioactivos: produce electróns e neutróns a altas velocidades. ·A decantación dos materiais mais densos.

COMPOSICIÓN E ESTRUCTÚRA DA TERRA

-Codia:

 .Codia continental: esta composta por granito, en moitas zonas a sua superficie aparece cuberta dun espesor variable de rochas sedimentarias e de sedimentos sen consolidar. 

·Codia oceánica: forma os fondos dos océanos e esta composta por basalto e gabro

-Manto:

·Manto superior: dende a base da codia hasta os 670 KM de profundidade

·Manto inferior: desde os 670 KM ata a superficie do núcleo

-Núcleo:

·Núcleo externo:

·Núcleo interno: é unha esfera duns 1220 KM de raio, e encontrase en estado sólido

A LITOSFERA/ DESCONTINUIDADES SÍSMICAS

- Descontinuidade de mohorovicic: situase entre a codia e o manto

-Descontinuidade de repetti: separa o manto superior do inferior

- Descontinuidade de gutemberg: separa o manto do núcleo externo

-Descontinuidade de lehman: separa o núcleo externo do núcleo interno

A LITOSFERA

A parte máis externa do manto superior está firmemente unida á codia formando un conxunto ríxido


-LITOSFERA CONTINENTAL: formada por codia continental e parte do manto superior

-LITOSFERA OCEÁNICA: constituída por codia oceánica e parte do manto superior

WEGENER

En 1912 o meteorológico Wegener no seu libro a orixe dos continentes e dos océanos afirmaba que os continentes podían desprazarse e que había 300 millóns de anos estiveran unidos formando unha masa continental única á que lle chamou Panxea. Pensaba que os continentes se movían esvarando sobre os fondos oceánicos pero non podía explicar que forza era capaz de empurralos, aínda que aludiu á rotación terrestre como unha posible causa.


HARRY HESS:


propuxo que as dorsais eran en realidade zonas onde se creaba nova zona oceánica, e que esta era empurrada cara os lados polo novo material, de forma que o océano ía aumentando a súa extensión.

BANDEADO MAGNÉTICO DOS FONDOS OCEÁNICOS:


O campo magnético da terra é inestable,  a súa polaridade invertese cada certo tempo, de forma que o polo sur magnético pasa a ocupar o lugar do polo norte magnético e viceversa.

As inversións do campo magnético quedan rexistradas nas rochas volcánicas que conteñen minerais como a magnetita


A ESTENOSFERA

Joseph Barrell suxeriu a existencia da astenosfera, buscaba unha explicación para os movementos isostáticos, pero, co desenvolvemento da tectónica de placas esta capa plástica colleu protagonismo.

AS PLACAS LITOSFÉRICAS

-Placas oceánicas: están compostas por  litosfera oceánica. A placa pacífica, a placa de cocos e a de nazca son dese tipo.

-Placas continentais: están compostas por litosfera continental. A placa arábiga é deste tipo

-Placas mixtas: conteñen litosférica continental e oceánica. é o caso da maioría das placas, como a euroasiática

Case toda a superficie está ocupada por sete grandes placas mixtas: Norteamericana, suramericana, africana, euroasiática, pacífica, antártica e australiana.

MOVEMENTOS RELATIVOS NOS BORDOS DAS PLACAS

-Os bordos das placas son zonas onde dúas ou máis placas entran en contacto e interactúan unhas con outras, dando lugar a unha intensa actividade xeolóxica: vulcanismo, sismicidade, comprensión e distensión dos materiais. ( tipo de movementos entre as placas: diverxente, converxente, de cizalla)

BORDOS CONSTRUTIVOS. AS DORSAIS OCEÁNICAS

Caracteristicas


-son zonas de fractura, de miles de kilómetros de lonxitude, onde o material quente do manto sae á superficie orixinando unha intensa actividade volcánica fisural.

-o vulcanismo produce grandes volumenes de basalto, que orixina nova codia oceánica

-As correntes de convección diverxentes producen esforzos distensivos que tenden a separar os dous flancos da fractura, polo que esta permanece aberta favorecendo a continua salida do magma basáltico.

-A presión que realiza o magma desde o interior levanta os dous bordos da fractura, que forman o relevo da dorsal

-Na zona do rift a codia é delgada e está moi fracturada. A auga do océano ao entrar en contacto coas rochas é expulsada a moi alta temperatura formando surtidores hidrotermais.

Entradas relacionadas: