Criterios de localizacion dunha empresa

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,2 KB

1.Criterios de localización dunha empresa

-As posibilidades legais son moi determinante,sobre todo, para aquelas empresas que levan adiante actividades con consecuencias medioambientais, xa que determinadas actividades empresariais requiren unha aprobación previa da súa posta en marcha.


-

A proximidade dos factores producion é unha variedad importante. Contar coas materias primas ou elementos semielaborados cerca, non cabe dubida de qu fai que nos inclinemos por un lugar en dtrimento doutro.


-

As infraestructuras. Boas estradas, redes de ferrocarril, portos ou aeroportos son aspectos a considerar dun xeito importante.


-

Outro factor é o desenvolvemento económico da zona. Naqueles lugares onde exise un certo nivel de actividade empresarial, ben de tipo industrial ou servizos, as posibilidades de implantación dunha nova empresa son maiores, xa que se integra nun espazo económico dinámico xa exitente.

-Variábeis para a instalación dunha empresa: usos da actividade, custo do solo, posibilidades físicas e legais, proximidade dos factores de producion,facilidade de acceso ao mercado.

Localización industrial,


Estas empresas manexan materias primas e precisas grandes espazos de solo, tamén as súas instalacións de fábrica son de gran tamaño, ademais do custo do solo e das instalacións, é importante a proximidade dos factores de produccion e a facilidade dos accesos do producto ao mercado. De aí unha boa rede de infraestructuras condicione ou non un determinado lugar.// Os polígonos industriais facilitan moito o funcionamento das empresas, pois xa estan dotados dos servizos necesarios.

Localización comercial


O coñecemento dos hábitos de compra e importante. A posibilidade de contar con medios que faciliten o acceso e ter en conta a visibilidade de local,metros da fachada, etc.// Outra posibilidade é a localización nunha zona de alta densidade comercial. A inclusión dun establecemento comercial nun núcleo xa existente ten vantaxes einconvenientes.//COmo un criterio xeral, desde outro punto de vista, tamén influirá custo dos locais e o nivel de renda dos habitantes da zona.

2.A dimensión empresarial

O cash flow(fluxo de caixa), que é o beneficio neto máis amortizacións do exercicio



o beneficio neto, que é o resultado despois de deducir os impostososinmbolizado neto,que son os investimentos permanentes menos amortizacions acumuladas.

3. Pemes,vantaxes e inconvintes

Vantaxes


Traballan en contacto directo cos clientes, relación directa entre empresario e traballador, baixo indice de conflictos, os traballadores poden participar na dirección máis facilmente que nas grandes empresas,reciben directamente dos consumidores as valoracións sobre as súas actividades, normalmente proximidade á residenciados consumidores.

Inconvintes:


dificultadoes para lograr o financiamento, traballan cuns custos de produccion maiores que as grandes empresas, non poder ter especialistas nas diferentes áreas da súa actividade, a tecnoloxía utilizada non adoita ser a mais avanzada, non dispoñen de capacidade negociadora fronte aos provedores, non dispoñen de recursos para empregar en I+D, polo reducido numero dos seus empregados non poden dispoñer de modelos organizativos complexos, son facilemente presa das grandes empresas, que as poden comprar.

4.O crecemento empresarial


Hai moitas razóns que levan ás empresas a crecer, unha delas seríia conseguir unaha maior cota do mercado actual ou ter acceso a novos mercados, ou ben para vencer a competencia, ou conseguir un incremento do beneficio, etc

.


Vantaxes do tamaño

Gañar posicións no mercado, optimizar os procesos de producion e comercializacion, gañar posicions fronte a competencia, reducir riscos, mellorar a capacidade financieira, aproveitar os incentivos administrativos.

4.1 Estratexias de crecemento

Crecemento horizontal


Ampliación da capacidade produtiva pola unión das capacidades doutras enpresas no seo dunha industria ou secto. Pode facerse por medio de fusións, adquisicións e participacións en capital.// Mediante unha fusión, dúas ou máis empresas disolven as súas sociedades para integrárense nunha nova.//A absorción é a adquisición da totalidade do capital dunha sociedade por outra coa intención de integrala na primeira.//A participación no capital dáse cando unha sociedade adquire parte do capital doutra, non coa intención de absorbela senón de participar nos seus beneficios ou controlala. Para isto é necesario un mínimo de accións, que se poden comprar en Bolsa directamente ou mediante unha OPA.

TRUST


Varias empresas dedicadads ao mesmo ceden en depósito unha parte do control a un núcleo que se encarga de dirixir o trust en nome de todo.

CARTEL ou KARTELL


Acordo varias empresas para ficar os prezos de venda do produto ou establecer unhas cotas ou niveis de producion co animo de controlar o mercado e asi anular a competencia.(OPEP)

Crecemento vertical


Ampliacion de actividades interaccionadas tecnicamente, como, por exemplo, cando unha empresa controla todo ou parte importannte do proceso produtivo dunha mercadoria, como poder ser o exemplo do petróleo.

Formas mixtas de crecemento


HOLDING


Un holding é unha sociedade que, sen ter unha actividade produtiva concreta, é partícipe no capital doutras sociedades, que controla e dirixe e que, á sua vez, participan no capital doutas(INDITEX)

C¨LÚSTER


Asociación de empresas que abarca a cadea de producion, incluíndo nesta as firmas auxiliares. NOs cñusters perseguense a unión das actividades estratéxicas que compartan gastos comúns, como poden ser os de I+D+i, mision comerciais.....


5.As empresas multinacionais


Cando unha empresa ou de servizos en diferentes países, dise que é unha multinacional ou transnacional.// Ao crecer, as empresas precisan aumentar tamen o seu marcado, polo qu buscan a demanda dos seus productos e servizos noutro países. SE o crecemento se consolida, a empresa  intentarrá instalarse o máis cerca posible do seu mercado e da localizacíón dos factores productivos.

Factores que facilitan a expansión das multinacionais



-O propio crecemento das empresas lévaas a traspasar as fronteiras,


-


A loita contra a competencia alí onde esta apareza,

 -as tendencias internacionais a dar facilidades ao comercio por medio da reduccion das barreiras proteccionistas e arancelarias,

 -os acordos entre países para a creación de áreas de libre comercio que facilitan a libre circulación de produtos e capitais,


-o tamaño xralemnte grande permitelles traballar con economias de escala,

-tamen se aproveitan de poder elixir a sede das súas instalacións con criterios de eficacia e rendibilidade, cando no de beneficios fiscais,


-as facilidades na transferencia de tecnoloxia dadas polos paises receptores


- homoxeinizan as pautas de consumo co que o menos producto é producido e comsumido en calquera parte do mundo.

-as facilidades proporcionadas polas novasa tecnoloxias das comunicacions permiten estar ao tanto das incidencias de calquera mercado.

6.A globalizacion dos mercados


Pode entenderse como globalización, a tendencia dos mercados e das empressas a estenderse, alcanzando unha dimension mundial que excede as fronteiras nacionais. As principais caracteristicas que definen un mercado globalizado son:


-Liberdade absoluta dos movementos de capitais

-Liberdade relativa dos movementos de mercadorias e servizos, coas limitacions que establecen os países ricos para que non entren neles.

-Limitacións creceentes ao libre movemento de persoas que se multiplican coas migracións de Terceiro e Segudno Mundo a Primeiro Mundo.

As causas que favorecen esta integracion economica internacional poderian ser as seguintes:



-Causas tecnoloxicas.O auxe da informática supón conexións en tempo real cos recunchos máis afstados do planeta


-As empresas poñen en marcha actuacións globais orixinadas pola mundialización da producion


-O incremento do numero de empresas


-A hoxeinización cultural das pautas de consumo no ámbito mundial

A globalización favorece a ampliación do comercio baseado nas ideas, como é o caso dos libros, música, software, innovacións, debido a súa facilidade de movemento a través de Internet.

Entradas relacionadas: