Diagnóstico e Avaliación Psicopedagóxica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Electricidad y Electrónica
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,09 KB
Diagnóstico e Avaliación Psicopedagóxica: Definición e Obxectivos
Diagnóstico Psicopedagóxico
O diagnóstico psicopedagóxico é un proceso que comprende o xuízo de valor ante un problema ou conflito e a conseguinte toma de decisións para adaptalo ao contexto educativo conforme ás necesidades educativas do suxeito ou institución, co conseguinte seguimento e avaliación.
Obxectivos do Diagnóstico
- Preciación: Comprobar cal é o proceso do alumno cara a unhas metas previamente establecidas.
- Prognóstico: Identificar os factores dunha situación de ensinanza-aprendizaxe concreta que poden interferir no desenvolvemento normal da escolaridade.
- Pedagoxía correctiva: Adaptar aspectos da situación da ensinanza-aprendizaxe ás necesidades e características do alumno para asegurar a superación dos atrasos e do desenvolvemento continuado.
Avaliación Psicopedagóxica
Definición
A avaliación psicopedagóxica é un concepto que implica establecer uns obxectivos, recoller información, analizar, interpretar e valorar os datos obtidos para tomar decisións educativas respecto aos suxeitos avaliados. Estas decisións educativas hanse de plasmar no establecemento e seguimento dun programa educativo.
Función
Servir de pauta para a elaboración, seguimento e avaliación da proposta curricular que sexa necesario realizar para responder adecuadamente ás necesidades que presenta o alumno.
Contido
A) Avaliación Relativa ao Alumno
- Síntese dos aspectos do desenvolvemento persoal do alumno relevantes para a intervención educativa: historial académico e sobre o desenvolvemento xeral.
- O nivel actual de competencia curricular:
- Dominio de técnicas instrumentais.
- Habilidades tecnolóxicas.
- Método de traballo e técnicas de traballo.
- Coñecementos específicos en determinadas áreas: capacidades e contidos.
- Sobre o estilo de aprendizaxe e motivación para aprender:
- Condicións físico-ambientais máis adecuadas.
- Tipo de agrupamento preferido.
- Linguaxe no que prefire presentar a información.
- Estratexias de aprendizaxe que emprega.
- Contido e actividades que lle interesan.
- Capacidade de atención.
- Reacción a aspectos novidosos.
- Estrutura motivacional.
B) Avaliación Relativa ao Contexto
Avaliaranse os aspectos do contorno sociofamiliar e do contorno escolar que resulten relevantes para a toma de decisións curriculares.
- Sobre o contexto da aula: avaliación social e avaliación académica.
- Sobre o contexto do centro: existencia e adecuación do Proxecto de Centro.
- Sobre o contexto sociofamiliar: con respecto ao alumno, con respecto á familia e con respecto ao contorno social.
Adaptación do Currículo ás NEE
Medidas para a Adaptación Curricular
- Partir duns principios educativos básicos: Calquera tipo de intervención que o sistema educativo e, en concreto, a escola pretendan construír como resposta ao problema da diversidade, debe asentarse sobre un proxecto educativo que dea sentido e coherencia a toda actuación posterior. Hai que ter en conta que a elaboración dese proxecto e os documentos resultantes deben ser unha manifestación de que no centro existe unha dinámica de traballo na que están implicados todos os sectores da comunidade. Determinar que tipo de cuestións deben ser abordadas e a prioridade que se outorgue a cada unha delas é un asunto que cada centro (claustro e resto de sectores implicados) debe dilucidar en función do contexto no que está inmerso. Algúns aspectos fundamentais que deben quedar reflectidos no Proxecto Educativo de Centro son: o concepto de educación/escola que o centro asume, como se entende o proceso de ensinanza-aprendizaxe e o papel dos mestres en dito proceso, como se pensa abordar o reto da diversidade e a estrutura organizativa da que se vai dotar o centro.
- Adecuación do currículo: O currículo é aberto e dá a posibilidade de adecualo a distintos contextos a través de diferentes niveis de concreción.
- Dotación de recursos extraordinarios: Xunto coas medidas de flexibilización curricular, resulta imprescindible contar cunha serie de recursos extraordinarios (persoal de apoio e equipos psicopedagóxicos, logopedas, mobiliario especial, etc.) que, xunto cos xa dispoñibles na ensinanza xeral, posibiliten o éxito daquelas, sempre e cando se planifiquen e actúen dentro dunha estrutura de resposta curricular.
- Emprazamentos escolares: Este criterio refírese ás distintas modalidades de escolarización en función das necesidades educativas detectadas nos alumnos. Constitúe unha variable que vai determinar en gran medida o proceso normalizador destes alumnos, e a eficacia da súa elección depende en gran parte do grao de acordo e coordinación entre pais, mestres e especialistas.