A Descolonización no Século XX: Causas, Consecuencias e Casos Clave

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,58 KB

A Época da Descolonización

A descolonización é un dos grandes feitos históricos do século XX. As antigas potencias europeas víronse obrigadas a recoñecer novas nacións e novos estados en Asia, África e Oriente Medio. Vinte anos despois da II Guerra Mundial, os grandes imperios coloniais desapareceran. Os numerosos países que naceron como consecuencia deste proceso emancipador ocupan hoxe a maior parte do territorio e da poboación mundial, pero tiveron que enfrontarse a varios problemas: a desigualdade e a pobreza dos seus habitantes, que os levaría a pedir axuda económica ás súas antigas metrópoles, e a necesidade de manterse illados da presión dos dous bloques. De aí o nacemento dun chamado Terceiro Mundo e o movemento de países non aliñados. As distancias socioeconómicas e políticas entre as novas nacións e as metrópoles ricas e desenvolvidas están lonxe de terse acurtado.

Os Factores Determinantes

A II Guerra Mundial puxo en evidencia a debilidade das grandes metrópoles coloniais. A propaganda de liberdade e democracia dos aliados contra o nazismo fortaleceu os movementos independentistas que solicitaban a aplicación dos mesmos principios nos pobos colonizados. Os valores defendidos polo antifascismo estaban claramente en contradición co colonialismo. O dereito dos pobos a resistir contra a ocupación estranxeira podía ser aplicado tanto ás colonias como ás vellas nacións europeas ocupadas polos alemáns. Neste sentido, o congreso da Internacional Socialista de París manifestábase a favor da independencia. Os movementos nacionalistas das colonias obtiveran promesas de liberación a cambio da súa participación ou da súa neutralidade no conflito. O statu quo colonial anterior a 1939, pero encontrábase con que a magnitude da revolta e dos enfrontamentos desbordaban a súa capacidade de control. Outro factor favorable á independencia foi a actitude das dúas grandes potencias, EE.UU. e a URSS, que eran contrarias ao colonialismo clásico de ocupación e explotación dos territorios, tanto por principios como polo desexo de ampliar as súas áreas de influencia a costa das antigas metrópoles coloniais. A ONU converteuse tamén nun foro internacional de protesta constante contra o colonialismo, e entre a opinión pública dos países subdesenvolvidos, incluídas as potencias coloniais, crecía a postura a favor da independencia. É evidente que o novo panorama internacional xurdido trala guerra consagraba a perda de poder dos vellos imperios.

India: A Loita pola Independencia

A India, despois de China, é o país máis poboado da terra. A península indostana ocupaba unha situación estratéxica nas grandes rutas comerciais. Dende o século XVII, a Compañía das Indias Orientais británica estableceuse nalgunhas cidades indias. En 1958 converteuse nunha colonia gobernada por un vicerrei. A súa riqueza e extensión convertérona na chamada "xoia da coroa". A administración colonial británica aproveitou o antagonismo existente entre os hindús e musulmáns e apoiouse na minoría musulmá para gobernar a colonia. Durante un terzo do século XX, a gran maioría da poboación estaba formada por campesiños que traballaban a terra sometidos a un verdadeiro réxime feudal. A industrialización era moi escasa, a pesar do cal, desde 1918 fundáronse os primeiros sindicatos e partidos socialistas. Nas cidades vivía unha masa de pequenos comerciantes que traballaban na administración ou ben nos gobernos locais. A maioría dos membros das clases altas indíxenas formábanse en escolas e universidades de Gran Bretaña. Foi un sector da pequena burguesía o que iniciou as primeiras reivindicacións nacionalistas.

Indonesia e Indochina

O final da II Guerra Mundial e a independencia da India tiveron efectos similares e simultáneos nas demais colonias británicas, holandesas e francesas do sueste asiático. En 1948, o goberno británico facilitou e concedeu a independencia a Birmania, onde os seus habitantes destacaran na loita contra a invasión xaponesa durante a guerra. Ceilán, Singapur e as illas do redor obtiveron a independencia en 1965. Os holandeses víronse obrigados a aceptar a proclamación da independencia de Indonesia en 1948. En Indochina, os guerrilleiros comunistas dirixidos por Ho Chi Minh proclamaron a independencia de Vietnam. A guerra durou ata a derrota das tropas francesas en Dien Bien Phu en 1954.

África Negra

A chamada África negra esténdese dende o trópico de Cáncer ata o sur do continente. Ata finais do século XVIII, África subsahariana era unha zona case descoñecida para os europeos.

A Explotación Colonial dun Continente

A Conferencia de Berlín en 1885 pretendeu reducir as tensións entre as potencias expansionistas á vez que xustificaba a política colonial e imperialista ao regular a conquista de novos territorios. A principios do século XX, o reparto de África completarase. Existían diversos modelos de dominación colonial. Francia aplicou un tipo de administración idéntica en todas as súas posesións, con estruturas moi centralizadas. Belgas e italianos, portugueses aproximábanse ao modelo colonial francés. Os países saxóns e xermánicos deseñaron diversos modelos de administración, permitíndolle intervir máis aos poderes locais. Nos territorios británicos estableceuse un réxime diferente en cada tipo de colonia, ampliábanse as marxes do autogoberno como era o caso da colonia do Cabo. Nas colonias con débil presenza europea buscábanse outras solucións, un protectorado en Serra Leoa como era o caso de Nixeria onde o tipo de dominio pactábase cos poderes locais indíxenas. Os españois exerceron a soberanía sobre os territorios reducidos de África subsahariana. En 1904 foron cualificadas como colonias de explotación comercial e estaban administradas por un gobernador xeral nomeado polo goberno español. Desde as primeiras décadas do século XIX, as potencias europeas organizaron e explotaron de forma estable as súas colonias africanas. A administración colonial dirixida frecuentemente por indíxenas membros de elites tribais que eran escolarizados e promovidos para os cargos intermedios. A total dependencia dos recursos naturais do continente aos intereses das metrópoles, o intento de culturizar os africanos a través fundamentalmente de misións relixiosas, pero os indíxenas non gozaban de dereitos políticos nin de liberdades reais.

Independencia nos Países Islámicos

Trala I Guerra Mundial, disgregáronse os territorios do Imperio Otomano. En 1923 creouse a República de Turquía cunhas fronteiras que, salvo pequenos cambios, perduran na actualidade. O Reino Unido pasou a controlar as antigas provincias otomanas de Exipto, Oriente Próximo e Medio Oriente e a península de Arabia. Francia dominaba tradicionalmente a maior parte de África musulmá e algúns territorios do Oriente Próximo. España (Marrocos e litoral subsahariano), Países Baixos (Indonesia), Rusia, Italia (Libia, Eritrea e Somalia) tamén exercían o seu dominio colonial. O sentimento nacionalista xa se alzara nalgúns territorios árabes contra o Imperio Otomano esixindo a descentralización. Trala Gran Guerra, algúns grupos orientaron a súa loita contra os novos ocupantes: Francia e o Reino Unido. Estes movementos nacionalistas intensificáronse despois da II Guerra Mundial. A descolonización británica foi moito menos traumática ca francesa. Os británicos respectaron algunhas das institucións locais dos países colonizados e extenderon a educación e o modo de vida británico que influíron moito nas pequenas burguesías locais. En 1922, o Reino Unido recoñeceu a Exipto como reino independente, aínda que o seu exército mantivo o control militar de Suez. Os nacionalistas exipcios respondían á ocupación militar con actos terroristas. En 1952, o exército exipcio tomou o poder e catro anos despois o xeneral Abdel Nasser foi proclamado presidente da república. Baixo o seu mandato, Exipto foi o protagonista de reformas agrarias e sociais, iniciáronse as grandes obras públicas e nacionalizouse o Canal de Suez. Iraq, outra potencia petroleira, obtivo a súa independencia en 1932. Arabia Saudita foi recoñecida como reino independente en 1926 e a conflictiva Transxordania, ocupada polo Reino Unido desde 1917, converteuse no reino de Xordania en 1941. O dominio británico sobre os países musulmáns terminou, aínda que moitas das antigas colonias e protectorados pasaron a formar parte da Commonwealth. En 1946, Francia abandonaba a administración de Siria e Líbano. Nas colonias francesas do Magreb, o movemento nacionalista pola independencia tivo un carácter máis violento en correspondencia coa maior inflexibilidade dos gobernos franceses. Na época de entreguerras, a pequena burguesía nacionalista de Marrocos, Alxeria e Tunisia fomentaran importantes movementos anticolonialistas que foron violentamente reprimidos. En 1946, para calmar os ánimos, Francia creou a Unión Francesa recoñecéndolles unha certa autonomía política. Despois de moitos conflitos, Marrocos e Tunisia independizáronse en 1956.

Latinoamérica nos Anos 60 e 70

A partir da segunda metade do século XX, os países latinoamericanos viviron unha axitada evolución política con momentos de violencia revolucionaria e ditaduras militares, pero na actualidade todos os países son democráticos menos Cuba. A revolución cubana supuxo unha extensión das ideas socialistas no continente americano a partir de 1960. En moitos países organizáronse movementos revolucionarios seguindo o exemplo de Cuba. Algúns destes movementos tiñan o carácter de partidos políticos alternativos, pero outros iniciaron unha guerra de guerrillas. Semellante situación revolucionaria era seguida con preocupación polos investidores estranxeiros e especialmente por EE.UU., que en plena Guerra Fría non desexaba que o socialismo se extendera polo continente. Foi unha época de golpes de estado e de ditaduras militares. Xeralmente, estes gobernos defendían os intereses da oligarquía e das compañías estranxeiras, exercendo unha dura represión no pobo, como no caso de Arxentina e Chile na década dos 70. Algúns estados como México, Colombia, Venezuela e Brasil mantiveron a legalidade republicana, aínda que tiveron que enfrontarse á axitación revolucionaria e á guerrilla armada. O caso de Chile foi de especial relevancia; o socialista Salvador Allende, elixido democraticamente en 1970, foi derrocado por un sanguento golpe de estado animado por EE.UU. Posteriormente, unha xunta militar presidida polo xeneral Pinochet gobernou o país ata 1990 exercendo unha brutal represión.

Entradas relacionadas: